Sábado. 05.10.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Negreira freou ao Mazaricos

Negreira-Mazaricos-Foto-JG
Imaxe de Molinos no Negreira-Mazaricos-Foto-JG
1ª Galicia: O Negreira freou ao Mazaricos

Rompeu o poderoso Negreira a serie de 6 vitorias seguidas do Mazaricos. Pero costoulle ao cadro de Baleato vencer aos de Diego Gálvez. oOn esta derrota, e o empate do Tordoia en Corme, o cadro de Dani Calvete ponse líder, cun punto de vantaxe sobre os amarelos, mentres que o Negreira se sitúa a tiro de pedra.

No demais, co Dumbría-Baio adiado polo de sempre, o derbi entre Ponteceso e Volantes marchou para Muros. Soneira venceu ao Belvís e se mantén na zona morna.

 

Soneira - Belvís (4-1)

  • Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, Iván Noya, Gesto, De la Sierra, Pichi, Cristian, Brais Pereira, Agra, Alex Figueiras, Javi Souto. Tamén: Darío, Ángel, Diego Lois, Joel, e Fran Calvo.
  • Goles: 0-1, m.6; 1-1, m.41: Javi Souto; 2-1, m.51: De la Sierra de penalti; 3-1, m.76: Javi Souto; 4-1, m.81: Javi Souto de penalti.

Comezaban perdendo os de Pedro Gómez, que tardaban en entrar no partido, pero pouco a pouco foron meténdose en campo contrario. Sen estar moi finos, sobre todo no último pase, si que ían chegando por banda, con centros lateriais, ata que a 5 do descanso, Javi Souto abría a lata e o seu taboleiro persoal ao resolver un man a man co meta visitante.

Arrincaba a segunda de xeito inmellorable, e o dominio local se traducía dende os 11 metros, co tanto de De las Sierra. Os visitantes non eran quen de darlle a volta ao partido, e Javi Souto culminou a súa mellor tarde do actual curso con dous goles máis.

 

Negreira - Mazaricos (1-0)

  • Mazaricos: Iván Baña, Oscarín, Pose, Rachón, Borja, Esteban Pereiro, Chumiko, Sandelo; Marcos, Molinos, Chapela. Tamén: José Ángel, Ricardo, Kevin, Brais e Chiky.
  • Gol: 1-0, m.49: Marcos Caridad.

Negreira-Mazaricos-Foto-JG 2
Foto de J.G.

Moi boa imaxe do cadro de Diego Gálvez nun dos campos máis complicados da categoría. Foi un partido moi igualado, con moi poucas ocasións de gol, que levou o máis acertado. E iso que na primeira metade o equipo de Baleato non se achegou á meta de Iván, mentres que os amarelos si tiveron dous bos disparos de Chapela e Chumiko.

Na segunda parte chegaba moi cedo o tanto de Marcos Caridad, nunha acción a balón parado que aproveitou un balón morto na área. De aí o final apenas sucederon cousas, cun cadro local moi firme e seguro, excepto un remate de cabeza de Gonzalo en plancha que puido ampliar o marcador.

 

Corme - Tordoia (2-2)

  • Corme: Suso, Jesús, Brais Pombo, Noel, Brais Torrado, Eloy, Diego, Adrián Doldán, Lucas, Toniño, e Alejo. Tamén: Illote, Borja Torrado, Samu Costa, Aitor e Javi Bermúdez.
  • Goles: 0-1, m.29: César Gontán de córner directo; 1-1, m.44: Lucas dende o medio campo; 1-2, m.62: Rubén Fariña: ; 2-2, m.90: Alejo de penalti.

Un punto salvou o Corme da visita do potente Tordoia ao Cairo. Un Tordoia que levaba o peso do partido ante un Corme que esperaba atrás. Nunha xogada ás costas da defensa azulona, chegaba a mellor ocasión para os visitantes, pero era César Gontán o que marcaba, de novo, a balón parado, desta volta cun gol olímpico.

O Corme, que en varias ocasións só lle faltou a acertar no ultimo pase ou no control para ter algunha ocasión clara, conseguiría empatar ao fío do descanso cun golazo de Lucas dende o medio campo, cun balón que colle o porteiro adiantado.

A segunda parte empezaba mellor o Tordoia e dispuxo de varias ocasión que non chegaron a rematar ben e outra que saca mui ben Suso cos pés. Adiantábanse igualmente os de Dani Calvete noutra xogada a balón parado, nunha falta lateral que rematan de cabeza.

Pero non se rendiu o Corme, que subiu liñas e foi polo empate. Tívoo Javi Bermúdez tras un pase atrás de Samu Costa, pero o porteiro salvou cando xa cantaban gol os afeccionados locais. E cando parecía que estaba todo vendido apareceu Lucas de novo para adiantarse o defensa nun balón longo, e o defensa mete o pé cometendo penalti. Encargariase Alejo de transformalo para conseguir un empate que ao cadro de Lelo e Ángel lle sabe a máis que a un punto.

 Alejo marca de penalti-Foto do seu pai Edu Cambon
Alejo, cazado na imaxe polo seu pai Edu Cambón, marcando o empate de penalti no último suspiro

Ponteceso - Volantes (0-1)

Volantes-Ponteceso-Foto-Brais Pose 3

  • Ponteceso: Benji, Isaac, Ismail, Juanjo, Pablo Sánchez, Luca, Iago Lopez (Pablo Vázquez, m.57), Alberto Recarey, Mendieta, Nando (Eloy Álvarez, m. 57), Eloy Trigo (Mara, m. 63).

Volantes no Pinguel-Foto-Brais Pose

  • Volantes: Álex de Yi, David Pais, Carlos, Mos, Oscar, Alex Vázquez, Riki, Pardelo, Godo, Pesco, Toni. Tamén: Álex Figueiras, Isma Mayo, Manoliño, Kevin.
  • Gol: 0-1, m.20: Pesco de penalti.

Volantes-Ponteceso-Foto-Brais Pose

Bo partido o vivido no Pinguel, cun cadro laranxa que saía algo mándón co balón nos pés, pero sen profundidade. Si que Jano tivo unha ocasión tras un córner. Nunha boa falta de Pesco, Benji saca da escuadra, pero Kike, que vai collendo forma e comeza a ser determinante, adiántase e sofre penalti. Pesco non falla dende os 11 metros e segue sumando.
De aí o descanso o choque

Subiu o ritmo na segunda, cun cadro pontecesán algo enriba, recuperando rápido e impedindo que saíse tocando o balón o equipo de Iván González. Aí, con xente rápida arriba, o Volantes tivo un par de contras para sentenciar. Pero non acertou e o campo foise inclinando cara a meta de Álex de Yi, que tivo que sacar varias ocasións para evitar o empate. Varios córners de Recarey, un par de tiros de Lucas ou Mendi, e unha ocasión clara de Mara no treito final fixeron sufrir, e moito a un Volantes que comeza a non encaixar tanto e a saber commpetir en momentos clave.

Volantes-Ponteceso-Foto-Brais Pose 2
Fotos do partido de Brais Pose

As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Comentarios