Xoves. 18.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Carrusel de tolos

Corme-Volantes-Pesco e Illote-Foto-Edu Cambon
Pesco lanza unha falta no Corme-Volantes-Foto-Edu Cambón
1ª Galicia: Carrusel de tolos

Espectacular o carrusel vivido esta tarde dominical na MiniLiga da Costa. 5 partidazos con sello costeiro, con remontadas incribles, como a que protagonizou o Volantes en apenas 5 minutos no Cairo; ou vitorias impresionantes como a do Baio no inexpugnable campo de Negreira. Ademais, Dumbría e Ponteceso asinaron táboas, o Soneira empatou co Tordoia, e se mantén líder co alucinante Mazaricos, que segue sumando por vitorias todos os partidos que disputa na casa, con remontada incluída.

 

Mazaricos - Belvís (2-1)

  • Mazaricos: Iván Baña, Oscarín, Molinos, Sandelo, Borja, José Ángel, Ricardo, Marquitos, Chapela, Esteban Pereiro, Rachón. Tamén: Raúl, Kevin, Mario, Brais Estalote, Chiki.
  • Goles: 0-1, m.20; 1-1, m.30: Sandelo; 2-1, m.77: Borja.

Mazaricos-Belvis 1

Arrincou o cadro de Diego Gálvez moi atascado e sen ritmo, notando o parón da semana pasada e con varios xogadores recén saídos das corentenas. Así e todo Ricardo mandou un balón ao poste e Chapela no acertou en boca de gol co rexeite; e Marcos remataba mal un bo centro de Chapela. O Belvís adiantábase obrigando ao Mazaricos a subir unha marcha e antes do descanso conseguíua igualar nunha falta lateral por medio de Sandelo.

Cambiou o panorama na segunda, cun cadro amarelo moito máis firme e seguro, claro dominador e merecedor de meterse rápido por diante. Pero o gol se resistía, ata que, aun cuarto de hora do final, nun córner que lanza Sandelo, remata de forma inapelable Borja no segundo pau. Non sufríu nos últimos minutos o Mazaricos que soubo ben manter a distancia.

 Mazaricos-Belvis  2
Fotos: Mazaricos CF

Negreira - Baio (0-1)

  • Baio: Diego, Norberto, Mario, Ceide, Damián, Porty, Iván, Bieito, Braian, Paco e MC. Tamén: Iago, Sergio e Yago Couto.
  • Gol: 0-1, m.20: MC.

Voveu MC gol e o Baio levou os puntos dun campo ante hoxe infranqueable. O cadro de Pablo Torreira saíu coa idea de disputarlle o balón ao de Baleato e o conseguiron por fases. O gol de MC ven dunha xogada combinativa dende o saque de porta, que remata cun centro de Porty e un golazo de MC de cabeza.

O Negreira buscaba facer dano nas transicións e no xogo directo, pero os baieses estiveron moi serios no traballo defensivo.
Na segunda parte combinaron o xogo corto en contraataque aproveitando os espacios que deixaba o Negreira. O resultado puido ser máis abultado se dúas ocasións acabanse entrando. Unha delas foi de MC, cun remate o pau tras un paradón do porteiro, acabasen entrando. Outra de Braian nun tiro cruzado e outra gran parada a tiro de Porty. Eles seguían intentando facer dano con diagonais e centros laterais pero os o resultado.

 Baio en Negreira

Soneira - Tordoia (1-1)

  • Soneira: Javi Souto, Pichi, Brais Mouzo, De la Sierra Diego Lois, Noya, Brais Pereira, Gesto, Basti, David Agra, Cristian. Tamén: Darío, Ángel, Joel, Dani Casal e Fran Calvo.
  • Goles: 1-0, m.44: Pichi; 1-1, m.63.

Partido igualado no que o Soneira nos primeiros minutos puido poñerse por diante en dúas imprecisións da defensa visitante. Foi igualando o partido con ocasións pos dous lados, e na última da primeira parte poñeriase por diante o Soneira cun tanto de Pichi.

A segunda parte foi moi bronca e tosca, na que apenas se xogou. Empatou Chino á saída dun corner aos 20 minutos, e a partir de aí o marcador non se movería a pesar de haber ocasions para os dous lados.

 

Dumbría - Ponteceso (2-2)

Dumbria no Pinguel
Foto: CF Dumbría

  • Dumbría: Jorge, Rober, Matías (Sendón), Pablo Paz, Kanario, Baba, Brais (Xaco), Mario, Code (Darío), Mataso e Yuyo (Marcote).

Ponteceso SD no Conco
Foto: Brais Pose

  • Ponteceso: Brais, Isaac, Ismail, Moscoso (Pablo Sánchez, m.35), Juanjo, Eloy Trigo, Luca, Pablo Vázquez, Alberto Recarey, Mendieta, Nando.
  • Goles: 1-0, m.6: Mario; 2-0, m.15: Mario; 2-1, m.23: Luca; 2-2, m.55: Mendieta.

Dumbria-Ponteceso

Comezou mandando o cadro local, buscando as incorporacións por bandas e Mario xa marcara dous goles aos 15 minutos. Pero pouco despois, un erro na saída de balón de Baba deixa a Luca no borde da área, para marcar un golazo e meter de novo aos de Pablo Mallón no partido. Tivo antes do descanso unha o Dumbría pero Brais salvou o 3-1.

Na segunda parte, foi más igualado, e o Ponteceso xa gañaba os duelos no medio campo. Pero non creaban demasiado perigo ata que unha indecisión na defensa dos de Pablo Conde permitía a Mendieta empatar.

A partir o partido volveuse algo máis bronco, con algunha ocasións para os locais pero sen acerto, quedando o empate ao final.

 

Corme - Volantes (2-3)

Corme no Cairo-Foto-Fin Lema

  • Corme: Illote, Jesús, Pandi, Eloy, Diego Castro, Noel, Brais Torrado, Lucas, Toniño, Samu Costa e Alejo. Tamén: Adrián, Brais Pombo, Adrián Doldán, Hugo e Borja.

-Foto-Fin Lema

  • Volantes: Alberte, Alex Fiegueiras, David Pais, Isma Mayo, Godo, Ricardo, Álex Vázquez, Pardelo, Toni, Kike. Tamén: Pesco, Nacho, Alex Fdez. e Carlos Mos.
  • Goles: 1-0, m.20: Diego; 2-0, m.72: Alejo cun golazo; 2-1, m.84: Pesco de gol olímpico; 2-2, m.85: Pesco de penalti; 2-3, m.89: Kike.

Corme e Volantes no Cairo co trio arbitral-Foto-Fin lema
Fotos de Fin Lema
Incrible partido no Cairo, onde os locals non se cren o desenlace final tras ir por diante ata o m.84. Empezaron os dous equipos intentando dominar, cun Corme algo máis enriba ante un Volantes que intentaba aguantar sen gastarse demasiado ao ter Iván González moitas baixas. Adiantábase o equipo de Ángel (Lelo non puido estar) na primeira metade, e tivo varias para ampliar a renda.

Arrincaba o segundo tempo co cadro laranxa estirándose, pero Alejo marcaba un golazo e a piques estivo de marcar o terceiro. Pero o Volantes comezaba a crear perigo, e despois de 3 boas ocasións, entre elas unha de Toni, e un pau de Pesco, o propio Pesco marca de córner directo. Apenas un minutos despois, unha xogada por banda acababa en penalti, e o muradán non perdoaba. E completou a remontada xa no 90 o esteirán Kike, que meteu esta punteira para sumar estes 3 sufridos puntos no Cairo ante unha afección local que non daba crédito do que acontecía.

 

Volantes celebrando gol en Corme-Foto-Adriana
Vídeo e foto de Adriana Fdez.

AS táboas en www.futboldacosta.com.

Comentarios