Domingo. 28.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Comezou unha nova e trepidante Liga da Costa

Alejo e David Castro no Ponteceso-Corme-Foto-Fin Le,a
Alejo e David Castro no Ponteceso-Corme-Foto-Fin Lema
2ª Galicia: Comezou unha nova e trepidante Liga da Costa

Volveu rodar o balón na esperada Liga da Costa. Bos partidos, moitos goles e unha campaña que promete igualdade máxima, e na que non se irán vendo os grandes favoritos ata máis adiante.

O foco de atención estaba no derbi entre Ponteceso e Corme, que rematou cunhas case obrigadas táboas.

Muros - Coristanco (2-3)

11 do CD Muros
11 do CD Muros
  • Muros: Álvaro Ginki, Javi Pelos, Gesto, Xaco, Xavi; Varo, Alon, Dani, Ángel, Martín, Quin. Tamén: Flavio, Manu Tajes, Alex, Púgil e Xoel.Coristanco: Rubén, Joni, Sergio, Kevin, Loureiro, Nico Abelenda, Chechu, Raúl, Damián, Pazos, Casti. Tamén: Juan Lagoa, Álex, David LP, R, Dani Vázquez.
  • Goles: 0-1, m.20: Raúl Varela; 1-1, m.23: Xavi; 2-1, m.31: Pelos; 2-2, m.43: Loureiro; 2-3, m.46: Juan Lagoa.

Partido disputado na tarde sabatina no Eleuterio Balayo, con dous equipos moi parellos. Comezaba firme o Muros de Ángel pero pronto o Coristanco de Cali apretaba e comezaba a chegar á meta local, cun balón ao longueiro, un par de remates e o tanto de Raúl. O Muros, de menos a máis, intentaba roubarlle o balón a un Coristanco máis dominador, e pouco a pouco ían roubando e saíndo rápido arriba, conseguindo o empate nunha boa xogada e boa finalización de Xavi, e mesmo meténdose por diante cun remate do capi Pelos á saída dun córner.
Pero antes do descanso os verdes conseguían empatar a contenda, e nada máis saír dos vestarios, Juan Lagoa (que substituíra a Nico Abelanda no treito final da primeira metade) mete de novo aos de Cali por diante.

Tardou pero reaccionou o Muros, cun xogo máis directo metendo balóns arriba e facendo sufrir a un Coristanco sen grandes torres en defensa. O partido estaba moi físico e trabado e se os balóns colgados metían medo na meta de Rubén, Casti e Alex tiveron un par de contras que tivo que sacar Ginki para manter o partido vivo ata o pitido final.

Cee - Volantes (2-4)

  • Cee: Yago, Julio, Isma, Munitis, Josiño, Oreiro, Anxo, Pazos, Bruno, Eze e Champi. Tamén: Isaías, Noe, Bujeiro e Álex.
  • Volantes: Alex de Yi, Adrián Cerbán, Isma Mayo, Jose Barreiro, Priegue, Miguel, Manu Garcñia, Adri Abeirón, Javi Romero, Antonio, Manu de Yi. Tamén: Bruno, Eloi e Manu Rama.
  • Goles: 1-0, m.3: Bruno 1-1, m.14: Adri Abeijón; 1-2, m.38: Manu de Yi; 2.2, m.40: Eze; 3-2, m.50: Josiño; 4-2, m.90: Eze.
11 do Volantes en Cee
11 do Volantes en Cee

O outro partido adiantado ao sábado comezaba cun remate a gol de Bruno tras centro de Julio. Reaccionaba o cadro de Gus, que se posicionaba ben no campo, e pouco a pouco ía envorcando o partido cara a meta de Yago, e pronto empataba Adri Abeijón. Preto do descanso Manu Yi aproveitaba un rexeite para facer o segundo, pero antes do descanso, un fermoso tiro de Eze coa zurda dende a frontal colábase pola escuadra para asinar o empate antes do descanso.

Comezaba a segunda co tanto de Josiño, que marcaba coa axuda dun defensa nun rexeite, e co balón chorando. O cadro neriamarelo intetábao como podía, cada verz máis á desesperada, permitindo contras que o equipo de Rafa fallaba, e só conseguía sentenciar xa co tempo cumplido, de novo por medio de Eze tras unha fermosa cabalgada do cadete Álex.

Dende Muros valoran positivimente a posta en escena do equipo tras esta convulsa pretemporada, na que non se soubo se había equipo practicamente ata agosto, cun cadro que leva 9 adestramentos e ningún amistoso. “Orgulloso deste grupo que xuntamos en tan pouco tempo, estou convencido de que se seguimos con estas ganas os resultados chegarán”, sinala Gus.

 

Baíñas - Camelle (5-0)

  • Baíñas: Joel, Raúl, Borja, Dylan, Héctor, Fabián, Oreiro, Maikol, Cristian Canosa, Kevin e Ruli. Tamen xogharon Manu, Carlos, Adrián Canosa e Christensen.
  • Camelle: David C, Quintelo (Pablo), Dido, David V, Martin, Chans, Estiben, Gabi (Chori), Pastelero, Óscar (Tereso), Capote (Rus).
  • Goles: 1-0, m.30: Kevin; 2-0, m.42: Fabián; 3-0, m.44: Héctor dende fóra; 4-0, m.60: Dylan de penalti; 5-0, m.90: Kevin.

Dous dos equipos recén ascendidos enfrontábase na primeira xornada, e a igualdade que reinou a pasada campaña non se viu no Municipal vimiancés, a pesar de ser un resultado demasiado abultado para o visto sobre o verde. Os de Roski foron claros dominadores, se ben o partido non se rompeu ata a media hora, cando Kevin abría a lata dun Camelle que aguantaba ben. Pero dous tantos ao fío do descanso, o primeiro tras un erro do meta camellán, deixaban o partido encarrilado.

Puido meterse no partido o cadro de Sergio ao comezo da segunda, que saían con forza, pero un penalti cometido por Chori que non perdoaba Dylan, acaba de finiquitar o choque.

 

Camariñas - Mazaricos (1-2)

  • Camariñas: Jorge, Carlos, Roi, Oliver, Soule, Moriño, David, Hugo (Manuel), Yuyo, Mario (Brais) e Djibril.
  • Mazaricos: Alex Barbeira, Borja, Raúl Chumiko, Carreira, Fran Pose, Pereiro, Rachón, David, Sandelo, Marcos e Molinos. Tamén: Ricardo, Raúl Castelo, Iago e Luís Mayán.
  • Goles: 0-1, m.35: Raúl Chumiko; 0-2, m.37: Sandelo; 1-2, m.79: Djibril.

Fermoso partido no Hermanas Patiño, a pesar do vento, entre dous equipos que seguramente esterán na zona alta. Comezou o cadro amarelo mal situado e o cadro camariñán mandaba no céspede e mandaba dous balóns ao pau e un par de ocasións máis. Pero non acertaron os de Cabrejo e Faus e o equipo de Marcos Domínguez comezou a apretar e superar liñas, tendo unha boa ocasión Rachón, a mellor do partido, e metendo Chumiko un tanto tras un rexeite. Non pasaron dous minutos cando Sandelo fai o segundo nun remate de cabeza estando só baixo paus.

Intentouno o Camariñas na segunda, pero o Mazaricos puido ter sentenciado en varias contras. Os locais non se rendían, e ían metendo aos amarelos no seu campo, mandando dous balóns ao longueiro e conseguindo recurtar a 10 do final, con outro tanto de Djibril, que comeza o curso marcando como rematou o anterior. Final do partido de sufrimento para os mazaricáns ante un moi bo Camariñas

Ponteceso - Corme (1-1)

11 do Ponteceso no Pinguel ante Ponteceso_Foto-Fin Lema
11 do Ponteceso no Pinguel _Foto-Fin Lema
  • Ponteceso: Samuel, Dani Rod., Eloy Trigo, Iván Rod., Sergio, Dani Cotelo, Pedro, Alberto Recarey, Eloy Álvarez,, David Castro, Luca. Tamén: Neira, Álvaro, Pablo Barreiro, Ángel e Martín Puente.
11 do Corme no Pinguel-Foto-Fin Lema
11 do Corme no Pinguel-Foto-Fin Lema
  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Isra, Rubén, Borja Torrado, Senén, Hugo, Aitor Pose, Sergio, Lucas e Alejo. Tamén: Quique, Miguel, Noel, Martín e Mauro.
  • Goles: 1-0, m.17: Alejo de penalti; 1-1, m.53: Luca.

A temporada empezou cun derbi no Pinguel, con gran ambiente e fútbol de contención, cun Corme intentando combinar e un Ponteceso moi forte e as ideas moi claras. Comezaron mellor os de Adrián Lema, que se meteron por diante tras unha boa xogada entre Lucas e Alejo que terminou nun claro penalti que o eterno pichichi azulón non desaproveitou.

Ben pudo aumenta-la conta o equipo visitante nunha boa oportunidade de Israel que desbaratou o porteiro local Samuel. Esa oportunidade puido ser o interruptor que mellorou os locais, que empezaron a ter máis o balón e conseguir progresar a campo contrario con mellores opcións. Rematou o primeiro tempo con dúas boas oportunidades de acadar o empate froito desa melloría pero a falta de puntería abortou as dúas.

Na segunda parte saíron mellor os de Julio que non tardaron en acadar o empate por parte de Luca e dispor de máis oportunidades pero o dito a falta de puntería e a pouca efectividade facían que a igualada seguise no marcador. Así o partido entrou nunha fase de toma e daca onde puido caer para calquer lado. Ivan Rodríguez dispuxo dun man a man moi claro para o 2-1, pero Lucas puido poñer o 1-2 nun disparo dende o medio campo. Neira si que poñía o 2-1 no desconto, pero foi anulado polo árbitro nun discutido fóra de xogo.

Ponteceso-Corme no Pinguel-Foto-Fin Lema
Diego Castro e Isra- Foto-Fin Lema

Muxía - Porteño (3-3)

  • Muxía: Domingo, Mateo, Michael Vilela, Manu Martínez, Alex Martínez, Javi Vilela, Toja, Julián, Isma Márquez, Mauro e Fran Moreira. Tamén: Ángel, Peski, Anxo, Víctor Alcaina e Iago Muíño.
  • Porteño: Mariolo, Vicente, Pejo, Nico, Rodri, Mayor, Dario, Joseba, Brais Mouzo, Chipi e Nico Jr. Tamén: Pablo, Saviola e Angel.
  • Goles: 0-1, m.32: Chipi; 0-2, m.55: Chipi tras un remate de Nico nunha contra; 1-2, m.69: Álex; 2-2, m.76: Michael Vilela nun córner; 3-2, m.90: Iago Muiño; 3-3, m.95: Saviola.

Muxia-Porteño en Arlina

Comezaba o partido (un partido dun tempo para cada equipo), con chuvia e vento, cun penalti marrado polos locais. O Porteño (con varias fichaxes importantes do Camariñas, Soneira…, cunha presión moi alta e con moita intensidade en cada duelo, conseguiu maniatar o xogo dos de Nando e Fran Pioto, e tiveron boas xogadas para adiantarse ademais do golazo de Chipi.
Comezaba a segunda metade e nunha boa internada de Nico, Chipi facía o segundo para os de Cousillas e Javi Baña. Pero reaccionaría o Muxía, coa entrada de Iago Muíño, Javi e Víctor Alcaina, comezaba a dominar moito máis, tendo máis tranquilidade, e facendo correr máis a un Porteño que vía como se lle ía acabando a gasolina. En dous córner, Alex recurtaba e o capi Michael conseguía o empate a falta de 15 minutos. A inercia do partido parecía que ía do lado local, a pesar do partidazo dos debutantes na categoría, e se Iago Muíño facía o que parecía o tanto definitivo, os da Ponte sacaron a cabeza e Saviola (outro dos recén chegados), xa sobre o pitido final, asinaba o empate cunha boa falta directa.

 

Monte Louro - Cabana (1-0)

Monte Louro - Cabana-Foto-Edu Olveira 2
Monte Louro - Cabana-Foto-Edu Olveira
  • Monte Louro: Pedro, Pablo, David, David Pais, Borja, Pardelo, Chano, Miguel Verán, Álvaro Fari, Riki e Luismi, Tamén: Íker, Rodri, Antón, Javi, e Fabio.
  • Cabana: Roberto, Mario Romar, Miguel, Fernando, Aarón Casas, Simón, Raúl Corzón, Christian Castro, David Rey, Miki Pose, Manu Romero. Tamén: Manu Nantón, Roi, Castro e Pablo Pose.
  • Gol: 1-0, m.53: Luismi a pase de Álvaro Fari.
Monte Louro-Cabana-Foto-Edu Olveira arbitro Oscar Costa
Óscar Costa fixo unha boa arbitraxe en Agra da Filgueira-Foto-Edu Olveira

Partido con pouco ritmo, moi igualado e físico, case típico de pretemporada, que viviu unha primeira metade bastante tediosa, sen ocasións. Si que se abriu no treito final, tralo gol de Luismi, dianteiro chegado do Villestro con parella na vila loureá, que se estreou marcando. O Cabana empurrou e empurrou nese treito final, e se ben os de Bibi puideron sentenciar nalgunha contra, os de Pablo Rodríguez envorcaron o campo e meteron na súa área aos locais. Foi Pedro, o novo meta do Louro, un dos grandes protagonistas do partido, dando moita seguridade aos seus por alto.

Pedro porteiro do Monte Louro-Foto-Edu Olveira
O debutante Pedro un dos protagonistas do choque-Foto-Edu Olveira

Castriz - Outes (4-0)

  • Castriz: Coke; Brais González, Elvis, Samuel Castro; Iván Pastoriza, Anxo, Toño, Adrián García, Fabián, Braulio, Sebas. Tamén: Jairo, Fran Calvo, Martín Cambón, Alvarito, Noly.
  • Outes: Dani, Claudino, Stefan, Chía, Marín, Jura, Caamaño, Adrián, Veleiro, Aarón, Pablo e Ryam. Tamén: Mangelo, Iván Senande, Aarón, Marcos e Óscar Calo.
  • Goles: 1-0, m.20: Braulio tras un saque de banda peiteado; 2-0, m.30: Fabián a centro de Pastoriza tras unha boa xogada combinativa; 3-0, m.48: Sebas de cabeza; 4-0, m.90: Braulio.

Partido con moito oficio deste Castriz de Miguel Chouza que confirma que volve aspirar a estar arriba. O Outes de Alex Romero, que volve ao noso fútbol da Costa, non conseguiu meterse no choque ata ir 0-3, tras unha primeira metade de control local, ben afinado cara gol. Apenas Claudino mantiña o ritmo. Si que na segunda os da Serra apretaron os dentes e meteron atrás, por momentos, ao cadro xalleiro, pero era Braulio o que puña o broche á goleada.

   

Crónicas da 2ª Galicia

MÁIS INFO

Comentarios