Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Montelouro non acaba de engancharse á loita polo ascenso directo

Imaxe do Montelouro-Nanton-Foto-Edu Olveira 2
Imaxe do Montelouro-Nanton-Foto-Edu Olveira
3ª Galicia: O Montelouro non acaba de engancharse á loita polo ascenso directo

Sufríu o Camariñas para desfacerse dun grandísimo Laxe na volta de Berto aos campos despois das súas longas sancións. Tamén venceu, por goleada, o Outes, que se mantén a 5 punyos. Os de Juan Porrúa, que falaba con QPC o pasado venres, parece que se descolgan da loita polo ascenso directo. Son 8 puntos os que separan a outienses de loureáns con 24 en xogo.

A loita pola promoción mantense moi viva. Co Montelouro practicamente co pasaporte asegurado, son 6 equipos os que pelexarán polas 3 prazas restantes. Foi unha semana importantísima para o Seaia, que aproveitou o descanso do Camelle para colarse na 6ª praza. Perdeu o Corcubión opción de achegarse aí permitíndolle ademais ao Castrelo subirse a un carro co que xa case nin contaba.

 

Castrelo - Corcubión (4-3)

O CF Castrelo venceu a UD Corcubion-Foto-Vanessa
11 do Castrelo-Foto-Vanessa

  • Castrelo: Gus; Chans, Luís, Miguel, Quintelo; Maikol, Estiben, Rodri; Picallo, Samuel, Capote.
  • Corcubión: Beto, Joaquín, Lema, Mario, Camacho, Adán, Castillo, Chiru, Cali, Gabi e Antón Lestón.
  • Goles: 1-0, m.10: Capote; 2-0, m.33: Maiko; 3-0, m.44: Capote; 4-0, m.53: Estiben; 4-1, m.53: Iago Lema; 4-2, m.75: Iago Lema; 4-3, m.88: Mario.

Partido moi malo, sobre todo o primeiro tempo dos visitantes, que non puideron continuar coa sua boa racha e ós que o longo parón Nadal pasoulle factura. A primeira parte foi absolutamente monocolor, co equipo de Sergio dominando, marcando e aproveitando a expulsión de Antón Lestón á media hora. Beto impediu que os locais marcaran máis tantos, pero aos 10 da segunda xa ían 4. Aparecía entón o capitán Iago Lema para rescatar aos seus trala expulsión de Roi á hora de xogo. Lema metía dous e Mario facía o terceiro, pero os de Nito quedaron sen tempo para lograr polo menos o empate, ante un Castrelo que soub sufrir.

 

Seaia - Porteño (1-0)

  • Seaia: Recarey, Josi, Iván, Vistas, Parga, Toni, Míchel, Loureiro (Quintas, m.85), Eme, Raúl (Pablo, m.20), Isaac (Pablo Souto, m.89).
  • Porteño: José, Marcos (Mario, m.75), Caamaño, Pejo, Vicente, Ángel, Cachi, Joseba (Manu, m.60), Anxo, Robinho (Edgar, m.55) e Porto.
  • Gol: 1-0, m.16: Toni tralo rexeite de Jose ao seu propio penalti.

Partido marcado polo forte vento en Pedra Queimada, que non permitiu nin xogo nin grandes ocasións. A xogada clave xa acontecía aos 15 minutos cando o colexiado sinalaba un protestado penalti que permitía a Toni abrir o marcador, a pesar da parada inicial de Jose.

O Porteño tomaba o mando das operacións, tendo varias ocasións a balón parado que non foron quen de acertar.

Na segunda, xa co vento a favor, os de Manu volcáronse sobre a portería dos de Da Silva, que souberon parar o partido a base de faltas.

 

Montelouro - Nantón (1-1)

  • Montelouro: Marcos, David, Manolo Chouza, Borja, Pablo, Dani, Raúl (Juan, m.70), Riki, Pesco, Verán e Rapante (Íker, m.75).
  • Nantón: Guille, Fran, Costa, Pasarela, Eloy, Redondo, David, Pablo Fuentes (Martín, m.65), Iván (Cristian, m.70), Pastor (Rúper, m.88) e Josiño.
  • Goles: 1-0, m.20: Verán lanza un centrochut que rebota nun defensa e se cola; 1-1, m.30: David cunha boa volea dende o borde da área.

Imaxe do Montelouro-Nanton-Foto-Edu Olveira
Foto: Edu Olveira

Partido tenso, igualado, o visto no Agra da Filgueira no que o cadro loureán non puido superar a un bo Nantón. Comezaba o partido de tanteo, con algunha chegada por parte de Pesco, Riki o Íker nun cadro local bastante espeso e impreciso. Pronto abría o marcador Verán con algo de fortuna, pero o Nantón non se veu abaixo e respondeu pronto co tanto de David. Pouco despois, a portería baleira, fallaria Iván unha ocasión inmellorable escapándolle o balón por debaixo do pé cando a parroquia cabanesa xa cantaba o gol.

Na segunda, o equipo local subíu liñas e chegaron 3 boas ocasións, pero sen a claridade para romper a xusta igualada.

 

Camariñas - Laxe (2-1)

  • Camariñas: Pablo, Rodri, Oliver, Carlos, Moriño, Pablo, Barreiro, Nico, Mario, Miki e Brandon. Tamén: Nazo, Saviola e Brais.
  • Laxe: Eloy, Óscar, Jacinto, Andrés, Bieito, Borja, Dani R., Carra, Jorge, Gora, Adrián. Tamén: Zurich, Felipe, Elías, Dani.
  • Goles: 0-1, m,12: Carra; 1-1, m.73: Nazo de córner directo; 2-1, m.84: Carlos dende fóra da área.

Sufriu, e moito, o Camariñas para superar a un gran Laxe, que soubo facer o seu partido e mereceu máis sorte. Ben armado atrás, o equipo de Antelo soubo maniatar aos xogadores de arriba, e chegaron con claras contras como a que definiu Carra para abrir o marcador. Non chegaba o Camariñas á área de Eloy, pero si o facía o Laxe, que non soubo ampliar a renda, mesmo cun tiro ao pau ao comezo da segunda.

Na segunda, a entrada de Saviola deulle máis saída de balón e profundidade aos locais, que pouco a pouco foron facendo máis dano. Nazo, de córner directo coa axuda de Gora, empataba e xa na recta final Carlos facía o gol da vitoria dende fóra da área.

 

Outes - Ameixenda (9-0)

11 do Ameixenda no Cunchido
11 do Ameixenda no Cunchido

  • Goles: Eloy (2), Roberto (2), Martín (2), Paulo, Jura e Robert.

De Lei de Murphy está este Ameixenda. Agora que conseguiron un porteiro fixo, non pasaban 25 minutos cando Rivers chocaba co pau, batía co hombreiro e tiña que abandoar o terreo de xogo, ocupando de novo un xogador de campo, Ezequiel, a meta ceense.

Xa levaba 3 no lombo o Ameixenda, ante un Outes que saíu tremendamente intenso e con fiereza buscando a meta rival. Co paso dos minutos, os tantos locais ían chegando ante un impotente Ameixenda que non perdeu a deportividade en ningún momento.

Javichu xogou o partido 200 co Ameixenda
A única nota positiva no Ameixenda protagonizouna Javichu, que xogou o seu partido nº200 coa elástica ceense

Todas as crónicas da 3ª Galicia

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios