Mércores. 17.07.2019
El tiempo

3ª Galicia: O Cabana peta na mesa de San Pedro nunha xornada de tolos

36 goles en 6 partidos. Esta foi a xornada de tolos da 3ª Galicia cun claro protagonista: o Cabana. O partidazo da xornada disputábase en San Pedro, e non defraudou. Vencía por un sorprendente resultado ao Castriz, e arrebátalle a 2ª posición deixándoo a 2 puntos do ascenso directo. 
 

Cabana vencendo en Castriz
Cabana vencendo en Castriz
3ª Galicia: O Cabana peta na mesa de San Pedro nunha xornada de tolos

36 goles en 6 partidos. Esta foi a xornada de tolos da 3ª Galicia cun claro protagonista: o Cabana. O partidazo da xornada disputábase en San Pedro, e non defraudou. Vencía por un sorprendente resultado ao Castriz, e arrebátalle a 2ª posición deixándoo a 2 puntos do ascenso directo.

Por diante segue o implacable Coristanco, que sufríu algo máis do habitual para manterse como o único equipo invicto do Fútbol da Costa tras 19 xornadas.

Camariñas era o o outro foco de atención, con dous derbis. O de arriba deixaba a cousa máis apretada, con Camariñas e Porteño ben posicionados para meterse na promoción. O cadro azul recurtáballe 3 puntos aos rosas. Na zona baixa, o Camelle daba conta das Baleas, nun choque disputado no Hermanas Patiño polo mal estado aínda do Rodeiro.

Noutro choque de tolos, o Corcubión sorprendía vencendo (a súa primeira vitoria do curso) a un Outes que aínda mantén a última praza de promoción, pois nin Castrelo (vai costa abaixo tras ceder outro empate ante o Laxe) nin Nantón parecen auparse á pelexa.

Outes FC 3 – 4 UD Corcubión

  • Outes FC: Antón, Joel, Simón, Paulo, Sergio, Martín, Chía, Babu, Martín, Santi, e Eloi. Tamén: Alvarito, Sergio, Jura, Fabio e Veleiro.
  • UD Corcubión: Marcos, Eva, Mario, Pablo, Oca, Chiru, Lema, Álex, Rodri, Lagoa e Álex Agulleiro. Tamén Tito, Roi e Diego.
  • Goles : 0-1, m.10: Álex Agulleiro; 1-1, m.12: Eloi; 1-2, m.15: Eloi; 1-3, m.30: Babu; 2-3, m.50: Lema dende lonxe; 3-3, m.51: Lema de gol olímpico; 3-4, m.75: Lema de penalti sobre Lagoa.

 

Partido de tolos que comezaba co cadro local apretando, e mesmo gozando de varias ocasións. Pero era o Corcubión o que se metía por diante no marcador cunha falta colgada por Chiru que remata Álex Agulleiro. O gol despertou ó Outes, que en menos de 5 minutos deulle a volta ó marcador e que faría o terceiro antes do descanso.

Tralo paso por vestiarios o equipo local baixou o ritmo e o aproveitou o Corcubión, que cun zapatazo desde longa distancia de Lema que entrou tras pegar no longueiro. Un minuto despois, cun córner que entra prácticamente olímpico, empatou o partido.

O partido empezou a ser de ida e volta e nunha contra un penalti sobre Lagoa o transformaría Lema para dar a vitoria ó equipo de Corcubión. O Outes volcouse sen sorte, e protestou a actuación arbitral.

Camariñas FC 2 – 0 CF Porteño

  • Camariñas FC: Pablo, Rodri, Raúl, Brais, Moriño, Nico, Miki, Adrián, Joseba, Óliver, Djibil.
  • CF Porteño: Josiño, Oli, Toxo, Manoliño, Vicente, Porto, Ángel, Jorgito, Javi Antelo, Roi, Nazo. Tamén: Mario, Jimmy, Luñis, Pejo e Cachi.
  • Goles: 1-0, m.60: Djibril; 2-0, m.70: Djibril.

Camarinas e Porteno no Hermanas Patino-Foto-CF Porteño

Típico derbi que levou o Camariñas por merecimento, ante un Porteño que nunca se atopou. A primeira parte con excesivo control por parte dos dous equipos, sen apenas ocasións, só unha Djibril, xa “Givi” para os compañeiros, que desviou Josiño cunha gran parada.

A segunda metade cambiou o perfil do encontro, pois o Camariñas foi decidido pola vitoria, buscando sempre a Givi, que foi un verdadeiro quebradeiro de cabeza para a defensa rosa. Con dúas xogadas tras sendos balóns longos sentenciaba practicamente o choque.

Durante o último cuarto de hora, o Porteño empuxou pero a base de colgar balóns que o Camariñas soubo defender.

CF Castrelo 2 – 2 SD Laxe

  • CF Castrelo: Carreira, Steven, Estebo, Mario, Luis (Chavico m.69), Dani Picallo, Iván (Félix m.60), Maikol, Cacu (Rubén Blanco m.80), Darío e Quintelo.
  • SD Laxe: Eloy, Iván, Borja, Felipe, Andrés, Adrián Lema, Dani Pose (Zúrich m.68), Ruso, Elías Santiago (Adrián Pasantes m.68), Djamel, Bieito (Manuel m.87).
  • Goles: 0-1 m.9: Adrián Lema; 0-2 m.39: Dani Pose; 1-2 m.44: Carreira; 2-2 m.65: Cacu.

11 do Castrelo

O Laxe comezaría moi ben o encontro e a consecuencia diso, adiantaríase no luminoso grazas a un gol de Adrián Lema.

Co marcador ao seu favor, o Laxe levaría a voz cantante e aumentaría a súa vantaxe cun gol de Dani Pose a falta de seis minutos para o tempo do lecer, algo que poñía as cousas moi ben para os homes de Órdoñez.

Pero ao fío do descanso, aparecería o gardameta local Carreira para meter aos seus no encontro cunha falta dende o seu propio campo, facendo así un chamado gol psicolóxico.

O segundo tempo foi de ida e volta no que tanto puido sentenciar o Laxe como empatar o Castrelo, e isto último sería o que sucedeu mediada esta segunda parte, momento no que Cacu facía o 2-2 que resultaría definitivo nun partido que parecía controlado polos laxenses pero no que reaccionarían os vimianceses para sacar un punto.

SD Castriz 4 – 8 Cabana SD

  • SD Castriz: Alvarito, Carlos, Rompe, Adrián, Bruno, Steven, Iván, Martín Gemelo, Álex, Robi, Sebas.
  • Cabana SD: Darío (Víctor), Raúl, Duda (Isma), Pipa, Dani, Manolo (Fernando), Iván Mato, Aarón, Manuel (Pablo Senande), Cacha (Pablo), Santi.
  • Goles: 1-0, m.2: Martín; 1-1, m.4: Manuel; 1-2, m.20: Manuel; 1-3, m.22: Iván Mato; 2-3, m.26: Martín; 2-4, m.44: Aarón; 2-5, m.62: Pablo; 2-6, m.65: Manuel; 2-7, m.68: Iván Mato; 3-7, m.80: Sebas; 3-8, m.83: Iván Mato; 4-8, m.89: Cristian.

Cabana-Castriz-Foto-Cabana

Tremendo partido en San Pedro, no que se xogaban máis de tres puntos. De feito notábase no ambiente, tenso dende o comezo, cun xogo moi forte pero limpo, como demostra que o colexiado só sacou un cartón.

Nada máis comezar o Castriz, que saía apretando arriba, adiantábase. Pero sen tempo a dixerilo, o xuvenil Manuel facía o empate. O cadro local segúa facendo dano con balóns ás costas da defensa cabanesa, e entrando con velocidade polas bandas, pero a defensa visitante estaba moi firme por arriba. O Cabana íase facendo algo máis co balón e no ecuador do primeiro tempo, de novo Manuel e Iván Mato facían dous goles consecutivos que abrían unha fenda no marcador.

Non decaía o cadro xalleiro e pronto recurtaba de novo Martín, aproveitando momentos de nervos na zaga visitante. E co empate a piques de chegar, Aarón marcaba de novo para volver abrir marxe antes do descanso.

Saía en tromba o Castriz na segunda ante un Cabana que perdía a Cacha e Duda por lesión. Pero apareceu a figura de darío cando máis o necesitaba, parando un penalti e facendo tres intervencións espectaculares. Na banda contraria, cada chegada dos “neurazzurri” era gol, e cos dous goles de Pablo e Manuel o Castriz desmoronábase, rematando o partido moi tolo.

Camelle SD 4 – 2 As Baleas FS

  • Camelle SD: Roi, Rubén, Snacky, Rodri, Cristian, Carlos de Dido, Barreiro, Adrián Vieites, Varu (David Vázquez m.74), Miguel Riveiro, David Camariñas (Carlos Suárez m.57).
  • As Baleas FS: Carlos, Brais, Brian (Isma m.66), Marcos (José m.73), Juan, Nico (Juan Lado m.57), Chapu (Casachoa m.36), Diego, Nené, Carlos González e Jesús.
  • Goles: 0-1 m.27: Nené; 1-1 m.34: Carlos de Dido; 2-1 m.37: Miguel Riveiro; 3-1 m.44: Barreiro; 3-2 m.55: Nené; 4-2 m.87: Adrián Vieites.

Partido no que prevaleceu o xogo directo e ao que o Camelle non entrou demasiado enchufado, consecuencia que fixo que As Baleas se adiantasen no marcador por medio de Nené.

Este gol fixo espabilar aos camelláns e Carlos de Dido avisaría das súas intencións cun remate á madeira, pero na seguinte non perdoaría e poñería o 1-1. E case sen tempo para respirar, Miguel Riveiro non controlaría ben un balón longo pero aproveitando a saída do gardameta, o xogador do Camelle faría un remate maxistral á reviravolta para mandar o balón ao fondo da rede, a pesar do intento dos defensas por evitalo.

Ao fío do descanso, Barreiro aproveitaría un novo balón longo para plantarse ante Carlos e superalo no man a man. E co 3-1 no marcador, chegaríase ao tempo de lecer.

Na segunda metade, o Camelle tivo numerosas ocasións para sentenciar o encontro, pero serían As Baleas quenes recortarían diferenzas no marcador por medio de Nené.

A partir disto, os homes de Vicentiño buscaron o empate e tomarían moitos riscos en defensa que os camelláns non souberon aproveitar. E non sería ata o minuto 87, cando Adrián Vieites mataría definitivamente ao partido para darlle a vitoria ao Camelle logo dunha boa xogada individual que supuxo o 4-2.

SD Coristanco 2 – 1 CD Nantón

SD Coristanco

  • SD Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Mato, Torres, Lagoa, Pazos, Samuel, Rubio, Corral, Cebey, Álex. Tamén; Dani Castiñeiras, Dani Vázquez e Erre.
  • CD Nantón: Guille, Efe, Costiña, Martín, David Cigarini, Santi (Fabio), Pablo Fuentes, Juanciño, Pastor (Iván), Redondo, Christian.
  • Goles: 1-0, m.3: Lagoa de penalti cometido sobre Corral; 1-1, m.52: Christian; 2-1, m.67: Corral.

Parece, pero non son fáciles os partidos que segue vencendo o Coristanco. Onte o Nantón púxolle as cousas moi complicadas de principio a fin, con pelexa e moito ritmo ata o pitido final.

O choque comezaba co Coristanco adiantándose dende os 11 metros. Neses primeiros compases puido caer algún máis pero o Nantón reaccionaría.

Xa na segunda metade conseguía empatar por medio de Cristian, o máis listo da clase aproveitando unha indecisión entre a defensa e a curta saída de Diego Mallo, e mandando o balón o fondo da rede de cabeza.

O partido volveuse tolo, de área a área, pero só Corral, nunha xogada ata a liña de fondo, o que movería o marcador para os locais. Marcaría corral dunha xogada en profundidad que el mismo rematou no pao corto. Aínda tivo que poñer o mono de traballo o equipo de Eloy, para defender con unllls e dentes o resultado ante as embestidas dos de Carlos Margarida.

Comentarios