1ª FUTGAL: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble

Imaxe do Muxía-Cacheiras-Foto-Marina Busto

Dúas vitorias para os nosos nesta 14ª xornada da ponte. O Muxía sumou a súa 5ª xornada consecutiva e se cola na zona noble, a só un punto da promoción. Ollo a Fran Moreira, que tralos seus dous tantos de hoxe, xa é o máximo goleador da categoría con 11 tantos.
No derbi costeiro, o Castriz goleu a unha Esteirana que segue de pechacancelas.

Ademais, Camariñas e Fisterra caían na casa en partidos apretados decididos contra o final, inxustamente.

Muxía - Cacheiras (3-0)

Mateo Trillo no Muxía-Cacheiras-Foto-Marina Busto
  • Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Alex, Manu Martínez, Carlos Costa, Antón, Mauro, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Róber e Fran Moreira. Tamén: Joel, Michael, Víctir Alcaina, Javi Vilela, e Brais.
  • Goles: 1-0, m.65: Fran Moreira; 2-0, m.70: Carlos Costa; 3-0, m.89: Fran Moreira.
Róber no Muxía-Cacheiras-Foto-Marina Busto

Partido con moi mal tempo na Arliña, que comezaba co Muxía aguantando as embestidas visitantes na primeira metade en contra do vento. Con todo, apenas contabilizaron unha ocasión de córner.

Xa na segunda, os de Pataca foron un vendaval. Dominaron en todo momento e conseguían abrir o marcador por medio de Fran Moreira. Os visitantes abríronse e aí á contra os locais sentenciaron, para sumar a súa 5ª vitoria consecutiva, mirando sempre cara arriba.

Carlos Costa celebrando un gol no Muxía-Cacheiras-Foto-Marina Busto 

Camariñas - Arzúa (1-2)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Roi, Oliver (Borja),Soule, David, Moriño (Anxo), Javi, Adam (Martín), Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.14: Iván García de penalti; 1-1, m.58: Javi Antelo de falta; 1-2, m.89: Martín Lamas.

Primeira parte moi igualada con poucas ocasións e na que se impoñía as defensas. Tiveron os de Cabrejo e Faus unha ocasión clara de Djibril, pero eran os visitantes os que se adiantaban nun penalti moi protestado.

Na segunda parte os locais foron polo partido e fomos mellores, dominando e creando ocasións. Conseguían empatar cun golazo de Javi de falta, e aínda tiveron ocasións para poñer o 2-1 pero non había sorte. Co partido case rematando unha mala saída de Jorge permitía aos visitantes marcar o gol da vitoria, e endosar unha derrota inmerecida dos camariñáns.

Fisterra - Bastavales (1-2)

  • Fisterra: Guile, Colombia, Isma, Maikel Mouzo, Dani, Martín, Ángel, Quintela, Guille, Adrián Makaay e Isaac. Tamén: Alberto, Juan, Pablo, Noé, e Anxo.
  • Goles: 0-1, m.15: Gabriel Núñez; 1-1, m.90: Isaac Fábregas; 1-2, m.97: Pablo Agulló.

Crúa derrota fisterrá no descontísimo, tras un partido igualado. Os de Leo Picallo recuperaban efectivos (pero perdían a Joselu pola viruela e tivo que xogar o xuvenil Guille, que fixo un bo partido baixo paus) tie tras unha primeira metade igualada na que se adiantaban os visitantes, o Fisterra era mellor na segunda, xerando perigo, sobre todo balón parado, pedindo dous penaltis claros. Isaac conseguía empatar sobre os 90, pero na última xogada, os visitantes marcaban o gol da vitoria, deixando muda á parroquia fisterrá.

Esteirana - Castriz (0-4)

  • Esteirana: Guille, Kevin Rial, Simón, Godo, Aitor, Anxo, Pachi, Foghete, Toni, Oli e Raúl. Tamén: Sui, Code, Palo, Samu e Antón.
  • Castriz: Íker, Anxo, Saúl, Fabio Blanco, Brais, Marcos Mouro, Óscar Feal, Adrián García, Chapela, Josiño, Juanjo. Tamén: Carlos Rieiro, e Fabio Barbeira.
  • Goles: 0-1, m.1: Chapela tras regalo do central; 0-2, m.22: en propia nunha acción de Chapela; 0-3, m.64: Carlos Rieiro, tras regalo do porteiro; 0-4, m.81: Chapela.

Derbi de necesidades en Esteiro, marcado polo primeiro gol do Castriz, tras un esvarón do central esteirán, nada máis sacar de centro. Este gol marcou o partido, obrigando aos esteiráns a cambiar o plan de partido, provocando que o equipo quedase moi partido polo medio, pero deu tranquilidade aos xalleiros nunha primeira metade na que a favor de tempo os de Miguel Chouza foron superiores marchando 0-2 ao descanso, aproveitando os regalos locais.

Comezaron moi ben, cos cambios, os esteiráns, apretando arriba, e se puideron meter no partido no primeiro cuarto de hora, enviando un balón ao longueiro de Rául. Pero o equipo foise rompendo, e o gol de Carlos Rieiro, tras roubarlle o balón ao porteiro, matou as esperanzas dos de Adán, que seguen mellorando, pero segue con numerosísimas baixas (aínda sumará 5 novas baixas para a vindeira xornada, entre elas a do xuvenil Samu, que acabou no Hospital por unha lesión no nocello, ou a de Toni que sufriu unha elongación muscular).

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info