Martes. 19.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: Dous partidazos entre os 4 primeiros e un cambio de líder

As Pedreiras e O Cairo acolleron esta fin de semana dous auténticos partidazo. Os 4 primeiros mediron forzas, deixando ao Ponteceso como novo líder, pero apretando a parte alta da clasificación. Ata 6 equipos fican en só 6 puntos, pois Muros e Coristanco cólanse na zona alta, á que non se enganchan Lira nin Muxía, que deixaron escapar sendas vitorias en Vimianzo e Zas no último suspiro.

Por abaixpo Buño e Zas seguen sen saber o que é sumar de 3 en 3.

O Ponteceso conquistou As Pedreiras-Foto-Brais Pose
O Ponteceso conquistou As Pedreiras. Na foto de Brais Pose vemos ao pontecesán Isaac
2ª Galicia: Dous partidazos entre os 4 primeiros e un cambio de líder

Zas - Muxía (2-2)

O Sporting Zas ante o seu publico

  • Zas: Puyol, David, Manu, Brais, Andrés, Miguel (Balsa, m.68), Brais Espasandín, Oreiro, Manu Gullamet, Kevin (Tefi, m.75) e Molinos (Marcos, m.90).

11 do CF Muxia en San Andres

  • Muxía: Andrés, Michael, Brais Mouzo, José (Miguel, m.79), Pereira (Julián, m.80), Víctor Alcaina, Manu Noguera, Eloi, Juan, Mauro e Álex (Mario, m.70).
  • Goles: 1-0, m.20: Manu Guillamet de cabeza nun córner; 1-1, m.28: Michael de cabeza nun córner; 2-1, m.74: Brais Espasandín de gran volea; 2-2, m.84: Víctor Alcaina tras un rexeite.

Muxia e Zas en San Andres

Segue o Muxía con algunha baixa, pero sobre todo, gafado cara gol, como o demostrou Manu Nogueira fallando un penalti sobre o pitido final. Foi un choque moi igualado e intenso, vivo ata o último suspiro.

O Zas de Periscal comezaba pegando primeiro con dúas boas ocasións de Manu Guillamet, que non fallaba á terceira e abría o marcador aos 20 minutos. Tamén de cabeza empataba ao fío do descanso, o Muxía, tras unha primeira metade no que o cadro zaseiro merecía levar algo máis, e tivo o segundo nunha fermosa contra de Kevin xusto antes do pitido final.

Na segunda cambiou o conto, o Muxía comezou a controlar, pero o choque estaba máis bronco (ata 7 tarxetas levou o Zas, por unha dos muxiáns). Tiveron ocasións Pereira (respondía cun paradón Puyol), Víctor Alcaina (a cruceta) e Manu Nogueira (ademais do penalti). Pero era o xuvenil Brais Espasandín o que facía un golazo de volea a 15 do final. Foron 15 minutos de monólogo muxián, ata que Víctor Alcaina cazaba un rexeite para facer o empate. Sobre os 90, Oreiro era expulsado e Nogueira marraba a pena máxima que lle puido ter dado dous puntos a un Muxía, chamado a estar arriba, pero que aínda non se sitúa nos postos altos. “Penso que co paso das xornadas asentarémonos”, asegura Óscar Leis.

 

San Lorenzo - Ponteceso (1-3)

Ponteceso e San Lorenzo saltando ao campo de Verdillo-Foto-Brais Pose
Foto de Brais Pose

  • San Lorenzo: David, Puñal, Álex Fdez., Raúl, Ures; Garrido, Diego, Yago Varela, Hugo, Fuentefría e Brais Cancela. Tamén xogaron: Fidalgo, Styven, Padín, Dani Cotelo e Alexis.
  • Ponteceso: Brais, Isaac, Juanjo, Ismail (Moscoso, m.76), Luca, Mendieta, Alberto Recarey, Abel (José, m.89), Martín Puente (Adrián, m.86), Nando (Charro, m.69), Xuco.
  • Goles: 0-1, m.34: Alberto Recarey de falta directa; 0-2, m.40: Xuco, fai unha boa xogada pola liña de fondo, tras un saque de banda; 1-2, m.65: Brais Cancela de penalti; 1-3, m.89: Alberto Recarey de falta.

Fuentefria e Recarey co colexiado David Castreje-Foto-Brais Pose
Fuentefria e Recarey co colexiado David Castreje-Foto-Brais Pose

Moi boa tarde de fútbol nas Pedreiras tralo que o Ponteceso arrebata o liderato ao San Lorenzo tras un partido no que foi superior e cometeu menos erros. Pablo Mallón voltaba a Verdillo e demostrou que este Ponteceso vai en serio, cun fútbol práctico e efectivo. Así foi a primeira metade, con control pontecesán ante un San Lorenzo que esperaba e buscaba as contras. As mellores ocasións eran dos visitantes, e en dúas xogadas a balón parado se colocaban por diante.

Os de Santi Cambón, co que falabamos o pasado venres, deron un paso á fronte no comezo da segunda metade, e metendo ao Ponteceso atrás. A base de empuxe, de faltas e córners, consegue meterse no partido cun penalti que transforma Brais Cancela. Seguía intentándoo o San Lorenzo, cun Ponteceso que intentaba parar o partido no medio campo, sacando algunha contra como a que remataba cun tiro de Charro que paraba David ou dous posibles penaltis. Pero o posible empate estaba no aire, sobre todo en xogadas parado, ata que, xa case que co tempo cumplido, nunha xogada entre Puente e Abel, este último metería o pase ao borde da área, e chegaría Alberto Recarey, para poñer o 1-3, matar o partido e os 3 ptos para a Vila de Pondal.

 

Cerqueda - Castriz (2-3)

  • Cerqueda: Darío, Marcos Pensado, Estefan, Espi, Dani, Lorenzo, Diego, Dani Mato, Iván Mato, Iván Mato, Eloy. Tamén: Serbio Bastón, Julián, Breo, Kevin e Adrián.
  • Castriz: Álvaro, Carlos, Álex Mourelle, Adrián, Diego, Pablo, Brais Sendón, Sebas, Mata, Iván Pastoriza, Iván Castro. Tamén; Anxo, Martín e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.25: Iván Mato; 2-0, m.32: Iván Rojo de penalti cometido sobre Eloy; 2-1, m.44: Espi; 2-2, m.55: Sebas a pase de Iván Pastoriza; 2-3, m.90: Anxo.

Partido de alternativas, cun Castriz que comezou moi ben, mandando. Pero aos 15 minutos comezou a poñerse nervioso e a protestar, e o partido tornouse de cor branca. Comezaba a chegar o cadro cerquedán e tras boas ocasións, como as de Estefan e Diego, que levaban continuamente o perigo sobre a portería rival. Nunha boa internada por banda de Estefan chegaba o primer gol por medio de Iván Mato. E sen tempo a repoñerse Iván Rojo facía o segundo dende os 11 metros.

Non matou o partido o Cerqueda nese treito e un balñon longo de Sebas cara Espi, e tras unha indecisión entre porteiro e defensa permitiu que Espi metese a punteira e puxese o 1-2. Había partido.

Na segunda o Cerqueda puxo defensa de 5, e o partido volveuse tolo, de ida e volta, como lle gustan aos xalleiros. Pronto empatou Sebas, e o Castriz estivo máis incisivo. Pero se partido estaba máis para os visitantes, os locais tiveron un par de aproximacións, de xeito que no treito final, cando os dous daban o empate por bo, unha boa contra de Iván Pastoriza que centrou, deixou pasar Espi e Anxo dende segunda liña marcou o gol da vitoria para os de Miguel Chouza.

 

Corme - Esteirana (2-3)

  • Corme: Suso, Pandi, Alejandro, Javi Peón, Toniño, Brais Torrado, Sergio Sueiro, Lucas, Adrián Doldán, Manu Bermúdez, Alejo. Tamén: Jose, Brais Pombo, Samu Costa, Dani Casal e Javi Bermúde.
  • Esteirana: MJ, Adri Maroñas, Dani Rama, Tobío, Álex, Dani París, Adri, Pablo Rama, Carajillo, Code, Elías. Tamén: Sanu, Dani Maroñas, Manu, Jorge e Brais.
  • Goles: 0-1, m.12: Elías; 0-2, m.40: Elías; 1-2, m.47: Alejo; 2-2, m.67: Manu Bermúdez; 3-2, m.88: Adrián Doldán.

Outro auténtico partidazo o vivido no Cairo, cunha Esteirana (con baixas como Simón, Raúl, Josiño…) que saía dominadora, con moitísima intensidade, ante un Corme que non acabou de saír ao campo. Todas as disputas eran para os de Geno, que presionaron arriba dende o comezo, non deixando xogar o Corme en ningún momento. Froito desa superioridade, dúas xogadas en profundidade chegaron os tantos de Elías, ante a pasividade da defensa local.

Debeu servir a charla de Lelo, e a entrada de Casal e Samuel, pois o cadro azulón saíu moito máis arriba na segunda, xogando máis directo e obrigando ao cadro esteirán a meterse máis atrás. Puxéronse algo nervisos os defensas visitantes, e nun barullo, Alejo colábaa para dentro moi pronto, metendo de cheo aos seus no partido.

O Corme tiña máis posesions e xogaba muí rápido. A Esteirana xa non presionaba coma na primeira parte. Puido empatar o Corme antes pero fallou Alejo un penalti que el mismo provocaría nun man a man co porteiro, un penalti protestado polos esteiráns. Seguía buscando ás costas da defensa o cadro cormelán e nunha internada de Doldan por banda, Manu recibe dentro da área e revolvéndose moi ben cruzaba o balón para empatar o partido. Noutra xogada semellante en Alejo e Casal, Adrián Doldán marcou o gol definitivo a dous minutos do final, sen tempo a reaccionar. Os esteiráns protestaron tamén os dous goles, por posibles fóra de xogo. “Creo que se equivoca en varias xogadas, pero tamén creo que é un árbitro decente. É dificil para un só”, declarou Geno.

 

Malpica - Muros (1-3)

  • Muros: Xandre, Ra, Iván Cerilla, Jurjo, Juanchy; Xaco, Saúl (Daniculas), Jose Cacharro (Gesto), Varo (Bruno), Ivi (Berni Chinana), Xavi (Río).
  • Malpica: Damián, Laik, Belar, Juan Abelenda, Juan Fuentes, Kevin, Alberto, Marcos, Migueliño, Aitor e Andy. Tamén xogaron: Brais Ceán, Ángel Garrido, Cristian, Costín.
  • Goles: 0-1, m.24: Xavi; 1-1, m.50: Kevin; 1-2, m.74: Ivi; 1-3, m.89: Bruno.

Muros e Malpica unidos na loita contra o cancro de Mama

Empezou o partido en Pedra Queimada, cos dous compoñentes do Muros e Malpica apoiando as mulleres todas no Día Internacional contra o Cancro de Mama. Ademais, celebrouse un minuto de silencio polo pasamento de Aurelio Carvajales, socio nº 1 e cofundador da SCD Malpica.

O choque comezaba igualado, e sen demasiadas ocasións, cun cadro local que afrontaba o choque, de novo, con numerosas baixas. Aínda así, dominaba a posesión o cadro de Gurita pero sen crear ningún perigo. Xa pasada media hora, nunha xogada no medio do campo moi discutida pola decisión arbitral, o Muros púxose por diante do marcador tras un pase de Ivi para que Xavi, en velocidade marque a pracer, logo de superar ao porteiro. Puido facer Iván Cerilla o 0-2 antes do descanso, que quedou só na área pequena e tirou o balón fóra.

Saíu durmindo o Muros na segunda, ante un Malpica moito máis entonado que pronto empataría nun córner. E cando mellor estaba o Malpica, penalti a favor nosa por mans de Laik nun balón que el mesmo despexa mal e o balón lle pega na man involuntariamente. Gol de Ivi. Non se recompuxo o cadro local dese golpe, e os de Felipe Candamo souberon ler o partido, esperando a sentencia, que chegaría xa case que co tempo cumplido tras un tiro de Gesto que para Damián, pero chega Bruno e aproveita o rexeite.

O Muros case se formula como unha das revelacións da temporada pero agóra terá que demostralo enfrontándose en tres semanas a Baíñas, Corme e San Lorenzo.

 

Cabana - Buño (3-3)

  • Cabana: Víctor, Pablo (Ismael), Rubén, José, Raúl Fdez., Castro (Manolo), Sergio, Moreno, Pablo Pose (Raúl Corzón), Diego Cacha, Aarón (Cristian).
  • Buño: Brais, Escras, Pablo, Álex, Manoliño, Fran, Paco, Posiño, Elías, Petís e Juan. Tamén: Luismi, Brandon, Agustín, Martín e Fabián.
  • Goles: 1-0, m.6: Pablo Pose; 2-0, m.8: Pablo; 2-1, m.16: Fran; 2-2, m.36: Petís; 3-2, m.55: Casteo; 3-3, m.91: Manoliño.

Cabana-Buno-Foto-Sd
​Foto-SD

Partido tolo, cun Cabana que sempre foi por diante pero cun Buño que acabou empatando sobre a bocina. O cadro de José Manuel comezou dominado e os Pablos colocaban moi pronto o 2-0 no marcador. Despois de 25 minutps de superioridade local o Buño comezou a meterse no partido, conseguindo empatar tras unha mala saída de balón dos locais que aproveita Petís e cun tiro lonxano de Petís.

Na segunda, volvíase repetir o guión, co Cabana máis enchufádo meténdose de novo por diante. O encontro entrou nun toma e daca, uun ida e volta, con chegadas ás dúas áreas ata que, xa no desconto, Manoliño facía o empate defintivo.

 

Coristanco - Cee (3-1)

  • Coristanco: Rubén, Samu, Dani Vázquez , Pazos, Rubio, Mario, álex, Jose, Castiñeiras, Corral e Samuel. Tamén: R, Joni, Villajos, Damián e Álvaro.
  • Cee: Carlos, Alex Agulleiro, Chema, Jorgito, Aitor, Luís Lojo, Ezequiel, Iago, Josiño, Bruno, Leo. Tamén: Joselu, Cote, Brais Rey, Rubén Yaya.
  • Goles: 1-0, m.6: Samuel; 1-1, m.13: Bruno de vaselina; 2-1, m.44: Samuel de penalti; 3-1, m.77: Samuel.

Coristanco-Cee

Partido que comezaba con boas ocasións para ambos conxuntos, cun Coristanco algo mellor posicionado. Ezequiel mandaba fóra un pase de Bruno e pouco despois Samuel abría o marcador para os locais, tras deixada de Corral. Meteríase entón no encontro o Cee que comezaba a facer traballar a Rubén, que non podería facer nada para deter un globo por riba de Bruno que hacía o empate.

O Coristanco volvía coller o mando e Samuel mandaba a cruceta. Antes do descanso, o coelexiado sinalaría un penalti, protestado, do porteiro ceense, que Samuel non fallaría.

Comezana a segunda, con menos ritmo, pero Cote avisaba mandando o balón ao longueiro. Jorge non definía unha contra que era un 3 para 1, no momento no que o partido estaba roto. Ata que neste ida e volta, un despexe de Rubén deixaba a Samuel man a man co meta, conseguido pechar o seu hattrick. A partir de aquí varias ocasións para ambos equipos, pero a falta de puntería facía que o resultado non variase.

 

Baíñas - Lira (3-2)

  • Baíñas: Brais, Quintela, Eloy Trigo, Luís, Esteban Canosa, Cristian Canosa, Samuel, Abel Souto, Antonio, Baba e Santi Díaz. Tamén: C Cristian Hermida, Felipe e Oreiro.
  • Lira: Baba, Oscar, David, Maikel, Marcos, Josiño, Borja (Eloy), Mamadou (Costiña), Raul (Manu), Toni, Oliver (Cristian).
  • Goles: 0-1, m.22: Toni; 1-1, m.58: Baba; 1-2 m.59: Toni; 2-2, m.87: Cristian Canosa; 3-2, m.91: Baba.

Partido malo, futbolisticamente falando por parte dos dous equipos. Partido que puido ter sentenciado o Lira, ante un Baíñas que segue con problemas de efectivos. O Lira dominou a primeira metade, e ademais do gol de Toni puido ter deixando o partido visto para sentencia. Pero Brais mantivo ao equipo de Barca no partido.

Santi Díaz e Abel rondaría o gol antes do descanso, e xa na segunda o Baíñas comezou a apretar, chegando ben con Santi, Canosa e Baba. Era Baba o que empataba de cabeza a centro de Abel. Pero no minuto seguinte un mal rexeit de Luís acababa no segundo de Toni. A pesar do mazazo o Baíñas seguiu volcado e aproveitou a lesión do porteiro liracho Baba (foi un susto forte pero parece que finalmente poderá estar a semana que vén en Lombáns), que, ao non teren cambios, quedou na portería sen apenas poder moverse. Quedaban só 5 minutos, suficientes para que Cristian Canosa e Baba desen a volta ao marcador en sendos córners, para a delicia da parroquia vimiancesa.

 

Novas relacionadas

Máis información

Comentarios