Veciños de Fisterra piden á Axencia Galega de Infraestructuas que deixe de "zancadillar" a aprobación do PXOU
07:09 07/11/17
A Axencia Galega de Infraestructuras esixe a a construción de dous viais de servizo paralelos á estrada na zona da recta da Anchoa
Despois das recentes peticións da posta en funcionamento do Cemiterio do Cabo e da ordenanza de autobuses, a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra vén de facer unha nova petición formal que xa fixo outras veces. Nesta ocacións, vén de remitirlle un escrito ao director da Axencia Galega de Infraestructuras a quen lle solicitan que deixe de "torpedear e zancadillar" a aprobación do PXOU - Plan Xeral de Ordenación Urbana -de Fisterra. Segundo indican dende a entidade veciñal, esta administración porn "esixencias absurdas para retrasar a súa aprobación por oscuros intereses que nós descoñecemos".
Dende a asociación veciñal indican que se contan xa con todos os informes favorables para a aprobación de dito plan urbanístico a excepción do da Axencia Galega de Infraestructuras no referente á estrada AC 445 que comunica Cee con Fisterra ao seu paso pola recta da Anchoa. Ao parecer esixen que se constrúan aquí dous viais de servizos paralelos á estrada. "O espazo do que se dispón fan prácticamente inviable esa infraestructura que habería que engadir á existente e que prexudicaría aos veciños da zona, por canto a estrada converteríase nunha barreira para a comunicación entre as dúas beiras da mesma e, seguramente, obrigaría á construción de senllos pasos elevados para poder cruzar o vial" indican dende a asociación veciñal.
Para eles, esta esixencia é "absurda e encádrase, ao parecer, dentro dun premeditado proceso para atrasar, torpedear, zancadillar e impedir a aprobación definitiva do PXOU", indican.
Por este motivo, dende a asociación de veciños de Fisterra solicítanlle á Axencia Galega de Infraestructura que facilite as solucións e que emitan o informe oportuno co fin de que se aprobe definitivamente o PXOU.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Os veciños de Fisterra piden a posta en funcionamento do Cemiterio do Cabo e a ordenanza da parada de buses
- Outubro 17: A conversión da Autovía en Corredor segue colleitando as queixas da Costa da Morte.
- Agosto 17: O caos segue reinando na parada de buses de Fisterra.
- Marzo 16: Esixen que se rematen as obras do cemiterio municipal de Fisterra.
- Piden a apertura de dúas oficinas de turismo e o arranxo da fachada marítima e dos pantaláns en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra.