Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Un hattrick en catorce minutos decide o partido da tempada!

Negreira - Volantes
Negreira - Volantes
1ª Galicia: Un hattrick en catorce minutos decide o partido da tempada!

Soneira 4 – 3 Mazaricos

Soneira: Javi; Brais Pereira (Darío, 85’), Alemán (Jano, 58’), Ángel (De la Sierra, 58’), Brais Mouzo; Agra, Figueiras, Diego Lois; Maki (Damián, 90’), Pichi e Javi (Fran, 89’).

Mazaricos: Iván Baña; Ríchar (Mario, 66’), Borja, Pose, Oscarín; Chumiko, Esteban Pereiro, Sandelo; Chapela, Chiki (Brais, 46’) e Adrián Molinos (Ferreiro, 78’).

Goles: 0-1, 6’: Sandelo / 0-2, 21’: Chapela, de penalti / 1-2, 48’: Brais Pereira / 1-3, 56’: Chapela / 2-3, 58’: Javi Souto / 3-3, 60’: Javi Souto / 4-3, 72’: Javi Souto.

Viviuse, quizais, o mellor partido do que vai de tempada no Municipal de Vimianzo este domingo entre Soneira e Mazaricos. Un encontro de tolos que resume ben ás claras o igualada que está este fermosa categoría. Ao partido saíu mellor o Soneira, pese a que o Mazaricos pronto colleu distancias grazas a dous contragolpes que lle poñían a tarde moi de cara, pois chegaron con esa vantaxe ao descanso.

Pero claro, ninguén se podía esperar o guión dunha segunda parte que no minuto 3’ xa rexistraba o primeiro dos locais tras unha boa xogada de Javi Souto e Brais Pereira. Non tardaría en responder o Mazaricos a través, novamente, de Chapela que aproveitaba un rexeite nunha falta lanzada por Sandelo, pero Javi Souto vestíase a indumentaria de protagonista e facía dous goles seguidos, o primeiro deles de calcaño. Calmouse co empate un pouco o encontro, aínda que o Soneira o buscaba máis. E así foi. Javi Souto, completaba o seu hat trick en catorce minutos para remontar o encontro e darlle unha gran vitoria aos vimianceses, que empatan a puntos cos amarelos.

Dumbría 3 – 1 Belvís

Dumbría: Jorge; Mataso; Pablo Paz, Kanario, Álex Sendón (Gusa, 80’); Brais Fernández (Lucas Toba, 72’), Baba, Xacobe; Darío (Yuyo, 80’), Mario e Alfredo (Matías, 67’).

Goles: 1-0, 22’: Pablo Paz / 2-0, 65’: Darío / 3-0, 70’: Xaco / 3-1, 84’: Cristian, de penalti.

Dumbría Belvís

Volve ao máis alto o Dumbría, que tras a derrota en Baio quería resarcirse cun triunfo convencible no Conco ante un dos equipos de abaixo. E vaia se o fixo. Os de Pablo Conde saíron moi serios dende o primeiro minuto e tiraron de estratexia para abrir un encontro no que o Belvís intentaba que pasara o menos posible. Pero nun córner, un centro de Brais rematábao moi ben Pablo Paz para abrir a lata e para manter a súa boa, como sorprendente, xeira goleadora.

Na segunda metade seguiu estando moi incomodo o Dumbría ante a férrea defensa visitante, pero apareceu Darío que, con seis goles, está a ser o xogador máis decisivo dos do Conco neste inicio de tempada. Unha xogada individual a remataba cun potente disparo dende fóra da área para facer o 2-0. E pouco despois xa chegaba a sentencia co tanto de Xaco, que aproveitaba un barullo na área visitante. Finalmente, un penalti de Jorge permitía ao Belvís facer o 3-1, aínda que xa non quedaba tempo para a remontada.

bdfd69e1-a577-480f-b7c9-5c1cb19d5e26

Corme 1 - 1 Baio

Corme: Suso (Illote, 90’); Jesús, Pandi, Aitor, Brais Torrado; Sueiro, Toniño, Lucas, Doldán (Pombo, 71’); Dieguito (Samu Costa, 65’) e Alejo.

Baio: Diego; Ceide, Iago, Álex Varela, Damián; Peke, Bieito, Braian; Rubio (Hugo, 81’), Porti e Paco Chousa.

Goles: 0-1, 38’: Paco / 1-1, 50’: Alejo, de penalti.

Como dicíamos na previa, esta fin de semana era a primeira de fútbol costeiro de verdade, coa chuvia e o vento sendo unha parte máis a preparar nos distintos plans de partido. E así se escenificou perfectamente en Corme, onde houbo unha parte para cada equipo, o que xogara co vento a favor. Así, comezou de cara para o Baio, que aproveitou un mal despexe da zaga local para que o incombustible Paco Chousa fixese o primeiro pouco antes do descanso.

Tras o paso por vestiarios, a necesidade de sumar e ter o vento a favor fixo que o Corme se fose arriba con todo, conseguindo varias ocasións dende o primeiro minuto ata o 50’, cando Alejo inauguraba a súa conta particular esta tempada dende os once metros. A partir de aí, moito balón dividido, moita intensidade, moito xogo en largo e varias ocasións. O Baio estrelou o balón no traveseiro nun córner e o Corme puido gañar o encontro nun man a man de Lucas no 87’, que Diego salvou cunha gran parada.

Ponteceso 0 – 1 Tordoia

Ponteceso: Benjamín; Isaac, Eloy Trigo, Moscoso, Luca (Raúl, 57’); Recarey, Dani Cotelo (Eloy Álvarez, 75’), Mendieta; Martín Puente, Charro (Eloy Santos, 84’) e Mara.

Goles: 0-1, 39’: Abel Torres.

Ponteceso - Tordoia

Presentábanse os locais no Pinguel con moitas baixas para un choque pasado por auga ante o Tordoia. Pero, aínda así, foron quen de entrar moi ben ao partido, controlando a posesión e construindo grandes xogadas colectivas dende abaixo. Non obstante, o Tordoia tamén presentou armas dende ben cedo e tería un par de ocasións que desbaratou Benji. Ata que, a piques de rematar a primeira parte, o ex pontecesán Abel Torres facía o definitivo 0-1.

Fóronse arriba tras o descanso os locais, logrando por fin abrir á defensa visitante e ter as primeiras chegadas perigosas. Mais o porteiro visitante non tivo moito traballo, unicamente por algúns disparos afastados. Mentres, o Tordoia sicrearía dúas xogadas á contra co Ponteceso volcado, pero Benji volvería estar moi acertado.

Negreira 6 – 0 Volantes

Volantes: Álex de Yi; Godo, David Pais, Kevin Lariño (Ismael, 70’), Oscarín; Miguel da Corocha, Pardelo, Pablo, Pesco, Mateo; Álex (Riki, 78’).

Goles: 1-0, 8’: Gonzalo / 2-0, 16’: Berto Rial / 3-0, 48’: Miller / 4-0, 60’: José Caamaño / 5-0, 71’: Julián / 6-0, 83’: José Caamaño.

Pouca historia tivo o partido xogado no Jesús García Calvo de Negreira. Os locais, que viñan de sufrir a súa primeira derrota en Mazaricos e quixeron resarcirse a costa dun Volantes que quedou fora do encontro a partir do 2-0.

O gol de Miller ós tres minutos da reanudación impediu calquera intento de rexurdimento por parte dos visitantes, que pouco a pouco se foron vindo a baixo nun partido no que pouco tiñan xa que facer.

Comentarios