Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Outes escapa polo ascenso directo

Ameixenda-Monteouro-Foto-UD
Ameixenda-Monteouro pasado pola néboa-Foto-UD
3ª Galicia: O Outes escapa polo ascenso directo

A vitoria do Outes ante o Camelle deixa, a falta dunha xornada para o ecuador da liga regular, ao cadro de Miguel Ramos como único candidato a subir directamente á Liga da Costa xunto ao invictor Camariñas. Son 12 puntos os que de marxe o líder e 10 o Outes, ante un Montelouro que agora sobe á 3ª praza. O cadro de Purrúa loitará co propio Camelle, o Nantón, o Seaia e o Laxe por unha promoción que teñen a tiro aínda practicamente todos os equipos, mesmo o Porteño que estreaba adestrador (o presi Manu) trala dimisión de Varela despois de 7 partidos sen gañar.

 

Laxe - Corcubión (1-0)

  • Laxe: Eloi, Borga, Naya, Íñigo, Óscar, Santi, Jacinto, Santi V., Bieito, Zurich, Jorge. Tamén: Carra, Gora, e Adrián.
  • Corcubión: Marquetes, Eva, Joaquín, Lema, Camacho, Castillo, Adán, Alán, Cali, Chiru e Mario Lagoa. Tamén: Brais Lagoa, Asier, Goche e Santi.
  • Gol: 1-0, m.55: Jorge de remate.

Corcubion estreou nova equipacion
Un reforzado Corcubión estreou equipación

Primeira parte moi táctica, na que brillaron as defensas e na que por tanto houbo moi poucas ocasións de gol para ambos equipos, sendo a mellor para os visitantes nun testarazo de Lema que para ben o porteiro local. O cadro corcubionés, reforzao cos Camacho, Mario, Alan… e con camisetas novas, deu unhagran imaxe no Cabo da Area.

Na segunda os dous equipos arriscaron máis e comezaron a chegar as ocasións. Nun centro lateral Jorge adiantaría aos locais de cabeza nunha acción na que quedarían mancados tanto o goleador local como o porteiro visitante. Os corcubioneses poderían empatar e o Laxe incluso pechar o partido, pero o marcador xa non se movería.

 

Ameixenda - Monte Louro (0-2)

  • Montelouro: Iago, Abel, Pablo, Yerai, Chouza, Raul, Dani, Ricky, Miguel, Geiko (Minos) e Rapante (David).
  • Ameixenda: Rubén, Nico, Louro, Samuel, Ariel (Susiño, m.58), Pablo Trillo, Ezequiel (Jose Angel, m.46), David Marcote, Juanfran (Fer, m.53'), Adrián Torices (Carro, m.68) e Javichu.
  • Goles: 0-1, m.30: Geiko; 0-2, m.51: Rapante.

Ameixenda-Monteouro-Foto-UD 1
Foto: UD

Tivo que poñer o mono de traballo o Montelouro para sacar os tres puntos dun San Paio de Refoxos que sufriu as consecuencias da forte chuvia (o sorteo fíxose no vestiario…). Co vento a favor, os visitantes estiveron máis cerca da área rival na primeira metade, metendo balóns arriba e impedindo que o cadro local saíse do seu campo, pero sen grandes ocaisóns. E foi Geiko, xa collendo forma, o que abriu a lata. Pouco despois Rubén facía unha moi boa parada, evitando o segundo do Louro.

No segundo tempo o Ameixenda intentou aproveitar o vento a favor, pero pronto Rapante facía o segundo logo dunha xogada pola dereita. Non foi quen o Ameixenda de aliarse co aire e tratar de pechar na súa area os muradáns. Entre os minutos 70 e 90 aumentou aínda máis a intensidade da choiva e facíase prácticamente imposible dar dous pases seguidos, e mesmo os últimos 5 minutos xogáronse baixo unha intensa cortina de auga. O final 0-2 para o MonteLouro, que en todo momento adaptose mellor as condicións do campo. E cinco minutos despois de terminar o partido, parou de chover, amainou o vento e Cee e Cabana xogaron o seu partido tranquilamente .

 

Seaia - Castrelo (3-0)

Castrelo
11 do Castrelo-Foto-Vane

  • Seaia: Recarey, Parga, Iván, Vistas, Sergio, Míchel, Quintas, Jorge, Dimaga, Loureiro (Pablo, m.55), Pablo C. (Fabián, m.50).
  • Castrelo: Iván, Esteban, Chans, Luís, Quintelo, Dani Picallo, Miguel, Capote, Roi (Samu, m.56), Adrián Pasantes e Gustavo.
  • Goles: 1-0, m.3: Iván; 2-0, m.38: Jorge; 3-0, m.56: Loureiro marca un golazo dende fóra a área pola escuadra.

Púxose de cara o choque para o Seaia co gol de Iván nada máis comezar tras un córner no que o meta visitante dubidou. Tardou en reaccionar o equio de Sergio, que non foi capaz de entrar no partido ata o descanso, tempo que aproveitouo Seaia para facer o segundo, xusto cando parecía ue o Castrelo reaccionaba.

Comezou o equipo visitante na segunda, obrigando a Recarey a lucirse. Pero os de Da Silva volveron dominar despois de que Loureiro sentenciase co gol da tarde.

 

Porteño - Nantón (2-3)

  • Porteño: Josiño; Pejo, Caamaño, Anxo, Manolo (Choco, m.75); Vicente, Ángel, Cachi (Edgar, m.70); Joseba (Jose, m.85), Sergio (Wii, m.30), Porto (Brais, m.60).
  • Nantón: Guille, Fran, Pasarela, Costa, Eloy (Cachopo, m.65), Pablo Fuentes, David (Rúper, m.89), Rafa (Bardanca, m.46), Josiño, Redondo (Pastor, m.20) e Cristian (Maikel, m.77).
  • Goles: 1-0, m.15: Porto; 1-1, m.30: Josiño de penalti; 2-1, m.44: Ángel; 2-2, m.64: Josiño; 2-3, m.76: en propia.

Partido marcado polo vento na Grixa, onde o cadro local, tras 7 partidos sen gañar, cambiaba de adestrador. Tras 3 anos e medio, un home da casa como Varela decidía dar un paso a un lado e era o propio presi, e xogador, Manu, o que completa o círculo poñéndose no banquiño.

Comezou o partido con ambos moi nerviosos, moito balón aereo, choque… pero co vento a favor o Porteño estaba máis encima e nun córner pechado, Porto abre, coa axuda dun defensa, o marcador. O cadro de Fachal puido baixar o balón e chegar á area rival e empatou dende os 11 metros tras un penalto de Pejo, pero ao fío do descanso, de novo de córner, Ángel adiantaba aos locai.

Co vento, forte, a favor o Nantón dá un paso adiante, sabendo sufrir e ata combinando. Así chega o gol de Josiño a apse de Costiña. A 15 do final un defensa local faise o terceiro en contra para o Nantón nun mal despexe, e aí o Porteño, que quedara con 10 sobre o campo pola lesión do meta Josiño, foise arriba á desesperada, con balóns colgados, faltas, e moito choque… e pedindo un penalti que o colexiado non viu.

 

Outes - Camelle (4-0)

  • Camelle: Calipo (David, m.46), Ruso (Makareno, m.75), Pablo, Valiña, Ucho, Adrian (Rodri, m.75), David, Riveiro, Felipe, Carlos (Marcelino, m.45) e Dido (Tedín, m.75).
  • Outes: Alex, Jura, Arturo (Joel), Pablo, Caamaño, Chía, Martín, Babu (Saúl), Veleiro, Eloy, Simón (Santi) (Álvaro)
  • Goles: 1-0: Veleiro; 2-0: Santi; 3-0: Caamaño; 4-0: Martín.

Era un partido moi importante, que se rompía aos 5 minutos cando Veleiro aproveita as mans de manteiga de Calipo para adiantar aos locais. Apenas pasaba un cuarto de hora cando Felpe e Riveiro eran expulsados, deixando o choque practicamente sentenciado. O Outes pasa a dominar completamente ante un Camelle que intenta defenderse como puideron, pero non puideron evitar que fosen caendo os goles. Mágoa non ter visto as dús forzas enteiras.

 

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios