Martes. 15.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: As Redondas e A Rocheira foron unha festa

O Cabana SD celebrando o seu ascenso. Foto: www.diariodeportivo.gal
O Cabana SD celebrando o seu ascenso. Foto: www.diariodeportivo.gal
3ª Galicia: As Redondas e A Rocheira foron unha festa

Xornada de celebracións na Terceira Galicia da Costa e é que se A Rocheira xa fora unha festa hai uns días co ascenso do Coristanco, na tarde deste domingo volvía a selo para celebrar a consecución do título de liga por parte duns coristanqueses que superaron ao .

Pero a festa máis grande da tarde viviríase nas Redondas, despois de que o Cabana vencese ao Corcubión para certificar a súa volta á Liga da Costa.

Agora, con estes dous equipos ascendidos matematicamente, e logo do empate do Porteño co Laxe e a vitoria do Outes en Nantón, só queda saber quen será o equipo que acompañará a estes dous clubes e ao Castriz nesa fase de ascenso na que se decidirá quen xogará a vindeira tempada na Liga da Costa.

Camelle SD 1 – 1 CF Castrelo

Camelle-Castrelo

Camelle SD: Barreiro, Snacky (Cristian m.65), Valiña, Pablo, Tedín, Jati (Adrián Tajes m.60), Vieites, Varu (Rubén m.55), Miguel Riveiro, David Vázquez (Manuel m.75) e David Camariñas.

CF Castrelo: Carreira, Steven, Estebo, Mario, Luis, Chans (Dani Picallo m.65), Maikol (Eloy m.60), Darío, Quintelo, Iván (Cacu m.46) e Rubén.

O Castrelo en Camelle

Goles: 1-0 m.44: Miguel Riveiro; 1-1 m.88: Dani Picallo.

Expulsión: O visitante Luis co partido xa rematado.

O Camelle sería o claro dominador do encontro durante a primeira metade pero non atoparía o premio do gol ata o minuto 44, momento no que Miguel Riveiro faría o 1-0 co que se chegaría ao tempo de lecer.

Xa na reanudación, Pupus decidiu darlle minutos a todos os seus xogadores e o Castrelo trataría de reaccionar para sacar algo positivo do partido e co tempo practicamente cumprido, Dani Picallo faría o definitivo 1-1, polo que habería reparto de puntos no Rodeiro.

Cabana SD 4 – 2 UD Corcubión

Cabana SD - UD Corcubión

Cabana SD: Darío (Víctor m.85), Raúl (Pablo Senande m.73), Duda, Santi, Pipa, Dani (Ismael m.62), Manolo (Pablo m.67), Aarón, Cacha, Iván, Manuel (Fernando m.77).

UD Corcubión: Marcos, Diego (Oca m.54), Ángel, Pablo, Mario, Eva, Tito (Martín m.59), Alan, Brais (Álex m.73), Chiru e Iago Lema.

Goles: 1-0 m.25: Manuel; 2-0 m.32: Aarón; 3-0 m.39: Iván; 3-1 m.49: Iago Lema; 4-1 m.73: Aarón; 4-2 m.84: Mario.

O nerviosismo fíxose notar nuns minutos iniciais, aínda que ambos equipos terían unha boa ocasión para adiantarse.

Co paso dos minutos, o Cabana foise facendo co control do partido e tivo varias ocasións para adiantarse pero non sería ata o minuto 25, cando ese dominio se vería reflexado no marcador despois de que Manuel superase a Marcos cunha bonita vaselina. E pouco despois, Aarón facía un auténtico golazo para poñer o segundo dos cabaneses e co que homexenaría ao seu avó, recentemente falecido e maior seguidor do dianteiro do Cabana.

Antes do descanso, Iván materializaría unha gran xogada colectiva para poñer o 3-0 co que ambos equipos poñerían rumbo aos vestiarios.

Aos catro minutos da reanudación, Iago Lema recortaría diferenzas tras un servizo de Tito nunha acción na que os cabaneses reclamaron que o balón saíse antes do centro.

O partido perdería ritmo considerablemente e non habería máis goles ata o minuto 73, momento no que Aarón faría o 4-1.

Nos minutos finais, Mario aproveitaría un erro defensivo á saída dun córner para facer o definitivo 4-2.

Tralo pitido final, un As Redondas que se vestiu de gala para este partido, convertiríase nunha gran festa celebrando á volta do Cabana á Liga da Costa.

SD Coristanco 4 – 1 Camariñas FC

Coristanco Campion de Liga

SD Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Mato, Marcos (Torres m.46)(Castiñeiras m.63), Lagoa (Dani Vázquez m.81), Pazos, Samuel, Javi, Erre (Rubio m.46), Corral e Álex.

Camariñas FC: Pablo, Rodri, Raúl, Nico, brais, Mario (Fran m.76), Miki, Dani Moreno (Manuel m.86), Paco (Soule m.57), Óliver e Djibi.

Goles: 0-1 m.6: Paco; 1-1 m.9: Samuel; 2-1 m.51: Marcos; 3-1 m.68: Javi; 4-1 m.80: Samuel.

O Camariñas saíu cun propósito claro ao terreo de xogo e ese non era outro que incomodar todo o posible o xogo do Coristanco. Tanto foi así que os da vila do Encaixe adiantaríanse cun gol de falta de Paco.

Pero non tardaría Samuel en devolver as táboas ao marcador e co empate a un e sen nada reseñable chegaríase ao descanso.

Na reanudación, o Coristanco sería un auténtico vendaval e Corral, Javi e Samuel completarían o 4-1 co que os da terra da pataca lograrían unha vitoria que lle daba o título de campión deste Grupo 4 da Terceira Galicia.

SD Laxe 2 – 2 CF Porteño

SD Laxe: Manuel, Borja, Jacinto, Felipe (Ventura m.88), Andrés, Elías Galeano (Dani Pose m.77), Adrián Lema, Ruso (Iván m.85), Brais, Elías Santiago e Djamel.

CF Porteño: Josiño, Oli, Cachi, Vicente (Manu Castiñeiras m.56), Pejo, Cousillas (Mario m.64), Porto, Ángel, Wii (Luis m.60), Javi e Nazo.

11 inicial do Porteño ante o Laxe

Goles: 1-0 m.6: Djamel; 1-1 m.15: Pejo; 2-1 m.51: Brais; 2-2 m.73: Pejo.

Expulsións: O laxense Elías Santiago no minuto 77 e o seu delegado no minuto 81.

Partido no que o Laxe entrou mellor e no que se adiantaría grazas a un bonito gol de falta de Djamel. Tras isto, o Porteño deu un paso adiante, e Pejo devolvería as táboas ao marcado e co 1-1 chegaríase ao descanso.

Na reanudación, comezaría mellor o Porteño pero sería o Laxe nun despiste defensivo dos visitantes quen volvería a ver portería por medio de Brais.

Este gol impulsou ao Porteño a ir a por todas e Pejo volvería a empatar o encontro. A raíz deste gol e da expulsión do laxense Elías Santiago, os visitantes tiveron varias ocasións para levarse a vitoria pero o balón non quixo entrar e habería reparto de puntos.

As Baleas FS 0 – 0 Sporting Seaia CF

As Baleas FS: Carlos Cousillas, Dani, Chapu, Cristian (Darío m.46), Nico, Diego, Carlos González, Jesús, Isma (Bieito m.46), Casachoa e Jose.

Sporting Seaia CF: Ché, Christopher (Mario m.51), Jorge, Pablo, Chols, Parga, Vistas, Toni, Iván, Canario, Curí (Ramón m.58).

Expulsións: Os visitantes Casachoa e Carlos Cousillas nos minutos 12 e 92 respectivamente.

Encontro no que dominaría dende o principio o Sporting Seaia e máis coa expulsion de Casachoa aos doce minutos de partido.

A pesares deste contratempo, As Baleas mostrouse moi seguro defensivamente, ben repregado e non lle daría demasiadas opcións a un Sporting Seaia que nas ocasións que tivo non estivo acertado de cara a gol.

CD Nantón 0 – 1 Outes FC

CD Nantón: Guille, Fran, Eloy, Martín, Cigarini (Maikel m.46), Santi (Fabián m.73), Fabio, Juanciño, Iván (Pastor m.12), Redondo e Christian.

Outes FC: Peipo, Álvaro, Babu (Fabio m.88), Paullo, Martín, Veleiro (Saúl m.78), Eloy (Sergio Lado m.70), Santi, Quin (Sergio Caamaño m.82), Jura e Simón.

Gol: 0-1 m.30: Veleiro.

Partido no que o Outes estivo un pouco mellor no cómputo global ante un Nantón que non fixo un bo encontro e que perdeu a súa última posibilidade de meterse na fase.

Adiantaríase o Outes á media hora despois de que Veleiro aproveitase un penalti cometido por Cigarini para superar a Guille. E co 0-1 chegaríase ao descanso.

A raíz disto, as ocasións brillarían pola súa ausencia, aínda que o Nantón tivo o empate nas botas de Pastor pero o pau evitaríao e os tres puntos marcharíanse cara a Serra de Outes.

Comentarios