Xoves. 28.03.2024
El tiempo

3ª Galicia: A liga regular puxo punto e final á tempada

A SD Coristanco coa Copa de campión desta Terceira Galicia. Foto: www.diariodeportivo.gal
A SD Coristanco coa Copa de campión desta Terceira Galicia. Foto: www.diariodeportivo.gal
3ª Galicia: A liga regular puxo punto e final á tempada

A liga regular chegou ao seu fin sen máis sobresaltos nunha xornada na que o Coristanco recibiría a copa que o acredita como campión desta Terceira Galicia e no que os equipos que van a xogar o playoff de ascenso reservaron algúns xogadores de cara a esa loita por subir á Liga da Costa.

SD Camelle 0 – 3 Outes FC

SD Camelle: Barreiro, Rubén (Adrián Tajes m.60), Rodri, Valiña, Pablo, Tedín, Jati, Carlos de Dido, Miguel Riveiro, David Vázquez (Varu m.68) e David Camariñas.

Outes FC: Antón (Peipo m.60), Álvaro, Caamaño, Paullo (Christian m.73), Simón, Chía (Jura m.69), Santi, Saúl, Eloy, Quin (Martín m.60) e Sergio Lado.

Goles: 0-1 m.15: Santi; 0-2 m.60: Quin; 0-3 m.67: Santi.

Encontro sen nada en xogo entre dous equipos que pasase o que pasase no Rodeiro non ía cambiar a súa situación na táboa clasificatoria, xa que o Camelle tiña a décima posición asegurada, o mesmo que lle pasase o Outes coa quinta praza.

A eficacia dos homes de Miguel Ramos foi clave para levarse os tres puntos cara a Serra de Outes nun encontro no que converteu en gol tres das catro ocasións coas que contou ante un Camelle que tamén tivo as súas pero que non foi quen de materializalas e de aí que se dese o 0-3 final, co que ambos equipos puxeron punto e final a competición ligueira.

Cabana SD 4 – 1 SD Laxe

Cabana SD: Víctor (Darío m.53), Manolo, Raúl, Duda, Castro (Manuel m.60), Aarón (Pablo Pose m.60), Dani (Pipa m.67), Fernando, Pablo Senande, Iván (Ismael m.67).

SD Laxe: Manuel, Borja, Ventura (Iván m.59), Andrés (Eloy m.80), Elías Galeano, Adrián Lema, Dani Pose (Felipe m.55), Ruso, Brais, Iago e Djamel.

Goles: 1-0 m.18: Iván; 2-0 m.27: Iván; 2-1 m.36: Andrés; 3-1 m.54: Aarón; 4-1 m.62: Pablo Pose.

Encontro sobre o papel de mero trámite pero nos derbis da ría non existen os partidos amigables e incluso habería algunha que outra entrada bastante dura.

O Laxe comezaría mellor pero segundo ían pasando os minutos, o Cabana foise facendo co control e dous goles de Iván poñerían as cousas favorables para os cabaneses.

Antes do tempo de lecer, Andrés parecía meter aos seus no partido co 2-1 pero á volta de vestiarios, Aarón e Pablo Pose poñerían o definitivo 4-1 e sentenciarían o encontro.

As Baleas FS 1 – 3 CF Porteño

As Baleas: Moha, Brian, Nico, Diego, Ismael, Carlos González, Jesús, Álvaro, Chapu, José e Dani. Para cambios: Juan Lado e Darío Búa.

CF Porteño: Josiño, Pejo, Vicente, Oli, Manu, Rodri, Manoliño, Ángel, Pepe Wii, Martín e Nazo. Para cambios: Mario, Cousillas e Cachi.

Goles: 0-1 m.15: Nazo; 0-2 m.46: Nazo; 0-3 m.86: Pejo; 1-3 m.89: Diego.

Partido tranquilo para un Porteño que afrontou este derbi camariñán pensando na fase de ascenso e facendo numerosas rotacións.

A pesares disto, os homes de Varela adiantaríanse no marcador cun gol de Nazo á contra e a partires deste tanto inicial, o Porteño dominaría o xogo pero sen crear perigo sobre a portería rival.

Nada máis voltar dos vestiarios, Nazo faría o 0-2 e a raíz deste gol, o encontro volveríase tolo cun As Baleas que buscaba o gol á deseperada e o Porteño trataba de matar o partido á contra, pero as ocasións brillarían pola súa ausencia.

No tramo final, Pejo faría o terceiro dos seus á saída dun córner e Diego anotaría o definitivo 1-3 nun erro defensivo dos visitantes.

SD Coristanco 5 – 0 Sporting Seaia CF

SD Coristanco - Sporting Seaia

SD Coristanco: Diego Mallo (Alberto m.84), Sergio (Erre m.25), Mato, Torres (Dani Vázquez m.80), Lagoa, Pazos, Samuel, Javi, Corral (Xuko m.68), Cebey (Damián m.70) e Álex.

Sporting Seaia CF: Recarey, Canario, Parga, Quintas (Mario m.46), Pablo, Chols (Curí m.76), Parga, Vistas, Toni, Iván, Dímaga (Christopher m.59).

Goles: 1-0 m.25: Pazos; 2-0 m.62: Mato; 3-0 m.65: Corral; 4-0 m.69: Xuko; 5-0 m.77: Samuel.

Expulsión: O visitante Recarey co partido rematado.

O encontro comezou cun Sporting Seaia aguantando ben as embestidas locais e sen ocasións de perigo para ningún dos dous equipos, aínda que no minuto 25, Pazos adiantaría aos locais.

No inicio da segunda metade, o cadete Mario puido facer o empate en dúas ocasións que se quedarían en nada. E pouco despois, Mato e Corral farían dous goles en tres minutos que deixarían moi tocado a un Sporting Seaia que baixaría os brazos totalmente, algo que aproveitarían os coristanqueses para facer o cuarto e o quinto e poñer o definitivo 5-0 no electrónico.

CD Nantón 5 – 1 UD Corcubión

CD Nantón: José Manuel, Fran, Cachopo, Eloy, Costiña, Rúper, Fabio, Javi (Juanciño m.46), Pastor (Guille m.71), Martín (Santi m.46) e Christian.

UD Corcubión: Marcos, Mario, Ángel, Oca, Pablo (Lagoa m.46), Chiru, Tito, Alan, Diego (Eva m.52), Álex Agulleiro (Roi m.63), Rodri (Álex Castro m.63).

Goles: 1-0 m.3: Christian; 1-1 m.10: Tito; 2-1 m.15: Fabio; 3-1 m.32: Rúper; 4-1 m.51: Christian; 5-1 m.89: Christian.

Expulsión: O visitante Mario no minuto 89.

Encontro pouco vistoso no que o Nantón tivo máis dominio de balón e estivo máis acertado de cara a gol, tanto foi asía que aos tres minutos, Christian adiantaría aos locais  á saída dun córner.

Pero non tardaría en empatar o Corcubión e faríao por medio de Tito. Tras isto, o Nantón lograría poñerse por diante no marcador e aumentar a súa vantaxe grazas aos goles de Fabio e Rúper, polo que se chegaría ao tempo de lecer co 3-1 no marcador.

Nada máis voltar dos vestiarios, Christian faría o cuarto do Nantón nunha contra, momento no que o partido quedaría visto para sentenza.

Xa nos minutos finais, o propio Christian completaría o seu particular hattrick para facer o definitivo 5-1.

SD Castriz 1 – 1 Camariñas FC

SD Castriz: Álvaro, Rompe, Bruno (Martín Gemelo m.46), Kevin, Martín Negreira, Chiki (Adrián m.60), Chapu, Balsa (Iván m.64), Álex, Cambón (Mauri m.60) e Sebas.

Camariñas FC: Pablo, Soule, Rodri, Djibi, Paco, Dani Moreno (Saviola m.66), Miki, Nico, Andrés (Manuel m.44), Joseba (Brais m.61) e Óliver.

Goles: 0-1 m.20: Djibi; 1-1 m.69: Adrián.

Encontro sen tensión e con ambos equipos tratando de non dar moitas pistas de cara á fase de ascenso xa que rossoneros e camariñáns se enfrontarán de novo a vindeira fin de semana na loita por un posto na final do playoff á Liga da Costa.

Djibi adiantaría aos visitantes mediada a primeira parte e Adrián sería o encargado de devolver as táboas ao marcador na medianía do segundo acto, polo que habería un xusto reparto de punto.

Comentarios