2ª Galicia: Só 4 equipos suman a segunda vitoria
Segunda xornada e xa son só 4 equipos (Castriz, Cee, Monte Louro e Mazaricos) os que suman partidos por vitorias. O que dá conta da previsible igualdade que reinará esta campaña na Liga da Costa.
Por abaixo, quedan 4 equipos sen sumar: Volantes, Cabana, Outes (único equipo que aínda non marcou) e Camelle.
Mentres, seguimos á espera da resolución do Comité ante problemática coas “ventanas” da primeira xornada.
Coristanco - Castriz (2.4)
- Coristanco: Rubén, Joni, Juan Lagoa, Dani Vázquez, Chechu, Damián, Kevin, Lou, R, Raúl, Regueira. Tamén: David LP, Belar, Adi Pazos, Alex López e Monti.
- Castriz: Coke, Samuel Rodo, Elvis, Samuel Castr, Adrián García, Toño. Brais, Pastoriza, Braulio, Sebas e Noli. Tamén: Álvaro, Fran Calvo, Martín, Jairo, Anxo.
- Goles: 0-1, m.11: Brais tras unha falta lanzada por Toño; 0-2, m.43: Noli de cabeza tras outra falta de Toño; 0-3, m.57: Sebas de penalti cometido sobre Braulio; 1-3, m.68: Raúl; 1-4, m.83: Noli; 2-4, m.88: Monti.
Derbi fermoso na Rocheira, cun gran ambiente, que comezaba coa sentida homenaxe a Sergio e á súa familia.
Partido moi bonito, nun campo que se lles fixo pequeno aos dous conxuntos, cun Castriz moi entonado arriba, aproveitando as súas ocasións, e marcando pronto a balón parado. O cadro coristanqués avisou pero Coke respondía con boas intertencións, o mesmo de Rubén, deixando ver que os dous porteiros foron do mellor do partido. Antes do descanso, novo gol a balón parado dos de Miguel Chouza.
Daba un paso adiante o equipod e Cali na segunda, pero un penalti cometido sobre Braulio parecía finiquitar o choque. Pero o Coristanco non se foi nunca do partido, e conseguíu recurtar por medio de Raúl tras pase filtrado. Volveu marcar, a balón parado, o Castriz, pero o Coristanco volvía demostrar a súa constancia e recurtaba de novo, sen dar por perdido o partido.
Corme - Camariñas (2-4)
- Corme: Adrián, Brais Pailos, Isra, Rubén Porteiro, Aitor, Sergio, Mauro, Martín, Noel, Lucas e Alejo. Tamén: Gabri, Borja Torrado, Quique, Senén e Eloy Villar.
- Camariñas: Jorge, Brais, Roi, Oliver, Soule, Moriño, Carlos, Hugo (Manuel), Yuyo (Víctor), Mario e Djibril.
- Goles: 0-1, m.20: Djibril; 1-1, m.34: Alejo de penalti; 1-2, m.42: Roi; 1-3, m.53: Hugo; 2-3, m.60: Martín; 2-4, m.90: Mario.
Gran despregadura física do Camariñas no Cairo, a pesar de entrar tarde no partido. O Corme saía co máis intensidade, e os primeiros 10 minutos puido terse adiantado. Pero pouco a pouco, os de Cabrejo foron adiantando liñas e Djibril facía 0-1 con un golazo pola escuadra dende fora da área. O gol sentou ben nas filas visitantes, que baixaron o balón e temporizaron o partido, conseguindo sobrepasar liñas e chegar con algunhas ocasións como a de Yuyo tras unha das xa clásicas internadas do extremo Mario.
O equipo de Adrián Lema, en clara liña de melloría neste comezo de curso, foise desembaranzando da presión, e a 10 do final Alejo empataba dende os 11 metros. E cando parecía que se ía chegar co empate ao descanso, unha xogada de Soule, por banda acaba cun remate de cabeza de Roi, para poner o 1-2.
Arrincou mellor o Camariñas na segunda, e nuha fermosa xogada colectiva Roi marca a pase de Djibril. Pero pouco despois Martín aproveita un erro de entendemento entre porteiro e defensa camariñá para meter de novo ao Corme no partido. A incerteza reinou no campo ata o pitido final case. O Corme buscaba balóns directos a Alejo, e o Camariñas á contra avisaba con Djibril e Mario facendo estragos. Pero non foi ata o desconto cando chegaba a sentenza, gracias á velocidade de Mario.
Camelle - Cee (3-5)
- Camelle: David C (Pirata), Martín (Ruso), David V, Dido, Quintelo; Chans, Estiben, Gabi (Tereso), Pastelero (Hucho), Óscar (Pablo), Adrián.
- Cee: Yago, Iago, Munitis, Jose, Oreiro, Anxo, Pazos, Bruno, Eze, Champi e Julio. Tamén: Isaias, Carlos, Roberto e Trini.
- Goles: 0-1, m.13: Bruno; 1-1, m.19: Pastelero; 1-2, m.40: Eze; 1-3, m.50: Bruno tras un pase de Eze; 2-3, m.64: Estiben de penalti; 2-4, m.75: Trini; 3-4, m.80: Adrián; 3-5, m.85: Bruno.
Volveron castigar os erros atrás ao Camelle, nun partido con emoción, e moitos goles, ata o final. Adiantábase pronto o Cee por medio de Bruno, un dos protagonistas deste comezo de temporada, aproveitando un balón ás costas da defensa. Pero Pastelero empataba nunha contra. O partido seguía igualado e foi Eze o que marcaba tras un rexeite dentro da área antes do descanso.
Nada máis saír, Bruno ampliaba a renda ceense, pero o equipo de Sergio refacíase e recurtaba de novo cun penalti cometido por Munitis sobre Dido. Quedaban 20 minutos de todos, de ida e volta, cun Camelle envorcado. Primeiro o xuvenil Trini facá o cuarto definindo no man a man pero o Camelle non se rendía e Adrián recurtaba de novo e deixaba aberto o partido. Finalmente, Bruno marcaria de novo no rechace dunha falta de Gabi Pazos.
Mazaricos - Baíñas (2-1)
- Mazaricos: Diego Ceca, Pose, Borja, Raúl, Luís Mayán, David García, Pereiro, Marcos, Mario, Rachón, Molinos. Tamén; Alex Barbeira, Castelo, Carreira, Iago Estalote e Rodri.
- Baíñas: Joel, Carlos, Borja (Dylan), Maikol, Manu (Raúl), Fabián, Adrián, Oreiro, Cristian, Kevin (Christensen) e Ruli.
- Goles: 1-0, m.30: Rachón de cabeza nun córner; 1-1, m.64: Ruli; 2-1, m.70: Rachón de penalti.
Gran primeira do Mazaricos, cun fútbol moi combinativo, moi intensos, con chegadas por banda, córners… aproveitando que o equipo de Roski estivo un rato con 10 pola lesión de Borja. Os amarelos tiveron un remate de cabeza de Pereiro ao que respondía cunha gran parada de Joel, pero tamén os verdes puideron abrir o seu taboleiro cunha chegada de Kevin que cruza demasiado e unha boa xogada entre Oreiro e Kevin na que Pose salva o centro atrás ante a chegada de Fabián.
Na segunda, subiron unha marcha os visitantes, presionando máis arriba e metendo en apuros aos de Marcos, algo máis confiados. Mandan ao longueiro e nunha boa presión Ruli consigue roubarlle o porteiro e marca a pracer o empate. Non durou moito a alegría nos vimianceses porque os poucos minutos tras uns recortes na frontal, Marcos sofre un penalti inxenuo pero xusto. Rachón no falla.
Pouco despois o Baíñas quedaba con 10 pola expulsió de Oreiro, que vía un cartón amarelo por protestar na xogada do penalti e outra por un agarrón no medio campo aínda con 20 minutos por diante. Esa baixa fixo que o Mazaricos tivese máis espazos e puidese sentenciar con varios tiros dende a frontal como un claro de Chumico. Iso si, tamñen Ruli tivo un tiro lonxano que petou no longueiro.
Porteño - Ponteceso (5-1)
- Porteño: José (Sergio), Vicente (Nico), Pejo, Brais Mouzo, Rodri (Pablo), Mayor (Miguel), Saviola (Joseba), Darío, Nico, Chipi e Juan.
- Ponteceso: Álvaro, ELoy Trigo, Iván Rod, Pedro, Luca, Ángel, Martín Puente, Sergio, Alberto Recarey, Eloy Álvarez e David Castro. Tamén: Samuel, Ures, Neira, Iván Rey e Dani Rod.
- Goles: 0-1, m.17: Eloy Álvarez; 1-1, m.31: Mayor marca un golazo tras un taconazo de Chipi; 1-2, m.35: Mayor de golazo dende lonxe; 1-3, m.39: Darío; 4-1, m.40: Pejo nun córner; 5-1, m.71: Chipi de penalti (tras repetición.
O Porteño debutaba na Grixa fronte a un clásico como pode ser o Ponteceso, nun campo cunha fermosa entrada. Pero non saíu enchufado o cadro de Cousillas e Baña, e Eloy Álvarez aproveitaba un erro da zaga local para adiantar aos de Julio Vila , que ata a media hora era dominador do choque.
Espertaron aí os locais, que non por fútbol pero si por insistencia e intensidade, conseguiron sentenciar o partido amosando unha contundencia imparable no último cuarto de hora da primeira parte que os visitantes non foron quen de parar. Os locais gañaban cada duelo como un martelo pilón, e con dous golazos de Mayor, un de Darío e outro de Pejo nun córner, deixaban o choque visto para sentenza.
Facendo as crónicas das #LigadaCosta atopamos golazos coma este de Mayor para o Porteño!!#FutboldaCosta pic.twitter.com/Re2z2rPh7B
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) September 25, 2023
Na segunda, xa con todo o pescado vendido os da Vila de Pondal intentaban reducir distancias pero nada máis lonxe da realidade, e xa co carrusel de cambios, só quedaron minutos de trámite.
Cabana - Muros (1-4)
- Cabana: Roberto, Mario, Fernando, David Rey, Miki Pose, Aarón, Simón, Raúl, Christian, Sergio Ferreiro e Manu Romero. Tamén: Diego, Roi, Miguel, Castro e Pablo.
- Muros: Álvaro Ginki, Juan, Gesto, Javi Pelos, Flavio, Quin, Xavi, Varo, Alon, Dani e Martín. Tamén: Manu Tajes, Alex, Xoel e Púgil.
- Goles: 0-1, m.20: Gesto; 0-2, m.36: Xabi; 0-3, m.38: Xavi; 0-4, m.43: Xavi; 1-4, m.76: Manu Romero de penalti.
Mal partido do Cabana de Pablo ante unha primeira metade “arrolladora” do equipo muradán de Ángel que avisaba con dúas ocaións de Alon e Xavi. Foi Gesto o que abría a lata e Xavi facía un triplete en apenas 10 minutos antes do descanso. Apenas aparecía o Cabana cunha xogada que acababa repelendo o pau.
Algo mellorou na segunda o equipo visitante pero non foi quen de inquedar a meta de Ginki, máis que dende os 11 metros. Un Xavi desatado no día de hoxe pudo facer máis sangue cas súas internadas e mandou outro balón á madeira.
Volantes - Monte Louro (2-4)
- Volantes: Alex de Yi, Isma Mayo, Miguel, Fran Rama, Antonio Rama, Josiño, Javi Romero, Manu de Yi, Lires, e Borja. Tamén: Adrián Cerbán, Manu Priegue, Adri Abeijón, Bruno e Anxo.
- Monte Louro: Pedro, Antón Vidal, Pablo Vidal, Rodri, Borja, David Pais, Chano, Riki, Álvaro Fari, Luis e Miguel Verán. Tamén: Iker, Oscar Fari, Yeray, Javi e Fabio.
- Goles: 1-0, m.10: 1-1, m.13: Chano; 1-2, m.25: Riki; 2-2, m.32: Manu de Yi; 2-3, m.44: Chano; 2-4, m.75: Miguel Verán.
Fermoso derbi muradán vivido no Eleuterio Balayo, cunha primeira metade cunhas defensas moi nerviosas, cos ataques superando en cada xogada. Dominaba algo máis o equipo de Gus, ante un Louro que facía dano en cada balón ás costas. Marcaba pronto o Volantes (en claro proceso de renovación cun plantel totalmente novo), pero pronto Chano e Riki daban a volta ao marcador ante a falta de intensidade na presión dos laranxas. Repúñase o Volantes e recurtaba Manu de Yi e mesmo se uido ter posto por diante de non ser porque Pedro paraba unha pena máxima. “Fichajaso” o do meta lourán.
Na segunda comezou ben o Volantes, pero cos cambios foi baixando a intensidade e á contra o Louro sentenciaba e mesmo puido marcar algunha máis, coas ocasións de Iker de Chano, Javi, Álvaro Fari… Os de Bibi esperan que a lesión de Rodr, que saíu tocado dun xeonllo, non sexa nada.
Outes - Muxía (0-1)
- Outes: Dani, Claudino, Stefan, Cristian, Chía, Martín, Adrián, Iván, Aarón, Pablo, Jura e Ryam. Tamen: Mangelo, Yago Dosil, Veleiro, Marcos, Maceiras.
- Muxía: Domingo, Peski, Anxo, Michael, Gusa, Javi Rey, Víctor Alcaina, Alex, Darío, Iago Muíño e Mauro. Tamén: Ángel, Mateo, Julián, Isma Márquez e Xan Nogueira.
- Gol: 0-1, m.90: Isma Márquez.
Partido moi apretado, moi disputado, de poder a poder, con dous equipos moi serios e intensos. A primeira metade foi moi igualada, cun Outes moi ben armado tratando de defender en campo contrario e dificultando a saída en curto do cadro de Nando e Fran Toba.
Xa na segunda, entre o empurre do cadro muxián e dous cambios forzados que tivo que facer Aez Romero, os locais cederon campo e iso permiteu que o Muxía tivese un maior control e sensación de perigo na área contraria. Pero non había ocasións claras e non foi ata o desconto cando un balón mal defendido permitiu que Isma Márquez se prantase na área e lanzase un tiro cruzado que vale 2 puntos.