Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Muxía abre de novo a loita

Volantes-Muros-Foto-Adriana Fdez 1
Imaxe do Volantes-Muros-Foto-Adriana Fdez
2ª Galicia: O Muxía abre de novo a loita

Que fermosa está, é, a Liga da Costa. Hai unha semana daba o San Lorenzo un golpe enriba da mesa e miraba en fite o título. Unha semana despois ábrese de novo a lata. E gracias a que salvou un punto no desconto nun polémico partido celebrado nas Redondas, senón o Muxía, agora 3º tralo novo tropezo do Corme, quedaría a 4 puntos.
Ben é certo que o periplo de aquí ao final de Liga para o San Lorenzo serán 5 xornadas contra equipos da zona media-baixa, e que ese colchón de 5 puntos debería ser suficiente para manter distancias e alcanzar o título e o ascenso directo.
Muxía e Corme loitarán pola 2ª praza, tendo xa unha vntaxe de 10 e 9 puntos sobre un Castriz ao que se lle está facendo moi longa a liga, en liña coa media de idade do seu plantel.

A zona baixa segue apretada, pero 4 equipos teñen moitas papeletas para caer á 3ª Galicia, tendo en conta os 2 descensos directos e os ata 3 posibles arrastres que caen da 1ª.

Volantes - Muros (3-2)

Volantes-Muros-Foto-Adriana Fdez

  • Volantes: Álex de Yi, Pais, Jandro, Pablo Martínez, Santi, Miguel, Damián, Rodri, Pesco, Rachón, Kevin. Tamén: Álex Figueiras, Isma, Mamadou, Manu de Yi e Diego.
  • Muros: Xandre; Isma, Pelos, Iván Cerilla, Gesto, Kin; Xaco, Ra; Varo; Alonso e Xavi. Tamén xogaron: Dani Jurjo, Jesús da Meca, Fran Chuvasco e Alex Majorra.
  • Goles: 1-0, m.5: Rachón; 2-0, m.23: Pesco; 2-1, m.67: Dani Jurjo a pase de Ra; 2-2, m.70: Alon; 3-2, m.87: Rachón.
Ivan Cerilla e Pesco no Muros-Volantes-Foto-Adriana Fdez
Ivan Cerilla e Pesco - Foto-Adriana Fdez

Saíu enchufado o Volantes, intentando facer dano por banda, e pronto se adiantaban cun tanto de Rachón, tras un bo pase de Jandro. Xa antes, Pesco mandaba un balón á madeira. O Muros comezaba a reaccionar, pero de contado Pesco facía o segundo tras un erro defensivo dos celestes. Remataba máis barullento o primmeiro tempo co cadro muradán colgando balóns sobre a área local.

Na segunda cambiou o partido. A entrada de Dani Jurjo e Jesús da Meca envalentonou aos de Porrúa, volvéndose donos do encontro, e chegando moi ben por banda. Jesús da Meca avisaba pero o colexiado anulaba o tanto. Aguantaban as embestidas iniciais o Volantes, pero o Muros seguía percutindo ata que Dani Jurjo marcaba primeiro e pouco despois Alon empataba ao remate dun corner. Cando parecia que o partido se decantaría polos celestes, co Volantes aínda “groggie”, Mamadou atopa espacios xogando de extremo dereito e pon un centro que Rachón mete para facer o 3-2 para os laranxas. De aí ao final os de Baño souberon sufrir para manter a vitoria.

 

Ponteceso - Outes (3-0)

  • Ponteceso: Alvaro, Cote, Eloy Trigo, Juan Rey, Alberto Recarey, Mendieta, David, Ángel, Isaac, Pedro e Charro. Tamén: Hadrián, Ures, Iván Rey, Martín Puente e Pablo Barreiro.
  • Outes: Alex, Jura, Clau, Caamño, Martín, Cutu; Priegue, Babu, Capelo; Santi e Roberto. Tamén: Stenfa, Manjelo, Veleiro e Nico.
  • Goles: 1-0, m.30: Charro define no man a man; 2-0, m.52: David de voleón; 3-0, m.68: Charro a pase tras roubo de David.

Partido máis igualado do que sinal ao resultado. A primeira metade foi sosa, sen ritmo por parte de ningún equipo, cun xogo moi previsible, sen intensidade claras e poucas ocasións, máis que un man man de Santi que tivo que sacar o porteiro xuvenil Álvaro; e outra que Charro transformou en gol.

Axitouse algo máis o partido na segunda, xa con máis ocasións nas dúas áreas, cos ataques sempre superando ás defensas. Co 1-0 tivo Martín tivo outro claro man a man pero Álvaro volveu intervir para salvar aos de Pablo Mallón. Aí aparecía o xuvenil David para marcar cun voleón e para roubar un balón con fe e cederlle para que Charro fixese o terceiro matando partido, e dando ao Ponteceso, o menos mal, unha xusta vitoria.

 

Cerqueda - Oza (0-0)

  • Cerqueda: Mario, Dani Reixía, Marcos Pensado, Verdes, Atu, Lorenzo, Pedro, Gustavo, Samuel, Javi Souto, Manu Guillamet. Tamén: Hugo, Sergio, Alex, Christian Velo, e Andrés.
  • Oza: Brais; Casáis, Lavandeira, Alberto, Iago Rodríguez, Alex Freire, Pache, Álex López, Nico (Edu), David LP e Nacho.

Partido malo, moi físico e duro, cun empate que lle serve pouco aos dous pechacancelas da categoría. Estaba dominando algo máis o Cerqueda, con varias chegadas, ata que no m.35 Atu, que estaba sendo o mellor do equipo de Emilio Uzal, sufría un cobadazo que lle rompe o nariz, nunha xogada na que o colexiado non sinalou nin falta. A familia do Oza deséxalle a máis rápida recuperación a Atu.

O xogo enfriouse aínda máis, e o cadro de Míchel tivo a única ocasión nun tanto que o colexiado anula por fóra de xogo.

Na segunda domina máis o Oza, pero sen perigo, mentres que o Cerqueda pediu un penalti sobre Manu Guillamet.

 

Monte Louro - Corme (4-1)

  • Monte Louro: Xacobo, Juan Lois, Borja, Óscar Fari, Miguel Verán, Álvaro Fari, Íker, Pardelo, Raúl, Xián e Riki. Tamén: Chano, Antón. Peski, David e Yeray.
  • Corme: Adri, Jesús, Brais Pombo, Gabri, Rubén, Brais Pailos, Borja Torrado, Miguel, Isra, Hugo e Manu Bermúdez. Tamén: Quique, Martín, Noel, Yago e Teo.
  • Goles: 1-0, m.1: en propia meta; 2-0, m.30: Xián; 2-1, m.47: Hugo de penalti; 3-1, m.67: Íker; 4-1, m.89: Peski a pase de Íker.

Segue de doce o Monte Louro en Agra da Filgueira, coa xente enchufada, ante un Corme que chegaba con moitas baixas (Samu, Eloy, Lucas, Aitor, Alejo, Laik…) e algún tocado fisicamente e polas festas de Corme aldea do sábado… Ademais, nada máis comezar, gol en propia meta dos cormeláns. O cadro de Bibi dominaba e e tiña ocasións de Íker, o mellor do partido, nun momento de forma incrible, e tamén de Xián, Álvaro Fari… Era Xián o que facía o segundo. Pero pouco despois o equipo local perdía a Raúl por unha escordadura de nocello.

Acusou esa falta de Raúl o Monte Louro e sufriu no comezo da segunda, ante un Corme que se metía no partido cun tanto de penalti e un cuarto de hora nos que o empate fixo sombra sobre a portería de Xacobo. Pero non eran claras as ocasións dos de Ángel, mentres que na área contraria, un avión chamado Íker facía unha carreira, regateaba a varios defensas e cruzaba o balón para facer o terceiro.
Calmouse de novo o partido e no treito final, outra cabalgada de íker acababa co cuarto gol, obra de Peski.

 
MontelOuro -Foto-Edu
Monte Louro en modo celebración

Coristanco - Cee (2-0)

  • Coristanco: Rubén, Samu, Villa, Pazos, Joni, Dani, Mario, Kevin, R, Casti e Rama.
  • Cee: Maikel, Colombia, Borja, Iago, Anxo, Keko, Fraga, Jose, Pablo Lestón, Regueiro, Isaac Fábregas.
  • Goles; 1-0, m.82: Rama; 2-0, m.89: Rama.

Partido igualado, no que o Cee, con moitas baixas, esperaba ordenado atrás, buscando saír rápido aos desmarques de Isaac, que tería dúas boas ocasións anuladas, unha por fóra de xogo e outra por man. Isaac mandaba un balón á madeira e o xuvenil Keki tamén puido abrrir o marcador. Mentres, o cadro de Juni intentaba combinar e chegar por banda, aínda que na primeira parte só Villajos chegaría a diante do porteiro con unha boa acción persoal. O resto do perigo foi a balón parado na cabeza de Joni e Pazos.

Na segunda melloraron os locais con balón, pero tampouco sen demasiada profundidade. Protestou o Cee unha decisión arbitral clave no m.70, cando Isaac quedaba só diante do porteiro pero o colexiado sinalaba fóra de xogo malia que os ceenses consideran que o balón viña dun rival.
Non se movería o marcador ata preto do minuto 80 cando o rexeite dunha falta de Mario que se coaba era repelido cun paradón por parte do porteiro ceense, pero cazaba Rama o rexeite de cabeza para o 1-0.
Pouco despois, e xa co Cee envorcado sobre a área local, de novo Rama tras unha xogada embarullada tiraba preto do pau. Na seguinte, acción practicamente idéntica, na que tras xogada por banda de Casti collía Rama un rexeite para o 2-0.

 

Corcubión - Muxía (2-5)

11 do Muxia en Corcubion
11 do Muxía no Cubaleiro
  • Corcubión: Bruno, Eli, Nacho, Mario, Castillo, Goche, Antu, Tano, Martín, César e Iago. Tamén: Joaquín, Leo e Íker.
  • Muxía: Joselu, Anxo, Michael, Gusa, Congui, Julián, Adrián Alcaina, Maikel Mouzo, Iago, Mauro Romaní, Manu Nogueira. Tamén: Xan Nogueira, Domingo, Peski, Fran Moreira e Alex.
  • Goles: 1-0, m.5: Iago; 1-1, m.16: Mauro; 2-1, m.33: César; 2-2, m.44: Manu Nogueira de penalti; 2-3, m.58: Manu Nogueira de penalti; 2-4, m.64: Fran Moreira; 2-5, m.83: Fran Moreira.

Partido máis competido do que di o resultado final no que os locais se puxeron ata dúas veces por diante no marcador. Nada máis comezar Iago Lema definía nun man a man a pase de Goche. Respondería o Muxía cun disparo raso á cepa do pau desde a frontal de Mauro Romaní, deses que parecen fáciles, pero demostran moita calidade. Repetiuse o guión, cun novo tanto de César Lojo tras unha boa internada por banda. Pero antes do descanso, o Muxía empataba dende os 11 metros.

Co 2-2 na segunda metade os locais volveron tela para poñerse por diante cun disparo ó pau pero sería o Muxía de novo de penalti (este moi protestado polos locais) permitía a Manu Nogueira darlle a volta ao marcador. O gol sacou ós xogadores locais do partido que viron como o Muxía ampliaba a sua vantaxe con dous tantos de Fran Moreira.

 

Cabana - San Lorenzo (3.3)

  • Cabana: Víctor, Aarón, Sergio Ferreiro, Naka, Cristian (Javi), Fernando, Sergio Antelo, Moreno, Simón (David), Miguel (Pablo).
  • San Lorenzo: Benja, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Dani Cotelo, Andi, Mateo, Jairo, Alex Taibo, Eloy Arantón e Iván Rojo. Tamén: Diego Fidalgo, Diego Varela, Joaquín, Altair e David.
  • Goles: 01, m.34: Alex Taibo; 1-1, m.40: Miguel; 2-1, m.42: Aarón de penalti; 3-1, m.58: Simón; 3-2, m.67: Altair; 3-3, m.88: Iván Rojo de penalti.

Polémico partido nas Redondas, moi protestado polos locais que viron como se lle escapaban os puntos ante o líder no último suspiro, tras estar 20 minutos con 9 homes por unha doble expulsión.
Comezaba o choque co San Lorenzo dominando, pero sen fuidez nin poder superar liñas. A primeira ocasión chegaba tras un balón longo sobre Castro pero a súa valesina sae alta, nunha xogada na que os locais pediron penalti e expulsión do porteiro por “arrollalo” dentro da área. Pouco despois adiantábase o San Lorenzo por medio de Taibo ao recolller un pase de Iván Rojo. Non tardaba en empatar o Cabana por medio de Miguel. E aínda antes do descanso Aarón poñia o 2-1 de penalti cometido sobre Miguel, noutra xogada protestada polos locais por ter sido o último home.

Arrincaba segunda metade, cun Cabana de José Manuel moi enchufado, facendo dano, e conseguindo facer o terceiro por medio de Simón. Pero o tanto reviviu ao cadro de Dani Casal, que sub iría liñas e pronto recurtaba cun acrobático remate de Altair.

A falta de 20 minutos chega un carrusel de emocións. O colexiado expulsa a Fernando por doble cartón; na seguinte xogada Simon dispón dun man a man que para Benjamin e na contra Moreno faille falta a un xogador do San Lorenzo que encaraba a portería e o colexiado sinala falta e expulsión por ser o último home. Quedaban 20 minutos por diante e o Cabana con 9 defendíase como podía, ata que xa case que co tempo cumplido o colexiado sinalaba unhas dubidosas mans de Javi que Iván Rojo non desaproveitaba. Co líder envorcado, aínda Iván Rojo tivo o cuarto pero Víctor sacou unha gran parada para manter un punto nas Redondas.

 

Castriz - Camariñas (0-2)

  • Castriz: Juan, Samuel, Adrián Gracía, Ferreiro, Álex Forján, Saúl, Anxo, Martín Gemelo, Iván Facal, Noli e Sebas. Tamén: David, Álvaro, Pastoriza e Fran Calvo.
  • Camariñas: Jorge, Brais, Roi, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David (Barreiro), Saviola (Hugo), Yuyo (Víctor), Soule, Mario (Manuel).
  • Goles: 0-1, m.37: Mario; 0-2, m.53: Yuyo.

Recupera a senda da vitoria o Camariñas ante un Castriz en plena caída, moi lonxe a día de hoxe do verdadeiro nivel do equipo. O Camariñas leu mellor o partido, presionando no medio, roubando e facendo dano coas entradas rápidas por banda. Estaban moi cómodos os de Cabrejo, movendo o balón moi rápido no medio campo e buscando a Soule e Mario polas bandas, que desbordaban continuamente, con Soule que recuperaba moitos balons, e despos atacaba moi ben pola banda esquerda poñendo moi bos centros, e Mario pola dereita que cando tiña o balón era perigo seguro. Así chegaba o 0-1, con Mario aproveitando un rexeite.
Os de Miguel Chouza pegaron un arreón por verse detrás no marcador pero sen demasiada fe.

Saíu con mellor actitude na segunda o cadro local, pero o segundo tanto chegou demasiado pronto, no primeiro achegamento do Camariñas nunha xogada por banda Esquerda que remara Yuyo. Demasiada lousa para levantar para os xalleiros, que aínda así deron a cara, tendo ata un par de boas ocasións de Noli e outra de Adrián García, pero o partido foi esmorecendo, cun Camariñas moi firme atrás e cunha columna vertebral formada por Moriño, David e Saviola tremendamente serio.

MÁIS CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios