Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Mazaricos, Castriz e Monte Louro avisan

Camariñas - Porteño
Ambientazo no Hermanas Patiño para o Camariñas - Porteño
2ª Galicia: Mazaricos, Castriz e Monte Louro avisan

Quedan só 3 equipos no lato da táboa con 3 vitorias en 3 partidos. O Mazaricos desbancou ao Cee cunha inesperada goleada, e avisa, como Castriz e un Monte Louro que se facía, con xustiza, cun dos derbis da xornada.

O outro, moi vivido no Hermanas Patiño entre Camariñas e Porteño, onde os puntos marcharon para a Grixa.

Monte Louro - Muros (3-1)

Monte Louro-Muros en Agra da Filgueira-Foto-Edu Olveira 2
Monte Louro-Muros en Agra da Filgueira-Foto-Edu Olveira 2
  • Monte Louro: Pedro, óscar Fari, Miguel Verán, Borja, Pablo, David Pais, Pardelo, Riki, Álvaro Fari, Luismi e Íker. Tamén: Javi, Fabio, Manolo Chouza, Rodri e Yerai.
  • Muros: Álvaro Ginki, ángel, Gesto, Javi Pelos, Flavio, Quin, Xavi, Varo, Alon, Dani e Martín. Tamén: Manu Tajes, Alex, , Santi, Xoel e Púgi
  • Goles: 1-0, m.12: Riki; 2-0, m.44: Riki; 3-0, m.46: Pardelo a pase de Riki; 3-1, m.63: Xabi.
Monte Louro-Muros en Agra da Filgueira-Foto-Edu Olveira
Monte Louro-Muros en Agra da Filgueira-Foto-Edu Olveira

Fermoso derbi, coma sempre, o vivido en Agra da Filgueira na tarde do sábado con moita xente e moita calor. Primeira metade espectacular do cadro de Bibi, aproveitando a falta de intensidade dos celestes, facendo moitas ocasións e meténdose cun claro 3-0 cun tanto tempraneiro de Riki, e dúas xogadas ao fñio do descanso do propio RIki que deixaban o choque claro.

Pausa de hidratacion no Monte Louro-Muros en Agra da Filgueira
Pausa de hidratacion no Monte Louro-Muros en Agra da Filgueira

Cee - Mazaricos (1-6)

  • Cee: Isaías, Julio, Isma, Borja, Jose, Oreiro, Anxo, Gabri, Bruno, Eze e Adrián. Tamén: Yago, Noe e David Lojo.
  • Mazaricos: Diego Ceca, Borja, Raúl, Carreira, Fran Pose, Pereiro, Iago, Brais Canosa, Sandelo, Rachón e Marcos. Tamén: Alex Barbeira, David, Luís, Molinos e Rodri.
  • Goles: 1-0, m.8: Julio; 1-1, m.13: Sandelo; 1-2, m.44: Rachón; 1-3, m.58: Borja; 1-4, m.63: Rachón; 1-5, m.76: Rodri; 1-6, m.87: Pose.

A xornada sabatina complétabase cun choque entre dous dos catro equipos que sumaban 6 puntos nas dúas primeiras xornadas. Pero o partido decantouse polo lado amarelo, malia que foi o Cee o que se adiantaba por medio de Julio. O Mazaricos tentaba dominar pero o Cee creaba perigo á contra. Así se adiantaba o cadro de Rafa, pouco antes de que unha xenialidade de Sandelo que marca un gol espectacular dende liña de fondo acadara o empate. A primeira metade foi igualada, cos mazaricáns algo nerviosos pero un gol de Rachón permitiu afrontar a segunda doutra maneira.

Moveu moveu o cadro de Marcos, como lle gusta, no segundo tempo, facendo correr aos ceenses que ían perdendo forzas (poucos efectivos no banco) facendo dano por banda, dando pausa nos momentos necesarios e sentenciando.

Baíñas - Corme (2-1)

  • Baíñas: Joel, Raúl, Maikol, Manu, Fabián, Dylan, Adrián, Cristian Canosa, Brandon, Kevin e Ruli. Tamén: Héctor, Carlos, Santi e Christensen..
  • Corme: Quique, Isra, Brais Pailos, Rubén, Senén, Eloy Villar, Martín, Mauro, Borja Torrado, Lucas e Alejo. Tamén: AItor, Adrián, Miguel, Sergio e Hugo.
  • Goles: 1-0, m.10: Fabián; 1-1, m.33: Lucas; 2-1, m.85: Kevin Fandiño.

Mal partido dos de Adrián Lema, que se viron superados en todo momento por un Baíñas que fixo un choque moi serio en todas as súas liñas, cunha gran despregadura física. Os de Roski empezaron moi metidos a pesar da calor (os vimianceses piden desculpas por non telo retrasado), e pronto se metían por diante cun golazo dende fóra da área de Fabián. Pero a partir do min 15 o Corme empezou a combinar e a meter atrás aos locais, sen demasiadas ocasións, pero suficientes para que Lucas lograse o empate tras varios rexeites. Puido meter Fabián nunha diagonal o segundo para os locais ao fío do descanso. 
Tras o descanso os vimianceses axustaron e empezaron a apretar arriba, recuperarnado rápido e levando a iniciativa, con varias chegadas claras de Ruli, que non tivo o día cara gol, ata que contra o final outro golazo cunha falta bastante lonxana de Kevin.

Destaca a volta aos campos no cadro vimiancés de Brandon, xogador camariñán que facía estragos en xuvenís, pero que leva dous anos parado polas lesións.

Volantes - Camelle (0-2)

  • Volantes: Álex de Yi, Isma Mayo, Manu, Javi Romero, Manu Teijo, Miguel, Fran Rama, Josiño, Antonio Rama, Manu de Yi e Borja. Tamén: Cerbán, Manu Priegue, Bruno, Fran Lires, Benja.
  • Camelle: David C, Dido, David V, Martín, Quintelo (Ruso); Estiben, Chans, Gabi (Ángel), Chori (Tereso), Pastelero (Crejo) e Adrián (Sergio). 
  • Goles: 0-1, m.9: Adrián; 0-2, m.88: Sergio.

Partido moi igualado, no que o Volantes de Gus amosou a súa mellor cara, pero volveu acusar falta de acerto cara gol. Ata 4 mans a mans desperdiciaron os muradáns ante de que Adrián adiantase aos visitantes.
O Volantes seguía dominando tamén na segunda metade, combinando desde atrás e con balóns áis directos e creando moitas ocasións pero o balón non entraba. Os visitantes tiveron algunha contra como a que Sergio finalizaría contra o final para deixar o choque sentenciado.

sd camelle celebrando
O Camelle celebrando a vitoria no vestiario

Camariñas - Porteño (0-2)

  • Camariñas: Jorge, Brais, Roi, Oliver, Soule, Moriño, Carlos, Hugo, Yuyo (), Mario e Djibril. Tamçén: Manuel, Víctor, David e Pablo Novo.
  • Porteño: Mariolo, Vicente, Nico, Brais Mouzo, Rodri Mayor, Joseba, Darío (Ángel), Saviola (Pablo), Juan oVello (Jairo) e Chipi (Alan).
  • Goles: 1-0, m.42: Juan oVello; 0-2, m.75: Chipi.

Camariñas - Porteño 2

Comezaba o choque igualado se ben o Camariñas foise facendo co dominio do balón e metendo atrás ao Porteño. Pero nun erro defensivo nun pase atrás, era aproveitado por Juan oVello que estando de palomero, sorprendeu roubando e abrindo o marcador.

Na segunda seguía dominando o Camariñas, pero sen tanto perigo como na primeira metade, ante unha defensa dos da Ponte espectacular, gañando cada duelo. A expulsión de David Pasantes aos 70 minutos xa provocou que o Camariñas non puidese apretar tanto, se ben intentaba unha e outra vez facendo dano pola esquerda. Aproveitou as costas por esa banda Chipi para facer o segundo e sentenciar.

Ponteceso - Outes (2-1)

  • Ponteceso: Samu, Cotelo, Eloy Trigo, Juan Rey, Iván Rod., Pedro, Luca, Martín Puente, David, Alberto Recarey e Eloy Álvarez. Tamén: Damián, Jose, Neira, Sergio e Ángel.
  • Outes: Dani, Claudino, Stefan, Chía, Martín, Adrián, Jura, Pablo, Ryam, Iván, Aarón. Tamén: Mangelo, Iván, Óscar, Maceiras.
  • Goles: 0-1, m.75: Iván; 1-1, m.83: Neira; 2-1, m.88: Neira.

Tarde calurosa no Pinguel, con dous bloques moi ben formados. Empezou o equipo local de Julio Vila mellor posicionado, tomando a iniciativa, e mediada case está primeira parte gozou dunha gran oportunidade con un man a man de Eloy Álvarez co porteiro visitante que este resolveu de maneira espléndida. Os de Alex Romero estaban imprecisos pero pouco a pouco foron facéndose co control e remataron a primeira metade moito mellor.

Comezou a segunda, cos locais de novo mellor plantados, ante un srio Outes que sufría no m.12 a expulsión de Stefan. Pero non se viñeron abaixo sendo capaces mesmo de poñerse por diante cunha fermosa conta rematada por Iván.

Os locais tiraron de orgullo e conseguiron remontar case a continuación con dous goles de Neira (fixo moito dano o primeiro nas filas da Serra polo erro defensivo) tras dúas boas xogadas por banda. A primeira de Sergio que fixo unha boa condución de esquerda a dereita cruzando un bo remate que o porteiro non pudo atallar e que Neira remachou. No segundo Iván Rodríguez na banda contraria tamén conduciu cara adentro asistindo a Neira, que executou co exterior o pao largo facendo o gol do partido.
De aí o final un último esforzo do Outes en inferioridade e que vendeu cara a súa pel demostrando un esforzo e un orgullo encomiables.

Castriz - Cabana (2-1)

  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Adrián García, Anxo, Brais, Sebas, Noli, Iván Pastoriza, Brais, Jairo . Tamén: Samuel, Mata, Álvaro, David Gerpe e Martín.
  • Cabana: Nantón, David Rey, Mario, Fernando, Simón, Raúl Corzón, Sergio Ferreiro, Miki Pose, Aarón Casás, Pablo Pose e Manu Romero. Tamén: Noe, Roi, Miguel, Diego e Christian.
  • Goles: 1-0, m.35: Noli de falta directa coa axuda da barreira; 2-0, m.68: Mata tras varios rexeites; 2-1, m.90: Manuel Romero de penalti.

Castriz - Cabana SD

Superou o Cabana ao Castriz na primeira metade, cunha formulación baseada no bloque defensivo, poñendo en apuros a este Castriz que comeza a temporada aspirando a todo. Ademais, nnon estiveron acertados cara gol os xalleiros, que fallaron un par de ocasións, pero si conseguiron poñerse por diante con algo de fortuna.

Foi clave para os locais poñerse por diante, o que obrigou ao Cabana estirarse algo máis e aí á contra o equipo de Chouza foi letal, cun tanto de Mata tras varios rexeites. Pero o Castriz sufriu a expulsión de Pastoriza (por protestar, critican dende o banco xalleiro que non caera nin un só cartón por xogo duro), e un penalti que transformou Manuel Romero, e que fixo sufrir aos rossoneros ata o pitido final.

Muxía - Coristanco (1-1)

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Gusa, Mauro, Alex, Iago Muíño, Isma Márquez, Fran Moreira, Víctor Alcaina e Julián. Tamén: Ángel, Mateo, Dario, Xan Nogueira e David.
  • Coristanco: Rubén, Joni, Adri Pazos, Álex, Raúl, Dani Vázquez, R, Lorenzo, Chechu, Casti, e David LP. Tamén: Belar, Kevin, Lou, Randy e Ángel.
  • Goles: 0-1, m.25: Raúl; 1-1, m.44: Víctor Alcaina.

Partido moi igualado o vivido en Arliña, cun choque moi entretido e vistoso para os espectadores, con moitas ocasións. Dominou o cadro de Cali a primeir a metade, adiantándose no treito final pero tendo varias ocasións claras. POuco a pouco o equipo de Fran Toba e Nando foi retomando o mando e tivo varias chegadas antes de que Víctor Alcaina empatase nunha contra rápida.

Na segunda dominaron máis os locais, con varias chegadas claras, se ben polo bando verde tamén Raúl, na presión sobre o porteiro, e Casti cunha fermosa vaselina, puideron poñer por diante aos coristanqueses.
No teiro final o choque puido caer para os locais ante un Cali que non ficou contento coa actuación arbitral.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios