Martes. 08.10.2024
El tiempo

Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte

cartel entroido fisterra 2023
Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte

Xa arrincou a conta atrás do “Entroido máis tradicional da Costa da Morte”. 6 días de festas esperan na vila do Cristo para este Entroido. A troula xa comeza o sábado 11 de febreiro, co Gran Cocido de Sardiñeiro ao mediodía, e unha máis que interesante tertulia no bar a Galería da man dos Rapacollóns, coa xente que máis sabe do entroio.

O venres 17 será o dos desfiles escolares. O sábado ás 18:00h será a posta en escena das comparsas, onde poderemos ver os traballadísimos disfraces das mesmas. A Escola Municipal de Teatro de Marta Lado será a encargada de ler o pregón, e xa haberá festa na carpa situada na explanada do porto.

Se o certame de disfraces infantil do domingo 19 será na Praza da Constitución, a carpa será a que acolla a esperada cita do martes 21 de febreiro. Tras 3 anos sen poder celebralo, volve o Tradicional Concurso de Comparsas, a oda á retranca.

O prazo de inscrición está aberto ata o 8 de febreiro, habendo un primeiro premio de 1.400€, un segundo de 1.100 e un terceiro de 800. Ademais, o resto de comparsas (todas terán que participar no espectacular desfile sabatino) levarán polo menos 300 euros.
Ademais abre tamén o prazo de inscrición, en [email protected], para os concursos de disfraces infantil e de adultos.

Novas deste Entroido

Máis novas

Comentarios