Mércores. 20.01.2021
El tiempo

Veciños, Protección Civil e Bombeiros de Cee sufocan o incendio dunha vivenda en Fisterra

Veciños, Protección Civil e Bombeiros de Cee sufocan o incendio dunha vivenda en Fisterra

Esta mañá, pasadas as 12:30h, acontecía un incendio nunha vivenda da Travesía do Corveiro, en Fisterra. Protección Civil de Fisterra chegaba de contado, e coa axuda de varios veciñ@s estaban usando mangueiras para intentar sufocalo. Pronto chegaron os Bombeiros de Cee, xunto coa Garda Civil de Corcubión e o 061 de Cee, para acabar de extinguilo.

O orixinouse nun cuarto onde había moita leña amontoada e unha cociña. Os Bombeiros retiraron madeira do interior e ventilaron a vivenda que se viu toda afectada polo fume, sen ter que lamentar danos persoais.

comentarios