Mércores. 09.10.2024
El tiempo

1ª Galicia: Un pouco de todo

11 do Baio en Vila de Cruces
11 do Baio en Vila de Cruces
1ª Galicia: Un pouco de todo

Dúas vitorias, dúas derrotas e un empate entre dous dos nosos equipos foi o balance da xornada 6ª na 1ª Galicia. O Xallas recuperaba a senda da vitoria e se mantén a 3 dun líder que batíu, sen demasiada xustiza, cun Dumbría que viña forte e que vai pelexar os postos altos. O Baio sumaba a súa segunda vitoria seguida e vai sacando a cabeza, mentres o Mazaricos arañaba un puntiño de Vimianzo no desconto.

 

Dumbría - Lalín (0-1)

11 do Dumbria en Lalin

  • Dumbría: Anxo, Dani Yerba (Darío), Raúl Añón, Kanario, Alex Sendón (Rivi), Baba, Brais Fdez, Lucas (Code), Dani Chao (Mario), Diego Estevez e Xabi.
  • Gol: 0-1, m.71.

Dumbria-Lalin

Non mereceu a derrota o cadro de Pablo Conde, pero viu a cara máis dura da falta de acerto. Os visitantes estaban incómodos en todo momento, pero unha xogada a balón parado decantou o partido para un Lalín que se mantén, deste xeito, invicto con 6 vitorias en 6 partidos.

 

Xallas - Vista Alegre (4-0)

  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Brais, Samuel, Fidi, Colón, Stefan, Capelo, Doro e Alex Blanco. Tamén: David, Marcos, Manuel Cuns, Ángel Cuns, Adán.
  • Goles: 1-0, m.23: Alex Blanco; 2-0 m.52: Capelo; 3-0, m.71: Alex Blanco; 4-0, m.86: Álex Blanco.

Partido condicionado pola choiva e aire en Fontenla, pero os de Adrián Vázquez conseguiron manter un bo nivel defensivo e non sufrir ante os santiagueses. Abriu o marcador Álex Blanco e o cadro visitante aínda se mantivo no partido, se ben os locais tiveron algunha ocasión para facer o segundo. Pero o tanto de Capelo nada máis volver dos vestiarios acabou definitivamente no partido.

 

Cruces - Baio (1-2)

  • Baio: Cristian, Pablo Rod., Norberto, Mario, Porty, Yago, Pablo Domínguez, Bieito, Braian, Josiño e MC. Tamén: Iago, Santiso, Ceide, Peke, Sergio.
  • Goles: 0-1, m.67: Santiso; 1-1, m.75; 1-2, m.87: Santiso.

Merecida victoria do CD Baio, nun encontro serio e disputado. Tras unha primeira metade igualada no Camballón, os de Félix adiantábanse no marcador e aí tivo situacóons clarisimas de gol ante meta rival, que marraron e permitiron que os locais empatasen practicamente na única xogada de perigo na defensa baiesa. Pero xa no treito final e tras xogada combinativa, logra Santiso o 1-2 no marcador para facer xustiza no marcador.

Flavia - Esteirana (2-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damuel, Damián; Adrián Louro, Adrián Abelleira, Raúl, Oli, Elías Rober Pladur. Tamén: Alex Vega, Alex Louro, Javier Romero, Pachi e Manu Teijo.
  • Goles: 1-0, m.40; 2-0, m.47.

Aproveitou o cadro local dous erros da defensa blaugrana para quedar cos puntos. A primeira metade foi igualada pero o segundo tanto, nada máis saír dos vestiarios, fixo mella nos de Geno, que tardaron en repoñerse. Aínda tivo Pachi un balón ao longueiro e un par de ocasións a pesar do mal estado do céspede do Municipal do Souto, pero os goles non entraron e a vitoria quedou en Padrón.

 

Soneira - Mazaricos (1-1)

  • Soneira: Álvaro, Darío, Aarón Fdez., Fabián, Gesto, De la Sierra, Álex Figueiras, Borja Gándara, Maky, Basti e Javi Souto. Tamén: Javi Souto, Brais Mouzo, Ángel, Santi e Brais Pereira.
  • Mazaricos: Pablo, Rachón, Chumiko, Borja, David Pereiro (Losada), Brais (Moreira), Sandelo Ferreiro (Aurelio) e Molinos.
  • Goles: 1-0, m.44: Maky; 1-1, m.92: Rachón de cabeza a un córner de Sandelo.

Partidazo o vivido no municipal a pesar do tempo. Comezou o Soneira mandando ante un cadro amarelo gardando as roupas e buscando as contras. A primeira chegada era para os locais pero Pablo salvaba no man a man. Intentábao o cadro de Pedro Gómez pero batía unha e outra vez coa defensa ata que Maky ao fío do descanso, abría o marcador. Á volta empataba Marcos sobre o pitido final pero o colexiado anulaba por fóra de xogo ante as protestas dos amarelos.

Na segunda metade, co vento a favor, o Soneira atopaba máis espazos e contabilizaron ata 10 chegadas á área rival. Pero perdoaron, ante un Mazaricos que soubo esperar o seu momento. Foise estirando o cadro de Mingui que tivo ocasións nos pés de Marquiños e Brais para empatar, pero non foi ata o desconto, na última xogada do partido, cando Sandelo sacou un córner e Rachón remataba de xeito espectacular á rede para acadar un empate que os amarelos ven máis xusto que os soneiráns.

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios