venres. 06.12.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Soneira volve meterse na pomada

Soneira celebrando o segundo tanto en Negreira copia
O Soneira celebrando o segundo tanto en Negreira
1ª Galicia: O Soneira volve meterse na pomada

Xornada bastante positiva para os 5 equipos costeiros na 1ª. O Dumbría mantense líder a pesar de deixarse dous puntos no Conco ante o Unión, pero a inesperada derrota do Pino ante o Val do Ulla fai que aumente a distancia sobre o segundo. Ests dous resultados devolven ao Soneira á loita por todo, pois tras vencer, e convencer cun xodo espectacular, en Negreira, os de Pedro Gómez colócanse a só 2 puntos do liderato.

O Baio rompía unha serie de 6 partidos sen gañar e respira. E 6 son os partidos que leva o Mazaricos sen facelo; onte sumaba un punto pero tralo visto en Peña de Ouro a sensación é mala porque deberon ser 3 tralo visto sobre o céspede.

A novidade ten lugar en Muros. O Volantes vencía e fica a un punto dos postos de salvación, pero a directiva decidía destituír a Sil e ao seu equipo. Tocan agora 15 días de parón polo entroido que servirán para intentar cambiar o rumbo da nave laranxa.

 

Volantes - Praíña (1-0)

  • Volantes: Bugy, Amoedo, Jano, Chua, Parde, Rachón, Oli, Charles, Thiago, Rubén e Berto. Tamén: Caju, Godo, Abel e Ángel.
  • Gol: 1-0, m.10: Charles.

Volantes e Praina no Eleuterio-Foto-Adriana
Volantes e Praíña no Eleuterio-Foto-Adriana

Cambiou Sil, no seu último partido no banco, a formulación. E a fórmula dos 3 centrais sentoulle ben a un equipo que foi superior a todo un Praíña. Os locais roubaban moitos balóns na súa saída, creando numerosas contras e chegadas. Nunha delas Charles en boca de gol facía un 1-0 de cabeza ó principio do partido. Berto antes do descanso tería o segundo nun man a man.

Na segunda, continuaba a mesma tónica e outra vez Berto perdoaba. Oliver en boca de gol mandaba alto o balón e Rubén non chegaba por milímetros a empuxala noutra boa acción. Tamén Parde perdoaba un man a man. Todas ocasiósn do bando local pois os visitantes apenas chegaron á área de Bugy, salvo un balón entre liñas que colle descolocada á defensa, pero que marcha alto.

 Os Rochabillies de Bano a tope co Volantes-Foto-AdriO Volantes dedicando a vitoria a afeccion-Foto-Adri
O Volantes adicando á vitoria aos Rochabillies de Baño e a toda a afección laranxa-Fotos: Adriana

Dumbría - Unión (2-2)

11 do Dumbria ante o Union

  • Dumbría: Anxo, David, Mataso, Darío, Fandiño, Xacobe, Code, Kanario, Diego Cespón, Yuyo, Marcote. Tamén: Gusa, Mario Insua, Pablo Mouzo e Iago.
  • Goles: 0-1, m.20: de penalti; 1-1, m.66: Yuyo; 2-1, m.76: Marcote; 2-2, m.80.

Diego Cespon co capi do Union e o trio arbitral
Diego Cespon co capi do Unión e o trío arbitral

Escapáronselle dous puntos ao cadro dumbriés ante o Unión nun partido que tivo que remontar pero que puido ter sentenciado. Non foi mar partido a pesar de todo dos de Pablo Conde, que se viu por diante nunha xogada de mala fortuna na que un rebote acaba en mans dun xogador local, meténdose por diante de penalti is visitantes. A pesar de ter o vento en contra reaccionaron ben os dumbrieses, capaces de crear ocasións, pero o porteiro aparecía para sacarlle un balñon da escuadra a Darío. 

Na segunda parte saíron decididos os locais, e tiveron moitas ocasións, pero non era o día de cara a portería. Aínda así, foron capaces de remontar da man de Yuyo e Marcote, os dous homes gol. Pero faltando 15 min, nunha contra, nun erro colectivo os visitantes conseguían empatar o partido sen tempo a reaccionar.

 

Mazaricos - Esclavitud (1-1)

  • Mazaricos: Dani Fedello, Fabo (Raúl), Mario, Maroñas, Pose; Adrián (Piki), Borja, Barbeira (Yago Dosil), Kevin, Ricardo, Viturro.
  • Goles: 1-0, m.60: Chumiko de falta; 1-1, m.85.

Partido, unha vez máis, condicionado polo forte vento e chuvia reinante no Peña de Ouro. Os amarelos saíron co vento a favor, coas liñas moi avanzadas, metendo na súa área ao cadro visitante. Viturro e Kevin tiveron as mellores ocasións, pero non acertaron, e a piques de rematar a primeira metade, Maroñas tiraba a gol, e un defensa sácaa baixo paus, pedindo penalti os amarelos sen que, nin colexiado nin asistentes así o considerasen.

Tocaba remar cara atrás co vento en contra na segunda, e o equipo saía moi ben, roubando e mesmo chegando á área rival con dúas boas internadas de Barbeira. No único erro defensivo dos de Chicho, aparece Dani Fedello para salvar cunha man espectacular. O Mazaricos sentíase cómodo e estirouse un pouco, e aos poucos Raúl Chumiko cola pola escuadra unha falta o borde da área que lle fan a Viturro. Aí tiveron os locais ocasións para matar o partido, pero non estiveron finos cara gol, e acabaron pagándoo. No desconto, co partido esmorecendo, a defensa non consegue despexar ben un balón colgado e tras varios rexeites o balón acaba en gol, provocando que se escapen dous puntos, ante un rival directo, do Pino do Val.

 

Baio - Piloño (4-2)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Álex Varela, Braian, Norberto, Peke, Bieito, Porti, Manu Santiso e MC. Tamén: Julián, Carlos, Mario, Mohedano e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.5: Rubio; 1-1, m.38; 1-2, m.52; 2-2, m.66: MC; 3-2, m.82: MC de penalti; 4-2, m.90: Porty.

Partido peleón que sacou adiante o Baio volvendo degustar o sabor da vitoria 6 xornadas despoios. Comezaron os de Torreira moi metidos no partido, tendo o balón e chegando por fóra con perigo. Abrían pronto o marcador cun centro chut de Rubio que entrou pola escuadra do segundo pau. O Piloño avanzou liñas ca presión e provocou máis dificultades na saída de balón dos locais. Pasaban os minutos e conseguían empatar nun córner preto do descanso.

Na segunda, o Baio estaba moi cómodo, moi superior, reencontrándose co seu mellor xogo combinativo como facía tempo que non conseguían. Pero o Piloño metíase pronto por diante. Tocaba remontar, e con paciencia, e boas xogadas, foron chegando os goles. MC remataba un centro lateral de Braian para empatar. Seguía creando perigo o cadro baiés, e a 10 do final, unha pena máxima é botada por MC e á segunda (a primeira mandouna fóra pero houbo que repetir porque se adiantara o porteiro) puxo por diante aos baieses. E xa co tempo cumplido, á contra, Porty desfaise dun defensa e sentencia no man a man.

 

Negreira - Soneira (0-3)

  • Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, Agra, Leilán, Diego Lois, Pichi, De la Sierra, Richi, Sandelo, Mayor, Javi. Tamén: Róber Pladur, Álex Taibo, Vía Rápida e Basti.
  • Goles: 0-1, m.13: Richi; 0-2, m.52: De la Sierra; 0-3, m.90: Róber Pladur.

Recital de fútbol do Soneira no campo do Negreira, que mesmo acabou aplaudido pola afección local. O Soneira dominariía todo o encontro cun futbol moi vistoso, de toque e que puido acabar nunha goleada moito maior. Na primeira parte empezaría cunha boa ocasión de Leilán cun forte tiro de fora da área que o porteiro local manda cunha boa intervención a córner. Pero nunha boa xogada colectiva do Soneira, Leilán de primeiras poñe un preciso centro para que Richi empuxe a gol. O Soneira seguiría buscando o segundo e tivo varias ocasións clarisimas de gol. Primeiro Sandelo dispara dentro da área e o defensa salva coa man o gol no que era un claro penalti e o árbitro non ve, e o rexeite caeríalle en primeira instancia a Richi na área pequena e o porteiro responde cun paradón a bocaxarro e despois Agra con todo a favor dispara pero o o defensa saca na liña de gol. O Soneira tería unha inmellorable ocasión cunha fermosa xogada na que Javi deixa a Richi só para empurrar e incomprensiblemente faille unha deixada a Pichi para que marque gol pero meteselle o balón encima e non é quen de empuxar a gol. Xusto antes do descanso Leilan tamén tería o segundo pero o seu zapatazo encontra unha parada de moito mérito do meta local.

Na segunda parte, máis do mismo. Pichi tería unha boa ocasión e cando parecía que ía ser gol o defensa visitante tapona o tiro e vaise fóra por pouco. De La Sierra estaría a punto de facer un golazo cun voleón que se vai rozando a escuadra, pero noutra moi boa xogada De la Sierra recolle un balón na frontal da área para marcar o segundo. A partir de aí total dominio soneirán que se gustaba moito e froito deso unha boa contra Vía poñe un bonito centro para que Róber Pladúr púxese o definitivo 0-3.

   

Todas as crónicas de 1ª Galicia.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios