2ª FUTGAL: A ritmo da Hypertensión

Imaxe do Porteño e Ponteceso no Pinguel-Foto-Parker

Como pasou esta xornada na Liga Hypermotion, o líder, Malpica, que viña de quitarlle o liderato ao San Lorenzo nun duelo directo, perdeu co pechacancelas, Mazaricos, o que dá perfecta conta do bonita que está a Liga da Costa. Aproveitou o San Lorenzo o tropezo do cadro malpicán en Peña de Ouro e superou ao Outes para colocarse de novo líder, unha semana despois de que o propio Malpica arrebatase o liderato ao cadro carballés no duelo directo de Pedra Queimada.

Por detrás mantense o Xallas, que con idas e vidas segue aí, cada vez máis preto. Sitúase agora 4º o Ponteceso, tras vencer a todo un aspirante como é o Porteño, no Pingueil. Outro dos que fallou foi o Baio, na visita do Cabana, que despois de comezar fatal, está xa a só 3 puntos dos baieses.

Por abaixo, a cousa segue fervendo con 5 equipos en 2 puntos, pero é que ata o Porteño, na 6ª posición apenas ten 8 puntos de diferencia co pechacancelas. A Liga tamén se resume no derbi soneirán, ao que chegaban o Soneira tras 3 partidos sen perder e o Zas tras 3 partidos sen perder, e que acabou levando o cadro zaseiro con remontada incluída.

Xallas - Corcubión (3-1)

  • Xallas: Iván Couto, Elvis, Garcia, Makareno, Peke, Yago Facal, Dani Barbeira, Doro, Bryan, Rubén Blanco, Sergio Barbeira. Tamén: Iker, Martín, Rubén Sande, Pablo Landeira e Adrián Couto.
  • Corcubión: Bruno, Isaac, Andrés, Juan Castreje, Goche, Borja, Antón, Alex Díaz, Luís Lojo, Iago Lema, César Lojo. Tamén: Rama, Nando, Iker, Samu Trillo, Mario.
  • Goles: 1-0, m.37: Sergio Barbeira; 2-0, m.60: Bryan de penalti; 3-0, m.85: Bryan; 3-1, m.87: Isaac.

Partido vivo en Fontenla xogado na tarde do sábado, con polémica. O Xallas comezaba mandando ben, co dominio de balón, cunha saída limpa e combinativa dende atrás. Había chegadas nas dúas áreas, cun cadro local algo máis entonado que abría o marcador nunha boa xogada combinativa na que o Corcubión pedía fóra de xogo. Protestaron tamén os visitantes unha posible agresión a Peke que remata con doble cartón amarelo para o xalleiro e para o corcubionés Goche.

Comezaba a segunda metade co Xallas dominando o xogo, e o Corcubión protestando unha posible tarxeta vermella un xogador local por unha entrada á cabeza de novo a Goche, que tio que saír do campo mareado. As protestas dos visitantes aínda aumetaron cando o colexiado pitou un penalti que consideraban fóra da área, co que o Xallas se metía 2-0 e practicamente sentenciaba o choque.

Calmouse a cousa pero co arreón final dos visitantes, o Xallas facía o terceiro e o Corcubión recurtaría.

Sofán B - Corme (2-2)

  • Sofán B: Diego Rama, Samu, Marcial, Iván, Mateo, Asier, Rubén, Nacho, Dani Calvete, Borja Viaño, Adrián Vázquez. Tamén: Darío Pena, Christian, Nachete, David De Jesús, Isma Ramos.
  • Corme: Adrián Suárez, Rubçen, Aitor, Álvaro, Senén, Brais Pailos, Borja Torrado, Lucas, Teo, Isra e Samu Costa. Tamén: Quique, Hugo Paredes, Iván, Xoel e Joshua.
  • Goles: 1-0, m.15: Dani Calvete tras un centro lateral; 1-1, m.42: Borja Torrado; 2-1 m.44: Iván Fdez.; 2-2, m.80: Lucas de penalti.

Partido con dúas partes diferenciadas. Comezaba o cadro de Zalo senso superior ante un Corme deaparecido, que se vía superado en intensidade e xogo. Xeraban ocasións e pronto Dani Calvete remataba un centro lateral para abrir o marcador. Tivo aí varias ocasións o cadro local, erpo nunha contra Borja Torrado empataba o choque, se ben antes do descanso, un erro permitía a Iván poñer o 2-1 no marcador.

Cambiou o conto na segunda, cun Corme de Ángel máis intenso, apretando máis, e convertindo o choque nin ida e volta. Tivo ocasións para sentenciar o cadro local, pero Lucas nun penalti tonto sobre Isra facía o 2-2. Quedaban 10 minutos e o partido puido caer dos dous lados, tendo Lucas un gol anulado, e unha o cadro local que desbaratou Quique.

Monte Louro - Muros (1-1)

  • Monte Louro: Pedro, Héctor, Miguel Verán, Rodri, Pablo, Pais, Abel, Xián, Íker, Manu de Yi e Javi: Tamén: Martín, Manolo Chouza, Fabio, David Lestón e Luismi.
11 do CD Muros en Louro
  • Muros: Aitor, Benji, Quin, Oscar Ferreiros, Jesús, Ramón, Alon, Alex, Quin, Tajes, Juan oVello e Dani Jurjo. Tamén: David Lestón, Marfcos, Angel e Je.
  • Goles: 0-1, m.24: Dani Jurjo; 1-1, m.80: Iker de falta.

Partido soso, con pouco ritmo e intensidade, sen ocasións e con máis medo a perder que outra cousa, nada que ver con outros anos onde había ilusión por gañar a un dos eternos rivais. Os muradáns chegaban con moitas baixas, e así e todo, comezaba dominando o balón. Dani abría o marcador para os de Joaquín Quintáns nunha xogada individual. Na área contraria Xián mandaba un remata ao longueiro.

Na segunda, os de Bibi estiráronse algo máis, metendo atrás aos morados con balóns directos, e conseguindo o empate, a 10 final nunha falta. Xa no desconto tivo unha Ramón noutra acción a balón parado pero o balón foi fóra.

Mazaricos - Malpica (2-0)

  • Mazaricos: Ángel, Luís Mayán, Borja, Chumiko, Sergio, Raúl, Álvaro, David, Marcos, Steven, Kevin. Tamén: Samuel Lema, Yeray, Yago Dosil, Marito, Xoel.
  • Malpica: Joel, Saúl, Anxo, Pablo, Damián, Garci, Cristian, Aday, Chhicha, Saydou, Luís. Tamén Camilo, Fran, Raúl e Alberto Hombre
  • Goles: 1-0, m.24: Raúl; 2-0, m.49: Álvaro.

Como está de bonita a Liga da Costa. Chegaba o líder ao campo do pechacancelas, e marcha con derrota. Foi ademais o primeiro partido no que o Mazaricos deixaba a porta a cero, sabendo sufrir e defender nun treito final no que o Malpica se envorcou sobre a súa área.

O choque comezaba tenso, frío coma o tempo, sen ocasións, nunha primeira metade na que os de Raúl Periscal se adiantaban nunha chegada tras varios rebotes.

Os de David Baña estirábanse na segunda, pero nun córner mal defendido, Álvaro fai o segundo para os locais. Comezou o asedio visitante, pero os amarelos, desta, si souberon sufrir, ter boas sensacións e unha pizca de sorte, nun balón no longueiro e nun balón sacado baixo paus pola defensa.

San Lorenzo - Outes (2-0)

  • San Lorenzo: Javi Souto, Kuki, Campos, Iago, Hugo Rey, Pape, Hugo Pensado, Alex Vázque, Hugo Penedo, Alex Taibo e Marcos Corral. Tamén: Mario, Lozano, Hugo Canedo, Javi Pérez e Yago.
  • Outes: Dani, Claudino, Stefan, Martín, Sanchiño, Xabi Romarís, Adrián Caamaño, Eloy Lado, Alberto, Keko. Tamén: Paullo, Rubén, Carlos e Orodea.
  • Goles: 1-0, m.56: Kuki; 2-0, m.74: Alex Taibo de falta.

O San Lorenzo sumou tres puntos importantes fronte ao Outes nun encontro complicado polas condicións meteorolóxicas, especialmente polo vento e polo estado do céspede, que condicionou o xogo de ambos equipos. A primeira metade foi aberta, con ocasións para os dous conxuntos, pero sen acerto de cara a portería, chegándose ao descanso co 0-0 no marcador. Tivo o Outes uns bos primeiros minutos e despois acabou

Na segunda parte, o SanLo saíu apretando con balóns directos, e soubo aproveitar os seus momentos. Kuki abriu o marcador cun auténtico xogadón individual. Pouco despois, Taibo puxo o 2-0 definitivo cun golazo de falta, que sentenciou o encontro.

Máis alá do resultado, tamén foi unha xornada especial no cadro carballés pola presenza de tres xuvenís na convocatoria. Hugo Pensado e Mele, que xa contaran con minutos noutros partidos, foron titulares, mentres que Yago Rey viviu o seu debut co primeiro equipo.

Baio - Cabana (1-2)

11 do CD Baio en San Andrés
  • Baio: Rodri, Bruno, Norberto, Pazos, Pastoriza, Pablo Gabin, Manu Vila, Alex Muíño, Josiño, Chechi, e Cheti. Tamén: Julián, Pablo Rod., Fernando, Damián Zas, Miguel.
  • Cabana: Manu Nantón, Aarón Casas, Alex Costa, Noé Souto, Ferreiro, Fernando Migueliño, Simón, Brais Fontenla, Xabi Parga, Julián. Tamén: Diego, Noe Eiroa, Blas, Diego Castro, Pablo Pose.
  • Goles: 0-1, m.7: Brais Fontenla; 1-1, m.44: Cheti tras unha boa bicicleta e chut ao pau curto; 1-2, m.92: Brais Fontenla.

Partido tenso, a pesar do frío e do vento. O Baio, co vento a favor, foi superior na primeira metade, pero era o Cabana o que se adiantaba nunha boa xogada entre Xabi e Migueliño que rematou Brais con algo de sorte. O cadro de Lobelos estaba xogando ben, dominando o xogo, e tendo moitas ocasións, como unha xogada entre Bruno, Pazos, Cheti e que falla Chechi, ou dous pases atrás de Álex que non atopan rematador. Si que ao final da primeira metade, Cheti empata o partido.

Cambiaron a conta na segunda, cando o Óscar Mingui, co vento a favor, subiu a liña de presión, conseguindo apretando con boas xogadas de Migueliño, e tamén de Pablo, Aarón e Brais, e moito balón parado. Tivo tamén Castro un cabezazo que salvou Rodri, que fixo unha gran segunda metade. E cando o partido xa parecía encamiñado ao empate, nun córner, Brais mandou o balón ao fondo das mallas dando o triunfo ao cadro cabanés.

O Cabana tras vencer ao CD Baio

Ponteceso - Porteño (2-1)

11 do SD Ponteceso no Pinguel. Foto: SD
  • Ponteceso: Darío, Cotelo, Luca, Pedro, Adrián Pose, Oscar Moscoso, Alberto Rewcarey, Eloy, Mendieta, Neira. Tamén: Damián, Adrián Ures, Juan Rey, Rama, Iván Rod.
11 do Porteño no Pinguel-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Rodrigo, Brais Mouzo, Iván, Álvaro, Darío, Sandelo, Gabri, Martín, Bruno e Yuyo. Tamén: Pejo, Alan, Pablo, Carrabete.
  • Goles: 1-0, m.48: en propia nunha xogada a balón parado; 1-1, m.58: Martín; 2-1, m.70: Iván Rey nun córner.
Mendieta e Mariolo co arbitro Oscar Rey Sánchez. Foto: Parker

Enfrontábanse nesta xornada dominical dous equipos igualados a puntos e con grandes aspiracións no campionato ligueiro no “clñasico das Pontes”. O partido empezaba cun ritmo sorprendentemente lento, cun Porteño que deixaba propoñer e un Ponteceso que non encontraba nin certeza nin exactitude no seu xogo. A primera acción clara do partido estivo nas botas de Neira, que nun rexeite da defensa quedaría man a man co porteiro, malogrando a oportunidade ante o achique de Mariolo, mandando o balón inexplicablemente por enriba do pau longueiro. Pouco despois, nunha falta botada por Recarey, Rodrigo Miñones despexaba infructuosamente ao fondo da súa propia portería, adiantándose o Ponteceso sen tirar un tiro entre os tres paus. Tamén tiveron as súas ocasións o Porteño, cun incisivo Bruno, con Yuyo, con Darío… e cunha boa parada de Darío nunha internada lateral; chegaba pois o descanso mandando os do río Anllóns. No segundo embite, os do río do Porto apretaron co vento a favor ante a falta de puntería do Ponteceso, os balóns as espaldas facían dano a defesa local, xerando así no minuto 57 o primeiro gol camariñán nun pase filtrado (moi protestado por fóra de xogo) remachado por Martin para igualalo partido. Os momentos posteriores foron de tensión e intensidade por ambos sectores: tendo unha clarísima o Porteño noutro man a man. Sería o cambio de Iván Rodríguez o factor clave do encontro: nun córner moi protestado polos visitantes que pedían saque de banda para eles, o central con rémoras de dianteiro encontrouse o balón franco, marcando o gol da vitoria. Porén, o Porteño vendiu cara a súa pel e asediou durante os seguintes vintecinco minutos a meta defendida espléndidamente con Darío, quen se facía grande no balón parado antes as torres de Ponte do Porto.

Este fermoso partido que gañou o Ponteceso máis por efectividade que por xogo sérvelle para meterse "na pomada", mentres que o Porteño (acusado de baixas por sanción) buscará redimirse contra o Monte Louro na Grixa.

Soneira - Zas (2-3)

  • Soneira: Pity, Maikol, Adrián Canosa, Héctor, Sergio, Brais Pereira, Cachi, Pichi, Richi, Oreiro e Vía. Tamén: Dono, Nico, Xavi, Jose Antonio, Jesús.
11 do Sporting Zas en Vimianzo. Foto: SP.
  • Zas: Guille, Anxo, Moha, Adri Rama, Estefan, Fran, Alvaro Fari, Redondo, Juan Toruiñán, Ronny e Salah. Tamén: Pereiras, Adrián, Martín Novo e Iago.
  • Goles: 1-0, m.50: Pichi; 2-0, m.58: Héctor nun córner; 2-1, m.66: Adri Rama; 2-2, m.79: Redondo; 2-3, m.83: Redondo.

Partido entre dous equipos necesitados de puntos e coa clasificación moi condicionada polos posibles arrastres da Primeira, nun contexto de máxima urxencia competitiva. A primeira metade comezou cos dous equipos ben posicionados. O cadro local de Josiño Abelenda atopouse algo máis cómodo neste inicio, acumulando maior presenza na área defendida por Guille. Os locais tiveron as ocasións máis claras da primeira parte, cun disparo de Vía tras a saída dun córner e outra acción perigosa nunha transición rápida conducida por Richi. Os de Pereiro e Forján, pola súa banda, trataban de responder con orde, pero sen conseguir finalizar con claridade.

Trala volta dos vestiarios, o partido mudou por completo, rompéndose. O primeiro golpe deuno o Soneira que aos cinco minutos se adiantou no marcador cunha boa xogada por banda que rematou dentro da área pequena por medio de Pichi.

Pouco despois, ao cuarto de hora da segunda, o encontro quedou condicionado pola expulsión de Richi, por protestar, ao igual que o adestrador local. Neser mesmo córner, o Soneira ampliou a vantaxe ao rematar un córner no segundo pau, poñendo o 2-0 no marcador.

Lonxe de renderse, o Sporting Zas volveu demostrar carácter, como xa fixera a semana anterior na Copa, e non baixou os brazos en ningún momento. O premio chegou nun saque de esquina lanzado por Adrián Rama, no que o vento xogou ao seu favor para sorprender ao porteiro local e recortar diferenzas. Ese gol deu folgos ao Zas, que co home de máis e co vento a favor deu un paso adiante decidido. O equipo empurrou con determinación ante un Soneira que se aferraba á vitoria, pero, en dúas accións case idénticas, conseguiu primeiro o empate (2-2) e pouco despois o 2-3 a través de Redondo que culminaba unha remontada nunha segunda metade chea de emocións.

Despois dunha ocasión de Juan, o Soneira apretou nos minutos finais tentando achicar espazos e buscar o empate máis por empuxe que por xogo, pero o Sporting Zas soubo defenderse con orde para pechar o triunfo.

 

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información