2ª Galicia: Aprétase a liga por riba e por baixo
A Liga da Costa volve a apretarse tanto por riba como por baixo logo dos resultados dados nesta vixésimo quinta xornada na que o Cee deu a sorpresa ao vencer ao líder Mazaricos, resultado que non desaproveitaría un Corme que logo de superar in extremis ao Lira, ponse a tiro de tres puntos da primeira praza.
O Volantes de Baño volveu á senda da vitoria ante o San Lorenzo e aférrase a loitar polo ascenso ata o final de liga ao igual que un Ponteceso e un Muxía que seguen ao asexo logo de derrotar ao Cerqueda e ao Ameixenda, respectivamente.
Mentres tanto, o Baíñas recupera a sexta posición logo do pinchazo dos cerquedáns e de superar pola mínima nun partido frenético a un Sporting Zas que segue en serios apuros
Pola súa banda, o Muros logrou a vitoria no derbi muradán ante o Monte Louro e colle un pequeno colchón de puntos con respecto aos postos de perigo.
Por último, no outro derbi da xornada, Malpica e Buño empataron a un gol e continúan nunha situación similar á que estaban antes de disputar este partido.
Ponteceso SD 1 – 0 UD Cerqueda
Ponteceso SD: Damián, Luca (Charro m.71), Eloy Trigo, Matías, Ismail, Mendieta, Dani Cotelo, Alberto Recarey (Adrián Pose m.87), Puente (Mouhssin m.81), Nando e Iván Rodríguez.
UD Cerqueda: Diego Dourado, Marcos Pensado (Julián m.84), Javi Souto, Javi Pazos, Gonzalo (David Dourado m.52), Dieguito, Lorenzo (Martín Añón m.84), Ceide (Cholo m.71), Méndez, Dani, Molinos (Martín Castro m.65).
Gol: 1-0 m.39: Luca.
Expulsións: O local Dani Cotelo no 91 e o visitante Javi Souto no 92.
Bo partido o que se viviu no Pinguel e no que ambos equipos non defraudaron aos espectadores. O Ponteceso trataría de facer o seu característico fútbol de toque e o Cerqueda agardando a roubar para saír con velocidade pero ningún dos dous equipos inquedaría en exceso a portería rival.
Aínda que ao fío do descanso, Luca adiantaría aos pontecesáns e faría o 1-0 que acabaría resultando definitivo.
Na segunda metade, o Cerqueda saíu moito máis metido e crearía perigo en varias internadas perigosas de Dieguito que se quedarían en nada. Pola súa banda, o Ponteceso tamén tería as súas opcións pero atoparíase con Diego Dourado.
Chegando ao final do encontro, o colexiado anularíalle un gol ao Cerqueda por fóra de xogo e expulsaría a un xogador de ambos bandos, polo que o marcador non se movería e os tres puntos quedarían no Pinguel.
UD Monte Louro 0 – 2 CD Muros
UD Monte Louro: Iago, Miguel, Abel (Pedro m.58), Pablo, Borja, Yeray (Adrián m.46), Raúl (Dani de Sahorta m.58), Dani Corniños, Ivi, Juan de Celia, Pesko (Geiko m.58).
CD Muros: Xandre, Varo (Xavi m.55), Juanchy, Berni, Dani, Xaco (Iván m.76), Ramón (Gabri m.88), Kiko (Pedro m.62), Saúl, Yanky (Suso Pata m.71) e Adán.
Goles: 0-1 m.30: Yanky; 0-2 m.52: Kiko.
O Muros entrou mellor ao encontro e estivo máis cómodo sobre o Agra de Filgueira de principio a fin ante un Monte Louro que se viu superado pola presión que conlevaba este derbi muradán de cara aos seus intereses.
Os visitantes adiantaríanse cun libre directo de Yanky e incluso puideron facer o 0-2 nun penalti que detería Iago.
Na reanudación, os de Óscar Leis sairían máis enchufados pero Kiko faría o segundo aos sete minutos desta segunda metade e co 0-2 chegaríase ao fin dun derbi muradán no que os loureáns seguirían intentándoo sen premio.
Corme CF 3 – 1 CF Lira
Corme CF: Suso, Jesús, Sueiro, Eloy, Manu Bermúdez (Javi Bermúdez m.93), Adrián Doldán, Alejo, Lucas, Brais Andrade (Samuel m.66), Alejandro, Javi Peón (Brais Torrado m.50).
CF Lira: Baitir, Óscar, Borja Santos, Rodrigo, Óliver (Porto m.87), Mamadou, Cristian Caamaño (Edu m.74), Borja Bouzón, Raúl, Josiño e Toni.
Goles: 0-1 m.54: Toni (p); 1-1 m.85: Adrián Doldán; 2-1 m.88: Manu Bermúdez; 3-1 m.91: Alejo.
Expulsión: O liracho Borja Santos no minuto 82.
Primeira metade sen claro dominador e sen apenas ocasións de gol, polo que o marcador non se movería.
No segundo tempo, Toni adiantaría aos visitantes cun gol de penalti e o seu equipo quedaría con dez xogadores despois de que Borja Santos vise o segundo cartón amarelo no minuto 82, momento tralo cal reaccionarían os locais para darlle a volta ao partido cos goles de Adrián Doldán, Manu Bermúdez e Alejo para lograr unha importantísima vitoria que lle permite achegarse a un Mazaricos que caería pola mínima ante o Cee.
Muxía CF 4 – 0 SD Ameixenda
Muxía CF: Hugo, Brais (Gerardo m.55), Pereira, Toja, Víctor Alcaina (Isma Pose m.58), Julián, Manu Nogueira (Reigía m.68), Maikel, Mario, Tomás e Mauro.
SD Ameixenda: Rubén, Kamacho, Samuel, Cristian (Bicho m.62), Mataso (Pablo m.63), Castrexe, Po (Joaquín m.51), Dany Añón (Gabi m.51), Susiño, Tomás e Javichu.
Goles: 1-0 m.8: Maikel; 2-0 m.31: Toja; 3-0 m.45: Manu Nogueira; 4-0 m.47: Brais.
Partido con pouca historia o disputado en Arliña, xa que o Muxía fíxose co dominio do xogo moi cedo e aos oito minutos, logo dun balón rexeitado por Rubén nun saque de córner, Maikel marcaba o 1-0 de volea dende o borde da área grande.
O ritmo non estaba a ser excesivamente alto, en parte motivado pola calor e ao Muxía chegáballe coa calidade individual dos seus xogadores para achegarse con certo perigo á portería de Rubén. Así, no minuto 31, unha internada pola esquerda con centro dende a liña de fondo era rematado por Toja sen que Rubén puidese facer nada.
Parecía que ese sería o resultado ao descanso, pero Manu Nogueira aproveitou un erro da defensa do Ameixenda para poñer o 3-0 no minuto 45.
Cando só se levaban dous minutos de xogo do segundo tempo, Brais marcaba o 4-0 dende dentro da área pequena e deixaba o partido totalmente finiquitado.
A partires de aí, o Muxía baixou o ritmo e o Ameixenda aproveitou iso para achegarse con certo perigo á portería de Hugo, tendo tres ou catro boas ocasións de gol. Tamén o Muxía dispuxo de algunhas, como un remate ao longueiro por exemplo, pero xa non habería máis goles.
CD Baíñas 4 – 3 Sporting Zas
CD Baíñas: Jacobo, Rodri, Ramón, Luis, Cristian Canosa (Esteban Rodríguez m.75), Esteban Canosa, Pablo Muíño, Felipe (Canay m.61), Javi (Oreiro m.81), Cristian e Toño.
Sporting Zas: Adrián Vázquez (Pereiras m.80), Josito, Rubio, Dani Mato (Abel m.44), Brais, Adrián Ramos (Lody m.83), Miguel (Pablo Vidal m.60), Fabi, Juan, Santi (Tefy m.80) e Carra.
Goles: 0-1 m.3: Santi; 1-1 m.8: Pablo Muíño; 2-1 m.50: Javi; 3-1 m.52: Pablo Muíño; 4-1 m.63: Luis; 4-2 m.83: Rubio; 4-3 m.94: Josito.
O encontro comezaría moi ben para un Sporting Zas que se adiantaría aos tres minutos cun gol de Santi, ao que non tardaría en responder Pablo Muíño para facer o empate.
A igualdade foi a tónica predominante dunha primeira metade na que o dianteiro do Baíñas foi un auténtico quebradeiro de cabeza á espalda da liña defensiva zasense.
Na reanudación, os locais sairían a por todas e poñeríanse cunha vantaxe de tres goles despois de que Javi, Pablo Muíño e Luis lograsen superar a Vázquez.
Pero nese momento, o Sporting Zas daría un paso á fronte para pechar ao Baíñas na súa área e lograr recurtar diferenzas ata o definitivo 4-3, grazas aos goles de Rubio no minuto 83 e de Josito no 94, polo que a vitoria se quedaría en terras vimiancesas.
UC Cee 1 – 0 Mazaricos CF
UC Cee: Anxo, Brais (Rafa m.60), Jorge, Aitor, Carlos Leis, Esteban, Patera, Martín, Chema, Luis Lojo (Fran m.78) e Leo.
Mazaricos CF: Rubén Santos, Cutu, Borja, Amoedo (Chiki m.75), Carreira (Barbeira m.25), Ricardo, Piki, Estéfano, Roberto, Pereiro (Thiago m.78), Yago Dosil (Martín m.86).
Gol: 1-0 m.61: Rafa.
O Mazaricos non estivo cómodo sobre o céspede artificial do Sampaio dos Refoxos ante un Cee que precisaba sumar de tres en tres para tratar de saír da difícil situación na que se atopa. O equipo ceense tivo a mellor ocasión da primeira metade pero o longueiro privaría do gol aos da vila da Xunqueira.
Na segunda metade, os visitantes darían un paso á fronte pero Estéfano non lograría materializar a ocasión coa que contou e verían como unha contra que foi cortada por un providencial Cutu a un córner que daría orixe ao gol olímpico de Rafa, o cal lle acabaría dando a vitoria aos ceenses.
Tras isto, o Mazaricos buscaría sacar algo positivo pero non era o seu día de cara a gol e así se demostraría nas ocasións que Estéfano, Piki e sobre todo, na última e máis clara de todas na que Anxo lle gañaría a partida a Borja e a Martín, polo que os tres puntos se quedarían en terras ceenses.
Buño SCD 1 – 1 SCD Malpica
Buño SCD: Brais, David, Jorge Calvete, Petís, Fran, Moha, Álex (Rubén m.77), Alberto (Cristian m.65), Pablo, Mara e Juan.
SCD Malpica: Eusebio (Lamas m.46), Jorge (Brais Ceán m.59), Andy, Fuentes, Villar, Capelán, Aitor (Dimitri m.84), Laik (José Ángel m.74), Martín (David López m.86), Gonzalo e Mante.
Gol: 0-1 m.27: Mante; 1-1 m.29: Moha.
Empate xusto en Xaviña no derbi de urxencias que deixa aos dous equipos aínda con moitas precaucións coa zona de descenso.
Volantes de Baño FC 4 – 2 SD San Lorenzo
Volantes de Baño FC: Marcos, Dani (Miguel m.46), Juan do Sivil, Mou (Iván m.46), Vituco (Rapante m.66), Pardelo (Raúl m.46), Santi, Pesco, Berto (Tiko m.85), Rachón e Jano.
SD San Lorenzo: Juanjo, Fidalgo, Luciano, Kuki (Fuentefría m.55), Jose, Álex Fernández (Rudi m.60), Brais, Pablo Garrido (Alberto m.68), Yago (Styven m.66), David Lorenzo (Diego m.52) e Pablo Díaz.
Gol: 0-1 m.2: Kuki; 0-2 m.13: Brais; 1-2 m.22: Santi; 2-2 m.31: Pesco; 3-2 m.36: Berto; 4-2 m.82: Berto.
O partido tiña un comezo fulgurante no que o San Lorenzo se adiantaba grazas a un gol de Kuki aos dous minutos do pitido inicial e no que o pau evitaría que unha falta de Pesco significase o empate.
E logo desta acción, Brais aproveitaría un erro defensivo dos bañeses para facer o 0-2 e poñer as cousas moi favorables para os seus.
Pero nestes momentos de dificultade, o Volantes de Baño reaccionaría e iría a por todas, conseguindo a remontada cando aínda faltaban varios minutos para chegar ao descanso e faríano grazas aos goles de Santi, Pesco e Berto.
Na reanudación, os verdilleses intentaríano pero os homes de Sil mostraríanse moi seguros en defensa e non darían opción ao rival. O pau volvería a cruzarse no camiño de Pesco en dúas ocasión e o definitivo 4-2 non chegaría ata o minuto 82, momento no que Berto superaría a un Juanjo que tivo que actuar como porteiro na tarde de onte.