Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Como afrontan a campaña os adestradores dos equipos costeiros da 1ª Galicia?

Banco do CD Baio no campo de Negreira
Banco do CD Baio no campo de Negreira
Como afrontan a campaña os adestradores dos equipos costeiros da 1ª Galicia?

Trala primeira xornada de Liga na 1ª Galicia, queríamos saber como afrontan os nosos 5 equipos a competición. Falamos cos seus adestradores:

Dani Casal (San Lorenzo)

O equipo arrincaba a súa estrea na categoría cunha vitoria, chea de goles, ante outro debutante, o Valiño.

  • Novidades: Raúl Añón, Juanjo, Iago, David Lorenzo, Riki e Manu Guillamet
  • Puntos fortes: “O nosos puntos fortes son as habilidades técnicas, a capacidade para presionar ao rival, e a unión que hai no vestiario”.
  • Obxectivos: “Aínda estamos pendentes de incorporar algunha fichaxe, xa que imos moi xusto de efectivos, pero o noso principal obxectivo é conseguir os máximos puntos para lograr a salvación e sabemos que para iso, temos que dar o máximo de cada un”.

Diego Lobelos (Fisterra)

Os fisterráns estreáronse cunha vitoria pola mínima ante o potente Bertamiráns, co tanto de

  • Novidades: Ademais do propio adestrador, o equipo verde recuperou xente da casa como Joselu, Estévez, Colombia, Isaac, Piti, Cote, Marcote… ademais de incorporar outros como Adam ou Adrián. “Temos moitas caras novas, difícil quedarse con un ou dous, estamos empezando e co paso dos partidos iremos vendo o rendemento”, sinala Lobelos.
  • Puntos fortes: “Na zona onde máis nivel temos é a dianteira, aínda que teñamos algún xogador diferencial no resto de posicións”.
  • Obxectivos: “O tempo iranos poñendo no lugar que merecemos. O equipo estase formando, non creo que debamos marcarnos metas todavía”.

Pablo Conde (Dumbría)

O equipo dumbriés, co seu proxecto de xente da casa, afronta un ano de renovación no plantel. Comezaba con derrota na casa ante a Esteirana pero se espera que sexa un espellismo e volvan estar, un ano máis, na parte alta da táboa.

  • Novidades: Alex e Raúl (xuvenís da casa que xogaron na Liga Nacional o último ano), Xián (Louro) e Miller (Agrón).
  • Puntos fortes: “Non sei cales serán os puntos fortes, irémolo vendo ma temporada. Só esperamos poder competir todos os días”.
  • Obxectivo: “Como sempre aspiramos a facer o máximo número de puntos. Pero conscientes de que perdemos a Raúl Añón, Dario Capelo, Diego Estevez e Xabi…”

Nestor Romero (Esteirana)

Volve o adestrador ao fútbol costeiro, ás ordes desta Esteirana que redebutaba na categoría coa remontada do Conco.

  • Novidades: “Non hai demasiadas, Piki e Kevin do Volantes, e rapaces que veñen dos xuvenís como Martín e Sergio, ou Brais Noceda, aínda xuvenil, de feito; Pesco non puido incorporarse por motivos laborais. Non conta con Brais e Raúl, que deixou o equipo por problemas para adestrar ademais de terse que operar do narís. A idea do club é coma sempre, traballar con xente da casa”.
  • Puntos fortes: “Os puntos fortes é esa precisamente, que a meirande parte é xente de Esteiro, a base é o pobo e esa é uha parte importante para traballar, a fortaleza ten que ser esa, o traballo en equipo e o conxunto por riba das individualidades”.
    ”Outro punto forte é a afección, que é importantísima para nós, que acode en masa ao campo, como xogador número 12”.
  • Obxectivos: “Aspiramos a manter a categoría, o antes posible, intentar pasar os menos apuros posibles, e ir consolidando á Esteirana en 1ª”.

Félix Raposo (CD Baio)

  • Novidades: Dani, Diego, Pablo Diaz, Javi Souto, Guille Eiroa, Guille Botas, Sergio.
  • Puntos fortes: “Os muñecos todos que forman o equipo; na súa mellor version van a competir a todos os rivais.
  • Obxectivos: “As aspiracións do clubson consolidar grupo de xogadores e dar estabilidade a un proxecto, conscientes da importanvia de manter categoría. As miñas aspiracións persoais é facerlle ver e crer ós xogadores do fútbol que teñen e do gran potencial que fan cada unha das individualidades”.

Crónicas da tempada

Comentarios