Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Tres costeiros no máis alto!

Mazaricos, Baio e Dumbría comparten co Negreira o liderado desta apaixonante primeira autonómica. Ademais, Soneira e Volantes retoman a senda da vitoria, mentres que o Corme non é capaz de atopala.
Baio - Dumbria 6
Baio - Dumbria 6
1ª Galicia: Tres costeiros no máis alto!

Baio 2 - 1 Dumbría

Baio: Diego; Ceide, Yago, Álex Varela, Damián (Taín, 70’); Peke, Braian, Bieito; Porti, Rubio (Hugo, 90’) e Paco.

Dumbría: Anxo; Mataso, Pablo Paz, Kanario, Álex Sendón (Gusa, 63’); Brais (Lucas Toba, 82’), Baba, Xaco (Matías, 82’); Mario, Darío e Alfredo (Marcote, 63’).

Goles: 0-1, 19’: Darío / 1-1, 37’: Braian / 1-2, 54’: Braian.

Tremendo derbi o que se viviu no Platas Reinoso, e que estreou a plataforma de pago de #QPCtv, pese as numerosas baixas que presentaban ambos conxuntos. Un partido moi disputado que deixou unha parte para cada equipo. Comezou mellor o Dumbría, que se adiantou no marcador grazas a un Darío en estado de gracia, que fusilou a portería dende lonxe ao saque dunha falta.

Seguía dominando o Dumbría ata que o Baio logrou encontrar a Porti, que se puxo a facer diabluras pola banda esquerda creando varias ocasións para os locais. Nunha desas, cun centro ao segundo pau, Braian facía o empate de volea pouco antes do descanso. A saída dos vestiarios si se viu a un Baio superior, que xogou en campo rival durante os primeiros 20 minutos e que conseguía o tanto da remontada repetindo a fórmula do primeiro: Centro de Porti e Braian, demasiado libre de marca, remataba de cabeza para dentro.

De aí ao final, intentouno o Dumbría, que dispuxo incluso dun penalti atallado por Diego a Marcote, pero non foi quen de superar a dura e compacta defensa baiesa.

Mazaricos 1 – 0 Negreira

Mazaricos: Iván; Rachón, Borja, Pose, Oscarín; Jose Ángel (Esteban Pereiro, 59’); Mario (Juan, 89’), Ricardo (Raul Bouzas, 70’), Sandelo, Chiqui (Kevin, 62’); Molinos (Marcos Corzón, 62’).

Goles: 1-0, 79’: Kevin, de penalti.

Chegaba o Negreira invicto a Mazaricos e coa consideración de gran favorito, pero o equipo de Diego Gálvez está a demostrar que vai a pelexar por cotas altas esta tempada. Porque non foron inferiores en ningún momento, pese a que foi un partido sen moitas ocasións. Aínda así, antes do descanso, os porteiros se luciron: Iván detendo un man a man a Berto e Jose estirándose a tope para sacar da escuadra un disparo de Sandelo e un disparo de Rachón.

A igualdade seguiu presente tras o descanso, ata que Rachón cometía un penalti que lle custaba a segunda tarxeta amarela e que Iván Baña se encargaría de parar. Algo que non puido facer o porteiro do Negreira ante o axustado disparo de Kevin dende os once metros poucos minutos despois.

Volantes 4 – 2 Ponteceso

Volantes: Álex de Yi; Godo, Santi, David Pais, Oscarín; Pardelo, Miguel da Corocha; Riki Guisado (Álex Figueiras, 46’), Álex (Isma, 58’), Pesco; Kike (Mateo, 65’).

Ponteceso: Brais; Isaac, Moscoso (Juanjo, 66’), Eloy Trigo, Ismail; Dani Cotelo, Recarey, Martín Puente; Eloy Álvarez (Raúl, 75’), Mara e Mendieta.

Goles: 1-0, 1’: Pesco / 2-0, 21’: Álex / 3-0, 63’: Pesco / 3-1, 65’: Dani Cotelo / 3-2, 68’: Martín Puente / 4-2, 76’: Pesco / 4-3, 86’: Mara, de penalti.

Como a semana pasada en Corme, volveu ter un inicio complicado o Ponteceso no Eleuterio Balayo de Muros, onde o Volantes saíu moi ofensivo e logrou o gol xa no minuto un grazas a un bo disparo cruzado de Pesco. Con ese gol, os locais comezaron a xogar con máis autoridade e tranquilidade e lograron o segundo a través dun saque de esquina que Álex remataba para dentro.

Mellorou o Ponteceso na segunda metade, apretando máis arriba e comezando a crear ocasións, pero outra vez Pesco facía o terceiro cun disparo dende fóra da área. Aí si, os locais se relaxaron cun partido que semellaba sentenciado, pero os visitantes seguiron apretando e chegaron a poñerse 3-2 con dous goles seguidos. E, cando máis aberto estaba o partido e máis chegaba o cadro de Pablo Mallón, o Pesco facía o seu hattrick rematando unha contra. A expulsión de Ismail no 83’ non axudou á reacción visitante, que mesmo así tivo opción de empatar tras anotar o terceiro de penalti.

Tordoia 1 – 0 Corme

Corme: Illote; Jesús, Pandi, Aitor, Brais Torrado; Eloy (Brais Pombo, 74’), Toniño, Lucas, Manu Bermúdez (Borja Torrado, 72’), Doldán (Sueiro, 65’); Diego (Alejo, 65’).

Tocáballe unha mala saída ao Corme para mudar a mala xeira, e así se viu reflexado no marcador. E iso que comezaron ben os azuis, tendo unha ocasión moi clara nos primeiros minutos cun balón que se paseou pola liña de gol. Pero o gol do Tordoia cambiou os aires do encontro, que pasou a ser como o Tordoia quería que fose: pechado, sen espazos e sen ocasións.

Así foi toda a segunda parte, cun Corme que quería e non podía e cun Tordoia que estivo moi cómodo xogando co resultado. A entrada de Alejo e Sueiro no 60’ parecía darlle aire fresco aos visitantes, pero nin así puideron traspasar a infranqueable defensa local, que sellou a vitoria.

Belvís 1 – 2 Soneira

Soneira: Javi; Brais Pereira, Ángel, Alemán, Brais Mouzo; De la Sierra (Dani Bea, 52’)(Agra, 63’), Figueiras, Diego Lois; Pichi (Jano, 85’), Javi (Fran, 79’), Maki (Darío, 89’).

Goles: 1-0, 15’: Cristian / 1-1, 40’: Ángel / 1-2, 74’: Maki.

Gran vitoria a colleitada polo Soneira en terras santiaguesas. E sobre todo, necesaria tras dúas derrotas consecutivas. Precisamente esa necesidade fíxose ver dende o minuto un, xa que os vimianceses entraron moi ben no encontro. Pero nun balón en longo, o Belvís chegaba a liña de fondo e tras un pase atrás facía o primeiro da tarde. Un gol ao que lle custou reaccionar aos visitantes, que xogaron os peores minutos do partido neses minutos posteriores.Ata que chegou o empate de Ángel, de cabeza, a centro de Diego Lois, para ir ao descanso con empate.

Xa na segunda metade, ambos contaron con ocasións para facer o segundo, pero a máis clara do Belvís a detivo Javi cunha gran parada xusto antes de que Maki marcase tras un pase da morte de Javi Souto. Unha vitoria que aínda tivo que volver a salvar Javi con outra gran parada nun man a man que despois despexaría Alemán.

Comentarios