Xosé Iglesias abre un novo ciclo de presentacións literarias no Bela Fisterra

12:01 28/05/21
Este sábado ás 12:00h dá comezo o Ciclo de presentacións literarias “Infinito”, unha nova acción dinamizadora do tecido cultural do Bela Fisterra co fin de coñecer obras e autores máis destacados do panorama actual galego.
A primeira cita será con “Nación mar. Cetáceos, navíos, espíritos e mitos” do poeta Xosé Iglesias. Unha ocasión perfecta para achegarte ao mar e á súa poesía.
Pero non será a única. Polo hotel fisterrán pasarán xentes como Chema Paz Gago, Paco López Barxa, Isabel Pintado, Xurxo Souto, Teresa Fenollosa, Clara Martín, Suso Lista, Modesto Fraga ou Fernando Patricio Cortizo.