Venres. 19.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Cruel final de Liga

11 da Esteirana 2023
11 da Esteirana onte no Xosé Luís Vara
1ª Galicia: Cruel final de Liga

Xa contabamos onte o duro varapau que recibiron Xallas e Dumbría na última xornada da 1ª Galicia. Os dous equipos levan todo o curso pelexando pola promoción de ascenso á Preferente, e ambos quedaron fóra no último suspiro. O cadro xalleiro levaba dende a xornada 27 instalado neses 3 postos de ascenso, pero o seu empate no campo do campión non foi suficiente para asegurar o ascenso.
Tan cruel foi o caso do Dumbría, que coa súa vitoria en Esteiro, ata o m.82 estaba clasificado para o playoff, cando o Lalín marcou o segundo ao Negreira.

A xornada non puido ser peor, tamén para os de abaixo. Esa derrota da Esteirana na casa ante o Dumbría deixa aos de Gus na 14ª praza, pendente de se os a modificación de última hora na 3ª RFEF poida evitar que sexa posición de arrastre… Unha situación semellante á do Baio, que ve aínda máis complicado safar deses arrastres (Fisterra e Unión caerán a este grupo) polo que parece que acompañará ao Mazaricos no retorno á Liga da Costa.

Ademais, a xornada depara, polo de agora, unha despedida. O adestrador do Soneira Pedro Gómez comunicoulle aos xogadores e á directiva que despois da Copa deixa o club. “Despois de case 7 anos creo que chegou o momento de deixalo. O bo é sair dun equipo así, o único que deixo son amigos e no que non hai reproches. Son unha gran familia, senón é imposible botar tantos anos”, agradece Pedro.

Pichichis

Polo menos, o fisterrán do Dumbría Diego Estévez proclamouse pichichi da categoría, con 32 goles en 32 partidos, cos que será seguramente e á falta de 2 xornadas na Preferente, o que levará o balón de Buño como Máximo goleador da Preferente e 1ª Galicia.

Javito do Soneira quedou con 22 e o dumbriés Xavi Castro con 12. Juan de Celia marcou 11 e Rober Pladur (Soneira), Maki (Soneira) e Capelo (Xallas) 10. MC quedou este ano con 9.

Ribeira - Xallas (0-0)

  • Xallas: Iván Couto, Diego, Aitor, Brais, Samuel, Xan Caridad, Colón, Capelo, Doro, Carlos Rieiro e Juan de Celia. Tamén: Íker, Caneda, Sergio Barbeira, Ángel Cuns e Adán.

Día duro para a familia xalleira, que perde o soño do playoff por apenas 1 gol… Foi unha primeira metade igualada, cun cadro local, o xa campión dende hai varias xornadas, controlando o balón pero sen conseguir rebasar a defensa verde. Si que tivo un par de achegamentos o equipo de Adrián Vázquez tras roubo en campo contrario, pero sen acerto.

Foi máis polo partido o cadro xalleiro, que conseguiu meter na súa área a todo un campión. Sobre todo no último cuarto de hora, e xa buscando a Adán no xogo directo e aproveitando os segundos balóns, tiveron 3 ou 4 ocasións moi claras. Pero non houbo sorte e a promoción escapou.

En calquera caso, o míster quere aproveitar para felicitar aos seus xogadores polo temporadón, sobre todo por unha espectacular segunda volta, e agradecer o seu compromiso.

Esteirana - Dumbría (1-3)

11 do Dumbria en Esteiro
11 do Dumbría en Esteiro
  • Esteirana: MJ, Kevin, Damián, Code, Adrián Louro, Pablo Rama, Alex Rama, Raúl, Oli, Elías e Rober Pladur. Tamén: Alex Vega, Alex Louro, Javi, Pachi e Brais Noceda.
  • Dumbría: Anxo, Pablo Paz, Chao, Kanario, Dani, Baba, Brais Fdez., Mario, Estévez, Lucas e Xavi Castro. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Samuel, Fabio e Capelo.
  • Goles: 0-1, m.5: Estévez; 1-1, m.47: Pablo Rama; 1-2, m.82: Estévez; 1-3, m.90: Capelo.

Partido de alto voltaxe en Esteiro, de máxima necesidade en ambos conxuntos, co carrusel tecnolóxico funcionando. Empezaron ben os dumbrieses e pronto se adiantaban. Pero o cadro local comezou a ir cara arriba e empurrar, acabando mellor a primeira metade.

Nada máis saír dos vestiarios Pablo Rama empataba o partido, e nese primeiro treito da segunda a inercia parecía de cara aos blaugranas, que tiveron varias ocasións para meterse por diante. Pero o Dumbría foise repoñendo e acabou impoñendo o seu ritmo, ata que faltando 10 minutos apareceu o pichichi para facer soñar aos seus. Pero xusto no mesmo minuto, marcaba o Lalín o gol que deixaba fóra aos dumbrieses da promoción.
Co Esteirana envocarcada, chegou a sentenza.

Mazaricos - Baio (0-0)

  • Mazaricos: Pablo Pose, Borja, Carreira, Raúl, David, Pereiro, Brais, Marcos, Kevin, Guille Botas, Molinos. Tamén: Isma, Germán, Ricardo, Pablo Lago e Mateo.
  • Baio: Iván, Bruno, Aday, Pablo Rod., Hugo, Iván Rod., Aitor, Sergio, Bieito, Josiño e Javi Suárez. Tamén: Bugy, MC, Braian, Santiso e Pablo Dom.

Partido para esquecer. O Mazaricos de Alvite rescataba un punto despois de colleitar 13 derrotas seguidas (a última vitoria, os últimos puntos, foron en Fontenla na xornada 20) ante un Baio que non puido acabar con peores sensacións. Partido falto de ritmo e con mala imaxe.

Duro é Félix na súa análise. “En ningún momento estivemos a altura do que pide un encontro de 1ª autonómica e do escudo que representamos. O resumo é claro, un club CD Baio, onde a súa directiva e o seu escudo si deron a talla esta tempada pero o resto non fumos capaces... Creo todos debemos reflexionar a nivel individual para saber que queremos e onde queremos estar, para non engañarnos, sobre todo por respecto a xente que rodea un club exemplar en xestion e facilidades, afección... “

Puebla - Soneira (4-3)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Angel, Aarón, Fabián, Álex Figueiras, De la Sierra, Richi, Maki, Borja, Javito. Tamén: Coke, Basti, Gesto, Pichi e Alberto Mouzo.
  • Goles: 1-0, m.3: Parga; 1-1, m.6: Javito; 1-2, m.16: De la Sierra; 2-2, m.36: Bendaña; 2-3, m.41: Maki; 3-3, m.45: Brais Nieto; 4-3, m.46: Juan Pérez.

Partido sen tensión que dominaron os de Pedro Gómez de cabo a rabo pero que non conseguiron sentenciar. Erros puntuais costaron goles que foron superando unha e outra vez, malia fallar innumerables ocasións de gol, con 2 tiros ao pau e 2 penaltis coma 2 mundos q nos escamoteou o árbitro na 2 m non pitados na segunda metade.

Máis info

Comentarios