Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis

Porty no Baio-Cordeiro no Platas Reinoso-Foto-Luis Gonzalez
Porty no Baio-Cordeiro no Platas Reinoso-Foto-Luís González
1ª Galicia: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis

O San Lorenzo sumou a súa 3ª vitoria en 3 partidos nesta andadura na 1ª Galicia. Fíxoo no terceiro derbi consecutivo neste comezo de curso da Esteirana, nun pequeno Alto do Ézaro do que sae con 3 puntiños.

O cadro de Verdillo comparte liderato con todo un Puebla, que demostrou en Ara Solis que pode ser un dos equipos que van estar arriba de todo. E no horizonte o Puebla-San Lorenzo da vindeira xornada.

Polo demais, primeira vitoria do Dumbría, e segunda derrota do Baio, que deixa aos dous equipos no vagón máis cheo da categoría, o dos 3 puntos.

San Lorenzo - Esteirana (2-0)

  • San Lorenzo: Dani Fedello, Iago, Andy, Juanjo, Raúl Añón, Iago López, Diego Varela, Canedo, Manu Guillamet, Jairo, Alex Taibo e Eloy Arantón. Tamén: Puyol, Raúl, Lucho, Moya, David Lorenzo, Brais Lado, e Alex Alonso.
  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Samuel, Tobío, Damián, Alex Rama, Adrián Louro, Kevin, Oli, Piki. Tamén Pachi, Kevin Rial, Pablo Rama, Alex Louro, Brais Noceda, Martín Rama e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.5: Juanjo; 2-0, m.65: Juanjo.

Partido moi disputado nas Pedreiras, que arrincaba con moito ritmo por parte local e cando apenas pasaran 5 minutos, nun saque de banda, Manu peitea para Juanjo, que marca un auténtico golazo de chilena.
Deulle algo de tranquilidade co balón o tanto aos de Dani Casal, pero a Esteirana seguía presionando ben e pouco a pouco foise facendo forte, tendo nese segundo treito do primeiro tempo varias ocasións para empatar, apretando moito nos últimos 5 minutos e mesmo vendo como lle anulaban un gol por fóra de xogo.

Na segunda, os locais intentaban levar o control do partido, pero os de Néstor facían dano con diagonais e buscando ás costas da defensa. Na outra área avisaba Diego e Eloy, e foi aos 30 minutos cando o goleador, o veterano Juanjo, o que remataba unha xogada colectiva tras unha deixada de tacón de Jairo.

Apartir de aí, os visitantes dan un paso adiante e deciden arriscar un pouco máis, permitindo algunha contra dos locais por medio de Jairo ou Juanjo.
Demasiado castigo para a Esteirana, considera un Néstor que si quere criticar a actitude arbitral, tras saír expulsado ao dicirlle ao remate do partido ao colexiado que “hai que aplicar o regulamento por igual”. Asñi e todo, o míster considera que hai que seguir “nesta liña de traballo”.

Baio - Cordeiro (0-1)

11 do Baio ante o Cordeiro-Foto-GUille Botas
11 do Baio ante o Cordeiro-Foto-GUille Botas
  • Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Aitor Vilas, Dani, Sergio, Pablo Díaz, Iván Rod., Diego Santancier, Bieito, Pazos, Guille Botas. Tamén: Iván Fraga, Palo Gavín, Bruno, Josiño, Rubén, Guille Eiroa, Sergio.
  • Gol: 0-1, m.72: Alex Magariños.

Oscar Santos pitando o Baio-Cordeiro

Partido igualado no Platas Reinoso, no que apenas unha xogada desafortunada a balón parado decantou o partido para o Cordeiro.
Primeira parte con iniciativa do Baio sen encontrar demasiada resistencia dun Cordeiro, que agardaba ben plantado no terreo de xogo. Poucas ocasións no primeiro tempo.
A segunda parte xa foi máis de ida e volta, pero sen chegadas claras por parte de ningun equipo, e só nunha falta lateral nos treito final decantou o choque para o cadro visitante.

Guille Botas no Baio-Cordeiro-Foto-Luis Gonzalez
Guille Botas no Baio-Cordeiro-Foto-Luís González
Baio-Cordeiro-Foto-Luis Gonzalez
Sergio no Baio-Cordeiro-Foto-Luís González

 

Fisterra - Puebla (0-2)

11 do Fisterra en Ara Solis Setembro 2023

  • Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Rubén, Lobelos, Jano, Luís, Juan Trillo, Isaac Fábregas, Adrián Makaay, Estévez. Tamén: Paulo, Javi, Mario, Coté, Adri Castro, Marcote e Moha.
  • Goles: 0-1, m.60: Colombia en propia; 0-2, m.83: Arturo.

Primeira derrota do Fisterra de Diego Lobelos. Foi o Puebla, que suma 3 de 3, o que demostrou unha imaxe que deixa entrever que vai volver estar na zona alta.
Non fixo bo partido o cadro fisterrán, e iso que empezaron ben e a piques estiveron de marcar moi pronto nunha boa ocasión de Estévez. Pouco a pouco o cadro da Barbanza foi collendo o dominio, creando moitas ocasións pero sin conseguir o gol.

No segundo tempo, seguía a misma tónica, e tiña que aparecer varias veces Joselu para manter vivo ao equipo. Nada puido facer tras un remate lateral que Colombia acaba golando na súa portería.

Co equipo arriba, e deixando moitos espacios, chegou o segundo e definitivo gol dos visitantes.

Estrada - Dumbría (1-2)

  • Dumbría: Anxo, Samu, Pablo Paz, Kanario, Miller, Lucas Toba, Mario, Baba, Dani Chao, Alex Sánchez e Xián. Tamén: Mataso, Carlos, Raúl, Alex Sendón, Alex Blanco e Antón.
  • Goles: 0-1, m.6: Lucas Toba; 0-3, m.38: Miller; 1-2, m.70: Manu Fuentes.

Partido estrano, de novo, para o Dumbría. Puido ir aos vestiarios con máis vantaxe o cadro de Pablo Conde tras unha boa primeira metade, na que o equipo costeiro aproveitaba as arriscadas saídas de balón dos locais, roubando fácil e tendo ocasións moi claras. Ademais do tempraneiro gol de Lucas Toba e do gol de Miller no treito final, os dumbrieses tiveron 3 mans a mans claras.

Pero no seundo tempo os locais saíron mellor, máis metidos en campo contrario, e malia que os dumbrieses tiveron boas contras para sentenciar, non estiveron atinados na toma de decisións, e o gol de Manu Fuentes a 20 do final deixou a incerteza presente ata o pitido final.

 

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios