2ª Galicia: Mazaricos e Castriz superan a calor de outubro
Coa Copa da Costa xa na mente de todos desenvolveuse unha estrana xornada de abafante calor en pleno mes de outubro. E se o Monte Louro caeu dese grupo de 3 que contaban partidos por vitorias, o Mazaricos de Marcos e o Castriz de Miguel confirman que este ano van a por todas.
Por arriba aparece o Porteño, gracias a unha Grixa espectacular, e o Muxía, o cuarto equipo que non coñece a derrota e que vai amosando as súas cartas.
Preocupan os Outes, Cabana e Volantes, aínda sen sumar.
Camelle - Monte Louro (3-2)
- Camelle: David C; Martin, Dido, David V, Quintelo; Estiben, Chans (Hucho), Pablo (Tereso), Gabi (Sergio), Ángel (Pastelero) e Adrián.
- Monte Louro: Pedro, Óscar Fari, Miguel Verán, Borja, Rodri; David Pais, Chano, Riki, Álvaro Fari, Íker e Luismo. Fabio, Javi, Manolo Chousa, Yeray e Iago.
- Goles: 0-1, m.44: Íker de penalti cometido sobre el; 1-1, m.48: Dido nun córner; 1-2, m.61: Álvaro Fari de tiro lonxano; 2-2, m.90: Estiben de penalti; 3-2, m.94: Sergio tras varios rexeites.
Chegaba o Louro en volandas tras 3 vitorias seguidas, sabedores do que lle esparaba no Rodeiro: un partido de pouco fútbol e moita brega. E saía con moita forza, dominando con balóns longos, aproveitando os segundos balons recollidos por Riki no medio do campo, e cun par de mans a mans de Álvaro Fari e outro de Íker. Non foi ata o descanso cando Íker marcaba de penalti tras sufrir un agarrón de Dido.
Pero nada máis comezar a segunda Dido resarcíase e marcaba o empate nun córner. Bos minutos dos de Sergio, que se achegaron á meta de Pedro ata que chagaba o mazazo de Álvaro Fari dende lonxe. A expulsión de Tereso deixaba o partido moi de cara para os de Bibi. Estaba máis cerca o 1-3 que o empate, pero á desesperada, os locais, coa afección a tope, conseguiron empatar sobre o 90 nun penalti nun balón colgado, e xa conformes co empate e case sen forzas, nun centro, Sergio recolleria un rechace do porteiro e marca gol da vitoria no minuto 94.
Corme - Cee (10-2)
- Corme: Quique, Brais Pailos, Rubén, Eloy Villar, Aitor, Sergio, Martín, Borja Torrado, Lucas e Alejo. Tamén: Yago, Adrián, Mauro, Hugo e Dani.
- Cee: Yago, Julio, Oreiro, Iago Trillo, Jose, Bujeiro, Pazos, Anxo, Bruno, Eze, Champi; Tamén: Isaías, Joni e Iago Iglesias.
- Goles: 1-0, m.9: Alejo de penalti; 2-0, m.12: Alejo; 3-0, m.18: Sergio; 4-0, m.20: Isra; 5-0, m.22: Alejo; 6-0, m.38: Borja Torrado; 7-0, m.48: Sergio; 7-1, m.65: Bruno; 8-1, m.73: Yago; 8-2, m.73: Eze; 9-2, m.78: en propia; 10-2, m.83: Isra.
Mala serie a que leva o Cee, con 16 goles encaixados en 2 partidos. O equipo de Rafa, con apenas 12-13 sénior e unha marea de xuvenís, volveu sucumbir, desta volta no Cairo. Dominio total do Corme nun partido sen moita historia, superiores dende o primeiro minuto, quedando setenciado tras recibir 5 goles en 20 minutos.
Porteño - Baíñas (1-0)
- Porteño: Mariolo; Nico, Brais, Pejo, Rodrigo; Maior, Joseba, Nikinho; Dario, Chipi, Juan. Tamén: Sergio, Alan, Vicente, Pablo, Saviola.
- Baíñas: Joel, Carlos, Dylan, Manu, Raúl, Brandon, Maikol, Cristian, Fabián, Kevin e Ruli. Tamen xogou: Oreiro.
- Gol: 1-0, m.6: Chipi.
Outro ambientazo impresionante con centos de persoas pese as altísimas temperaturas que se viviron na Grixa. E responderon os dous equipos que ascenderon directamente o ano pasado tras protagonizar unha fermosa loita polo título. Comezou o choque cun gran tanto de Chipi, o seu quinto gol en 4 partidos. Non era un partido moi vistoso, e si que houbo moitas interrupcións, pero a intesidade foi máxima. A defensa dos de Javi Baña e Cousillas estivo moi segura, impedindo ocasións claras dos de Roski, se ben na outra área Joel tampouco tivo moito traballo. Puido ser un 0-0 pero o gol de Chipi vale 3 puntos.
Outes - Camariñas (1-3)
- Outes: Dani, Claudino, Chía, Chúa, Adrián, Jura, Pablo, Iván, Aarón Insua e Aarón Gómez. Tamén: Mangelo, Iván, Óscar, Maceiras, Ryam.
- Camariñas: Pablo, Brais, Caamaño, Roi, Oliver (Víctor), Moriño, Carlos, Soule, Yuyo (Manuel), Mario e Djibril.
- Goles: 0-1, m.8: Djibril; 1-1, m.36: Chúa; 1-2, m.64: Yuyo; 1-3, m.90: Mario.
Moi intenso no arranque o Camariñas, levando perigro a través de Djibril e Mario principalmente. E pronto Djibril abría o marcador tras un pase de Brais batindo por baixo a Dani. O equipo de Alex Romero tardou en recompoñerse pero pouco a pouco foron medrando e igualando a contenda en canto a intesidade. E sen claras ocasións, si que chegou a igualada gracias a un golazo de falta de Chúa pola escuadra.
Arrincaba a segunda e as defensas seguían impoñéndose aos ataques, cos dous equipos abusando do fútbol directo. Conseguían meterse de novo os de Cabrejo e Faus por diante cun bo remate de Yuyo. A partir dese intre, os locais quixeron ir polo partido, pero os cos recursos moi limitados, conseguiron meter presión e meter ao Camariñas no seu campo, pero sen hrandes ocasións.
Xa morrendo o partido aproveitaron os visitantes unha contra que peiteia Djibril para Mario para pechar o marcador, xusto despois dunha acción onde os da Serra viron como lle anulan gol por fóra de xogo.
Coristanco - Ponteceso (2-2)
- Coristanco: Rubén, Lorenzo, Dani Vázquez, Regueira, Raúl, Joni, Kevin, Alex, Casti, Nico e David LP. Tamén: Rodrigo, Diego, Salah, Adrián e Lou.
- Ponteceso: Samuel, Cote, Eloy Trigo, Juan Rey, Iván Rod., Luca, Alberto Recarey, Neira, David Castro, Ángel e Eloy Álvarez. Tamén: Damián, Ures, Sergio e Iván Rey.
- Goles: 0-1, m.7: Neira; 1-1, m.70: Rodrigo; 1-2, m.86: Neira; 2-2, m.90: Álex.
Moita calor tamén na Rocheira, que comezaba con pouco ritmo pero co equipo de Julio Vila (que volvía á súa terra) meténdose por diante. Era o m.20 cando Nico comete unha falta, o colexiado sinálalle cartón amarelo ao que responde lanzándolle un bico, o que fai que o colexiado o expulse. O Ponteceso cun home máis, pero sen cometer riscos, dominou e puido ampliar a renda coas ocasións de Neira ou Iván Rodríguez.
Na segunda, Cali (perdeu esta semana a Juan Lago, que fichou polo Fisterra) meteu 4 cambios (no bando pontecésán tamén os houbo polas lesións de Eloy Álvarez, Luca e David Castro) e o partido cambou de sentido. Rodrigo, un cadete que vén con forza, deixando mesmo a varios sénior fóra da convocatoria, empataba, e tivo as mellores ocasións dos verdes. O Ponteceso volviu a rexurdir e novamente Neira (4 goles en 2 partidos, que valen 4 puntos) puxo os visitantes por diante a falta de poucos minutos. O resultado parecía inamovible pero aínda así o Coristanco tirou de orgullo para empatar o partido con dous homes menos.
Ao final 2-2 nun partido moi disputado e cheo de emoción.
Muros - Castriz (2-4)
- Muros: Varo, Ginki, Javi Pelos, Gesto, Quin, Xavi, Alon, Manu Tajes, Dani, Fran e Jesús. Tamén: Flavio, Ángel, Martín, ^úgil e Xoel.
- Castriz: Coke, Samuel, Fabián, Elvis, Anxo, Iván Facal, Alberto Mata, Piñeiro, Brais, Sebas, Braulio. Tamén: Jairo, Álvaro, David Gerpe, Martín.
- Goles: 1-0, m.25: Xavi; 1-1, m.44: Braulio; 1-2, m.64: Iván Facal; 2-2, m.82: Alon; 2-3, m.92: Braulio en prancha tras peiterar Sebas; 2-4, m.95: Sebas tras pase de Alvarito.
Vai collendo forma este Castriz de Miguel Chouza, xa con Facal ao mando das operacións. Os xalleiros dominaban pero era Xabi o que aproveitaba un balón morto para adiantar aos muradáns. Varo facía un gran partido mantendo ao seu equipo con grandes intervencións. Colleu presa o cadro xalleiro que non estivo fino nese segundo treito da primeira metade, ata que xusto ao fío do desconto, Braulio fallaba un man a man, pero no rexeite, o defensa muradán reláxase, Brauliio rouba e empata.
Gol clave, que permitiu que os de Chouza chegasen con menos presas, pero atacando unha e outra vez. Iván Facal marcaba tras un bo pase de Fabián. Cando o partido parecía sentenciado coa inercia a favor dos xalleiros, os de Ángel tiraron de orgullo e empataron de novo a falta de 10 minutos.
Con moita precipitación, o Castriz meteu ao Muros atrás pero non era capaz de crear ocasións, ata que xa no último minuto case que do desconto, un saque de banda era peiteado por Sebas e Braulio marca en prancha. Na derradeira, Sebas facía o cuarto.
Os dous equipos quedaron moi descontentos coa actitude “desafiante e prepotente” do colexiado.
Mazaricos - Volantes (6-0)
- Mazaricos: Álex Barbeira, Borja, Raúl, Carreira, Rodrio, Fran Pose, Mario, Davir, Rachhón, Molinos e Marcos. Tamén: Ricardo, Raúl Castelo, Iago, Luís Mayán e Pereiro.
- Volantes: Álex de Yi, Cerbán, Isma Mayo, Manu, Javi Romero, Borja, Josiño, Adri Abeijón, Miguel, Manu Teijo. Tamén: Manu Priegue, Manu de Yi, Anxo, Bruno e Benja.
- Goles: 1-0, m.34: Molinos; 2-0, m.40: Borja; 3-0, m.47: Rodri; 4-0, m.55: Rodri; 5-0, m.77: Mario; 6-0, m.86: Rodri.
Partido claro de dominio amarelo ante un Volantes que, tras formarse moi tarde, non acaba de atopar o seu sitio e que aínda non estreou o seu taboleiro de puntos. Tardou, en abrir a lata o equipo de Marcos, e foi Molinos o que marcaba o primeiro e Borja o segundo ao fio do descanso. A segunda non variou o guión.
Malas novas para un Volantes que igual perde a Josiño por un tempo por unha lesión.
Cabana - Muxía (1-5)
- Cabana: Manu Nantón, Noe, Roi, Miguel, Micky Pose, Fernando, Aarón Casas, Simón, Raúl Corzón, Sergio Ferreiro e David. Tamén: Diego, Pablo Pose, Christian e Xabi.
- Muxía: Domingo, Anxo, Darío, Alex, Michael, Víctor Alcaina, Julián, Iago Muíño, Mauro, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Ángel, Mateo, Gusa, Iván Sambad e Isma Márquez.
- Goles: 0-1, m.3: Fran Moreira de penalti; 0-2, m.33: Fran Moreira; 1-2, m.62: Simón; 1-3, m.75 Isma Márquez; 1-4 m.87: Iván Sambad; 1-5, m.90: Michael.
Saiu durmido o Cabana (que tamén chegaba con baixas) que xa regalaba unha pena máxima nada máis comezar. A partir de aí a remolque todo o partido o cadro de Pablo ante un Muxía moi sólido, moi serio, que ampliaba a renda á media hora. Na segunda saíron a por todas os locais, que conseguían recurtar, pero á contra, o solvente cadro de Nando e Fran sentenciaba pronto.
Novas relacionadas
CRÓNICAS DA 2ª GALICIA
- X.3: Mazaricos, Castriz e Monte Louro avisan.
- X.2: 2ª Galicia: Só 4 equipos suman a segunda vitoria.
- X.1: 2ª Galicia: Comezou unha nova e trepidante Liga da Costa.