Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen

Fisterra e Esteirana no Xose Luis Vara 2
Imaxe do Esteirana-Fisterra no Xose Luis Vara. Foto: SD
1ª Galicia: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen

Fisterra e San Lorenzo colócanse entre os 4 únicos equipos que suman partidos por vitorias tras esta segunda xornada na igualadísima 1ª Galicia. Os carballeses asaltaron o campo de todo un Bertamiráns mentres que os fisterráns venceron no segundo derbi que vive a Esteirana neste comezo de curso.

O Baio rompeu a mala imaxe ofrecida en Negreira e sumou os primeiros 3 puntos da temporada mentres que o Dumbría sufría outra derrota pola mínima que o deixa aínda sen sumar.

Baio - Estrada (2-1)

  • Baio: Iván Fraga, Norberto, Aitor Vilas, Dani López, Guille Eiroa, Sergio Antelo, Iván Rod., Bieito, Pazos Diego Santancier e MC. Tamén; Guille Botas, Josiño, Pablo Rod., Yago Couto e Sergio Rod.
  • Goles: 0-1, m.15: Dani López; 1-1, m.35: MC de penalti; 2-1, m.58: Bieito.

Remontada clara dun Baio que foi superior e merecedor dos 3 puntos. O cadro de Félix dominou dende o comezo pero un desaxuste na zona de creación provocaba o primeiro tanto dos visitantes, cando apenas se chegara ás áreas. A partir de aí, o Baio tivo máis e máis presenza en campo contrario, buscando chegar a liña de fondo ante un rival que só pretendía parar o partido e non deixar xogar.

Antes do descanso MC non perdoaba unha pena máxima para empatar. Na segunda, os baieses continuaron apretando, e pronto Bieito facía o segundo. Aínda quedaba media hora pero o equipo non sufriu.

Poden ver o partido na canle de Santi Soneira:

 

 

Puebla - Dumbría (2-1)

  • Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Kanario, Baba, Miller, Álex Sánchez, Mataso, Dani Chao, Lucas e Mario. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Rivi, Raúl, Caamaño e Xián.
  • Goles: 1-0, m.35: Parga; 1-1, m.48: Lucas Toba; 2-1, m.70: Guille.

Coa cabeza lixeiramente posta na homenaxe a Pequeño, os dumbrieses desprazábanse ata a Pobra para enfrontarse a un dos favoritos. Competiu ben o cado de Pablo, tendo ocasións claras para sacar un mellor resultado, pero varios detalles, entre eles un erro en defensa, permitiron ao Puebla quedar cos 3 puntos.

 

Esteirana - Fisterra (1-2)

  • Esteirana: Alex Vega, Kevin Rial, Simón, Samuel, Code, Damián, Álex Rama, Pablo Rama, Pachi, Piki e Oli. Tamén: Adrián Louro, Kevin Lariño, Alex Louro, Brais, Tobío, Martín Rama e Sergio.
  • Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Rubén, Aarón, Jano, Luís, Juan Trillo, Estévez, Adrián Makaay, Isaac Fábregas. Tamén: Paulo, Javi Pacín, Mario, Santos, Adri Castro, Marcot e Moha.
  • Goles: 0-1, m.2: Jano nun córner; 0-2, m.44: Isaac Fábregas nun centro lateral; 1-2, m.70: Kevin Lariño.

Fisterra e Esteirana no Xose Luis Vara

Novo derbi para a Esteirana neste costeiro comezo da campaña en 1ª. O Xosé Luís Vara encheuse para recibir a todo un Fisterra, que levou un choque igualado gracias ao seu oficio e experiencia. Arrincaba o choque co primeiro gol, nun córner que remataba Jano a gol.

Ese tanto daba tranquilidade aos de Lobelos, que souberon manexar os tempos durante a primeira metade. Non houbo grandes achegamentos máis que un par de chegadas de Isaac e Estévez e un tanto anulado a Makaay (ollo ao tridente fisterrán, con Marcote como relevo natural).

Antes do descanso, Isaac facía o seu segundo tanto en dous partidos ao rematar de cabeza un centro lateral.

Non se rendiu o cadro de Néstor, que competiu ata o final, e non regalou o choque e meteu medo aos fisterráns tras recortar tras unha falta lateral que remacha Kevin Lariño a gol. Pero o cadro verde estivo firme e non concederon grandes ocasións, tendo algunha contra para matar o partido.

Adrian Makaay co Fisterra en Esteiro
Adrián Makaay segue patroneando o barco fisterrán
SD Fisterra celebrando a vitoria en Esteiro
SD Fisterra celebrando a vitoria en Esteiro

Bertamiráns - San Lorenzo (0-1)

  • San Lorenzo: Dani Fedello, Pablo Garrido, Iago, Andy, Raúl Añón, Mateo Canedo, Jairo, Diego Varela, Alex Taibo e Eloy Arantón. Tamén: Puyol, Raúl, Joaquín, Ricardo, Manu Guillamet, Alon e Brais Lado.
  • Gol: 0-1, m.63: Eloy Arantón.

Segunda vitoria para o cadro de Dani Casal, desta volta, no complicadísimo Municipal de Bertamiráns. Partido moi igualado, onde os dous equipos trataron de dominar o encontro presionando moi arriba, pero sen dispoñer de ocasións moi claras nos primeiros minutos. O Bertamiráns empezaría tendo a posesión pero sin crear serio perigo, ante un cadro de Sani Casal que sufría nos primeiros minutos a lesión de Pablo Garrido, unha baixa moi importante. Pero o equipo soubo meterse no partido, e pouco a pouco foron facéndose co dominio do encontro e dispoñendo dunha ocasión moi clara, de Manu Guillamet, que non remata ben por pouco. Varias internadas de Eloy con serio perigo, pero non sen poder finalizar. E un gol anulado a Juanjo, bastante dubidoso, por fóra de xogo, antes do descanso.

Na segunda máis do mesmo, os primeiros minutos os carballeses trataron de arriscar e intentar ir a polo partido sen tomar demasiados riscos atrás. E así foi, en dúas xogadas combinativas, avisaba Jairo con dous tiros lonxanos, que paraba moi ben David. Pero á terceira foi Eloy, quen nunha xogada ben trenzada faría o 0-1 cun bo disparo desde fóra da área, que desvía un defensa ante o que nada puido facer o gardameta local.

Quedaban 25 minutos e o Berta arriscaba un pouco máis, e iriase facendo coa posesión, e sendo moito máis verticais, metendo cada vez máis atrás aos visitantes, buscando unha e outra vez ás costas da defensa. Pero a defensa dos de Verdillo estivo moi seria, puxeron o mono de traballo e non permitiron grandes ocasións, excepto unha boa ocasión na que tivo que aparecer Dani Fedello para salvar os puntos.

Crónicas da 1ª Galicia

MÁIS INFO

Comentarios