Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Alerxia ao liderato

Volantes celebrando un tanto ante o Pino
O Volantes celebrando un tanto ante o Pino-Foto: Adriana
1ª Galicia: Alerxia ao liderato

Sentou mal o liderato ao Dumbría, que fixo o peor partido da temporada en Vila de Cruces. O equipo de Pablo Conde estreaba liderato tras 6 xornadas sen perder, pero sucumbiu nun dos seus peores partidos. Pero parece que ninguén quere o liderato, porque o resto de aspirantes tampouco quixeron. O Pino (que leva 3 derrotas e un empate nos últimos 4 partidos) caía tamén na mañá dominical ante un Volantes que parece que mira cara arriba.. E pola tarde, o Soneira, con todo de cara para recuperar o liderato que tantas xornadas rexentou, deixouse roubar dous puntos nos últimos minutos no Municipal. Así o Dumbría segue líder, cun punto de vantaxe sobre O Pino e o Soneira.

Polo demais, o Volantes sae fóra de ascenso, e se achega a Mazaricos e Baio. Os seus empates deixan aos 3 equipos pelexando por saír dos posibles arrastres.

Foi, por certo, xornada de estreas, tras 15 días de parón. Santi de Noia tomou o mando do barco do Volantes e Néstor Romero volveu ao do Mazaricos.

 

Piloño - Dumbría (3-0)

  • Dumbría: Anxo, David, Kanario, Gusa, Fandiño, Xacobe, Code, Darío, Yuyo, Diego Cespón e Marcote. Tamén: Mario, Iago, Pablo e Xabi.
  • Goles: 1-0, m.7; 2-0, m.25; 3-0, m.80.

Sen dúbida, “o peor partido da temporada”, como recoñecía o míster Pablo Conde. O líder chegou ao Camballón de Vila de Cruces para afrontar o choque sen intensidade, tanto co balón como en tarefas defensivas. Os locais xa o advertiron, e pisaron o acelerador dende moi pronto, marcando xa aos 7 minutos, e o segundo no ecuador da primeira ante un cadro visitante que non daba reaccionaba.

Nin tralo descanso subiu marcha o cadro dumbriés, que deixou esmorecer o partido sen pena nin gloria.

 

Soneira - Agolada (2-2)

  • Soneira: Javi Souto, Sandelo, Diego Lois, Alex Taibo, Brais Mouzo, Mayor, Pichi, David Agra, Leilán, Richi e Javi. Tamén: Basti, Vía Rápida, Fran Calvo.
  • Goles: 1-0, m.33: Agra; 2-0, m.48: Javi; 2-1, m.65; 2-2, m.70.

O Agolada sairía exercendo un forte presión e un ritmo moi alto ao Soneira que os obrigaba a un xogo directo. A primeira ocasión sería para o Agolada pero Aitor remata alto de cabeza un córner na área pequena. O Soneira seguía sen estar comodo pero nun córner inexistente Agra faría o 1-0 e Pichi tería o segundo pero o pau e unha gran intervención evitariano.

Nada máis empezar a segunda metade Javi non perdonaría no man a man tras un bo pase de Diego Lois para facer o 2-0. Pichi e Richi desperdiciarían dúas inmellorables ocasións pero errarían no man a man co meta visitante. E da posible sentencia pasouse o 2-1 por penalti infantil cometido por Sandelo, o que sumado a rigurosa expulsión ppr segunda tarxeta a Pichi complicarianlle o partido o Soneira, que vería como lle empatarían o partido tras unha posible falta sobre Mayor que de forma inexplicable que o arbitro non ve. Javi tamén faría unha boa parada para salvar os seus e con este resultado chegaríase o final do encontro.

 

O Pino - Volantes (1-3)

  • Volantes: Bugy, Tico, Jano, Abel, Godo, Santi, Cajulo, Pardelo, Rachón, Pesco e Kevin. Tamén: Charly e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.40: Pesco nunha contra; 0-2, m.44: Kevin; 0-3, m.70: Rubén presiona ao porteiro que rexeita e o balón peta en Rubén e entra; 1-3, m.80.

Volantes-O Pino-Foto-Adriana

Gran partido do Volantes, trala marcha de varios xogadores e o cambio de adestrador, ante todo un O Pino, un dos grandes favoritos. Os de Santi saíron convencidos do seu xogo, e maniataron aos locais cunha intensidade moi alta. Ao fío do descanso, unha contra de Cajulo que deixa atrás para que Pesco abra o marcador. E xusto antes do pitido, Kevin fai o segundo de cabeza tras un bo centro de Cajulo.

Na segunda seguía o Pino sen facer demasiado dano, e nunha presión de Rubén, o porteiro fai un despexe en forma de regalo para que o dianteiro laranxa marque en forma de rexeite. De aí ao final os locais empurraron pero nunca puxeron en perigo a vitoria visitante, que os saca dos postos de descenso directo.

Flavia - Mazaricos (1-1)

  • Mazaricos: Dani Fedello, Cutu, Sueiro, Dani Maroñas, Mario, Richar, Barbeira, Estéfano, Pose, Piki, Viturro.Tamén: José Ángel, Adri, Kevin, Joseph e Yago Dosil.
  • Goles: 1-0, m.10; 1-1, m.80: Piki.

Con pouco tempo para traballar e urxencias de resultados, chega Néstor de volta á nave amarela. E o equipo competiu e mesmo mereceu máis segundo o míster sureño. Saíron os padroneses mellor situados e froito dese dominio territorial, tras un despiste dos mazaricáns, conseguiron adiantarse. Antes tivo unha boa contra Estéfano pero rematou fóra. Pouco a pouco o Mazaricos melloraba e o propio Estéfano chegaba dende atrás con poderío en dúas ocasións. Atrás, non sufría Fedello.

Na segunda metade, os de Néstor dominaron o partido. Ían chegando, pero sen demasiada claridade ata que a 10 do final Piki facía o empate. Coa inercia a piques estiveron de traer os 3 puntos de volta ao Pino do Val, pero a pesar do sabor agridoce por ter merecido algo máis, saen satisfeitos co punto colleitado.

 

Lalín - Baio (2-2)

  • Baio: Diego Mallo, Braian, Álex Varela, Yago, Rubio, Norberto, Peke, Bieito, Manu Santiso, Javi Suárez e MC. Tamén: Julián, Carlos, Damián e Porty.
  • Goles: 0-1, m.10: Javi Suárez; 0-2, m.65: Norberto; 1-2, m.72; 2-2, m.95.

Baio en Lalin

Escáparonselle 2 puntos ao cadro de Pablo Torreira no desconto, pero en todo caso foi nun partido no que o Lalín mereceu o empate e se cadra algo máis.. E iso que comezaron tendo a posesión os costeiros e puideron adiantarse no marcador cun gol de Javi Suárez nun córner. O Lalín apretou moito pero Diego Mallo estivo espectacular no día de hoxe con varias paradas impresionantes, e tivo sorte ademais con dous balóns ao longueiro.

Ao comezo da segunda conseguían marcar o segundo os costeiros, pero o Lalín seguía percutindo. Recortou e non parou ata conseguir empatar. “ Ainda que poida parecer que perderamos dous puntos no desconto, a realidade é que gañamos 1, polo visto no terreo de xogo, nun partido no que o Lalín foi moi superior”, recoñecía Torreira.

 

Máis información

Comentarios