Martes. 08.10.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Fisterra golea no derbi para seguir soñando coa Liga e coa Preferente

SD Fisterra - CF Dumbría
SD Fisterra - CF Dumbría
1ª Galicia: O Fisterra golea no derbi para seguir soñando coa Liga e coa Preferente

O Fisterra estivo a piques de ser o gran beneficiado da xornada, pois logo de golear ao Dumbría no derbi comarcal deste 1ª Galicia vería como o Sigüeiro solventaba o seu partido nos intres finais ante unha Esteirana que por ocasións, non mereceu tanto castigo.

O mesmo que aos esteiráns lle pasou a un Soneira que viu como un efectivo Chaián se levaba os tres puntos do Municipal de Vimianzo cun dubidoso penalti.

Pola súa banda, o Baio suma e segue logo de derrotar ao Bastavales para afianzarse cada vez máis na cuarta praza da clasificación.

SD Fisterra 3 – 0 CF Dumbría

SD Fisterra: Iván Bouzón, Bruno (Iván González m.66), Breixo, Aarón, Makaay (Ezequiel m.84), Roa (Adrián m.78), Jesús (Dani Martínez m.66), Cote, Rubia, Andrés, Julio (Piti m.75).

CF Dumbría: Iván Baña, Canario, Matías, Marcos Mouro, Rivi, Marcote, Cespón, Xacobe (Tajes m.77), Yuyo, Pablo Paz (Iago m.61) e David.

Goles: 1-0 m.19: Makaay; 2-0 m.61: Bruno; 3-0 m.71: Makaay.

Partido moi tranquilo para un Fisterra que durante a primeira metade xogou co vento a favor, factor que soubo aproveitar moi ben o conxunto local e xa no minuto un, os fisterráns terían unha boa oportunidade para adiantarse pero o remate de Bruno marcharíase por riba da portería dumbriesa.

E mediada esta primeira parte, Makaay faría un auténtico golazo nun libre directo que significaría o 1-0. Pouco despois, o propio Makaay estivo a piques de facer o segundo nun intento de córner olímpico que se estrelaría no longueiro.

O dominio sería dun Fisterra que se achegaría con bastante frecuencia á área dun repregado Dumbría que tería dúas ocasións que nin David nin Marcote serían quenes de materializar.

O vento amainou nunha segunda metade á que saíu mellor un Dumbría que non logrou inquedar en exceso a un Fisterra que aumentaría a súa vantaxe logo de que Bruno rematase ao fondo da rede un centro de Makaay, para subir o 2-0 ao marcador que deixaba o encontro practicamente visto para sentenza.

A falta de dezanove minutos para que se cumprise o tempo regulamentario, Makaay materializaría unha boa xogada colectiva para facer o definitivo 3-0, co que o Fisterra continúa ao asexo do Sigüeiro na loita polo liderado.

SD Esteirana 0 – 1 Sigüeiro CF

Esteirana - Sigueiro

SD Esteirana: Álex de Yi, Simón, Josiño Alves, Maroñas, Álex Rama, Adrián, Elías, Dani Rama, Codesido, Manu de Yi (Samuel m.59), Raúl (David m.77).

Gol: 0-1 m.77: Brais.

O fútbol está sendo moi inxusto cunha Esteirana que na tarde deste domingo lle plantou cara a un líder que levou a iniciativa con balón pero que apenas inquedou a un equipo ben repregado que dificultou moito que o Sigüeiro crease perigo sobre a portería local e que tivo as ocasións máis claras, pero os paus cruzáronse no camiño dos esteiráns, polo que a pelotiña non quixo entrar.

A dinámica do encontro sería a mesma durante os 90 minutos, o Sigüeiro tendo máis posesión do balón e a Esteirana tratando de roubar para saír rápido.

Ata tres veces, o pau evitaría o gol local e no tramo final do partido no que foi unha das escasas ocasións dos visitantes, Brais facía un golazo dende a frontal para darlle a vitoria a un Sigüeiro que sufriu e moito para levarse os tres puntos de Esteiro.

Soneira SD 1 – 2 Chaián CF

Soneira SD: Javi Souto, Aarón, Chapela, Sandelo, Alemán, Álex Taibo, Pichi, Luis, Agra, Mayor, Samuel (Fran m.77).

Chaián CF: Peri, Rodrigo, Rubén, Jacobo, Juan Carlos (Dani García m.89), Isi (Sergio Varela m.87), Losada, Adrián García (Javi m.80), Martín, Raúl e Botana.

Goles: 0-1 m.27: Martín; 1-1 m.47: Aarón; 1-2 m.69: Jacobo (p).

Partido que se decidiu a balón parado a favor dun Chaián se levou demasiado premio xa que apenas pasou do medio campo ante un Soneira que dominou durante os 90 minutos aínda que sen demasiada profundidade.

Os visitantes adiantaríanse por medio de Martín no minuto 27 á saída dun córner e nada máis voltar dos vestiarios, Aarón empataría da mesma maneira.

E mediada esta segunda parte, Jacobo aproveitaría unha protestada pena máxima para facer o definitivo 1-2, co que os puntos voaron inxustamente do Municipal.

UD Bastavales 1 – 3 CD Baio

Bastavales - Baio

CD Baio: Dani Varela, Álex Figueiras (Sergio m.85), Norbi, MC, Bieito, Moreno (Porti m.46), Rubio, Peke, Damián (Isaac m.37), Santi Díaz (Josiño m.91) e Yago.

Goles: 0-1 m.8: Santi Díaz; 0-2 m.12: MC; 1-2 m.55: David Mirazo (p); 1-3 m.85: MC.

O Baio foi superior durante unha primeira parte na que reflexaron ese dominio con dous goles tempraneiros. O primeiro no minuto 8, logo dunha gran acción individual de Santi Díaz que este resolvería cun tiro cruzado e o 0-2, logo de que MC non perdoase nun man a man.

Xa na reanudación, o Baio baixou e estivo máis espeso, vendo como o seu rival acadaba recortar distancias no marcador cun gol de penalti, transformado por David Mirazo.

O Bastavales crearía perigo en faltas laterais que se quedarían en nada, mentres que MC nunha contra faría o definitivo 1-3 para certificar a vitoria costeira.

Comentarios