Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Galicia: Trío de sorpresas antes do remate da sosa liga regular

11 do Ameixenda
O Ameixenda sacou un empate ante o filial xalleiro
3ª Galicia: Trío de sorpresas antes do remate da sosa liga regular

Queda unha xornada para o remate desta Liga regular que só valerá para determinar con cantos puntos pasan á seguinte fase cada equipo. A penúltima xornada deixou dúas boas sorpresas como son a derrota do Porteño ante o Seaia, a derrota do Oza ante o Pereiriña ou o empate do Xallas B ante o Ameixenda. A situación deixa ao Corcubión líder provisional, pero empatado a puntos co Porteño, co que ademais ten o golaveraxe individual empatado.

Pereiriña - Oza (1-0)

  • Pereiriña: Isma, Maelo, Rubén Fiuza, Grille, Fabián, Tebo, Borja, Álex, Lucho, Chiru e Rubén Yayá. Tamén: Juan, Roy e Nil.
  • Oza: Nacho, Alberto, Pace, David Efe (Suso, m.75), Iago, Alex López, Carlos, Josiño, Gonzalo, David LP e Kevin.
  • Gol: 1-0, m.12: nunha contra.

Con 12 xogadores na convocatoria e con Nacho (xogador de campo) baixo paus, e con 10 durante máis de 60 minutos, o Oza non puido recuperar o gol inicial do Pereiriña. O cadro local, que tamén chegaba con moitas baixas, levou o peso do balón, pero se atopaba cun espectacular Nacho que alonxaba o perigo.

 

Laxe - Camelle (4-3)

  • Laxe: Jacobo, Christian, Jacinto, Jorge, Sergio, Elías, Gora, David Mohedano, Felipe, Bieito, Martín. Tamén: Eloy, Óscar Toja, Santi Casás, L. Ángel, Torrado.
  • Camelle: Roi (David Caamaño, m.70), Ruso, Ucho (Sergio, m.80), Pablo, Martín, Maka, Chori (Vimka, m.55), Adrián Pasantes (Carlos, m.75), David Vieites, David Vázaquez e Felipe.
  • Goles: 0-1, m.10: Adrián Pasantes; 0-2, m.15: en propia meta; 1-2, m.20: Gora; 2-2, m.56: Felipiño; 3-2, m.60: Bieito; 4-2, m.65: Bieito; 4-3, m.80: Negro.

Partido vivido o disputado o sábado, condicionado polo vento, no que o Camelle se metía por diante con 2-0, aproveitando o vento a favor, e tendo ocasións para algún tanto máis, demostrando unha boa melloría nas últimas semanas.

Apretaba o Laxe na segunda, que cun fútbol máis directo conseguía remontar e colocarse 4-2 en apenas 10 minutos. Tiveron máis ocasións, pero nun córner meteron o medo no corpo duns locais que xa case se relaxaran de máis.

 

Seaia - Porteño (4-2)

  • Seaia: Anxo, Anxo, David, Iván Rod., Añón, Luisiño, Diego, Juni, Fanbián, Mario e Martín. Tamén: Parga, Isaac e Joel.
  • Porteño: José Porto (Joseba, m.46), Caamaño, Yerai (Brais, m.80), Manoliño, Ángel, Visente, Juan oVello, Marquiños (Edgar min.75), Martín (Pejo, m.80), Alan.
  • Goles: 1-0, m.26: David Muíño; 2-0, m.36: Juni; 2-1, m.53: Alan; 3-1, m.55: Juni; 3-2, m.67: Alan; 4-2, m.71: Luisma.

O peor partido da tempada dos de Cousillas, que mesmo fallaron un penalti co 0-0 por medio de Manoliño, e que acusan a falta de adestramentos nas últimas semanas.

2-0 se metían os locais antes do descanso Na segunda cambiaron o sistema os da Ponte, pero non acaban de entrar no partido. Si marcou Alan en dúas ocasións, pero pronto respondían unha e outra vez os locais ampliando a vantaxe e sumando unha vitoria máis que xusta.

 

Ameixenda - Xallas B (1-1)

  • Ameixenda: Rivers, Pablo, Capelo, Sambade, Juan, Esteban (Cristian, m.70), Chucho, Kamacho, Martín, Castrexe e Saulo (Iván, m.77)
  • Xallas: B: José Ramón, Becerra, Jota, Michu, Dani Barbeira; : Fidalgo, García: Geli, Steven, Nando, Sergio Barbeira. Tamen: Kevin, Isaac e Rodri.
  • Goles: 0-1, m.42: Sergio Barbeira; 1-1, m.85: Kamacho.

Imaxe moi diferente a amosada polo Amexeinda esta semana a pesar das 11 baixas e da malleira da semana pasada ante o Corcubión. Como era previsto, o Xallas tivo o control do balón, pero non conseguíua inquedar a Rivers, que tan só tivo que facer unha parada de certo mérito xa que na outra xogada de perigro non puido facer nada no tiro cruzado de Barbeira que abría o marcador ao fío do descanso.

O segundo tempo empezou igualado, pero aos pocos o Ameixenda foi facéndose co partido, e o Xallas tan só saía a contra. Os últimos 20 minutos xa foron de dominio constante, pero aí foi donde o Ameixenda botou e falta un rematador (Capote lesionado) para culminar as múltiples chegadas. Houbo que esperar ao minuto 86 no que Kamacho termina unha boa xogada pola dereita cunha volea baixa, cruzando o balón lonxe do alcance de José Ramón. O empate facía xustiza.

 

Corcubión - Castrelo (8-2)

  • Corcubión: Marcos, Eli, Pablo, Mario, Rubén, Gorka, Tano, Iago Lema, Martín, Lu e César. Tamén Nacho, Tori e Eva.
  • Castrelo: José Manuel, Domingo, Luís Roget, Gus, Estebo, Samuel, Dani Picallo, Miguel, Félix Roget, Martín, Sebas. Tamén: Agustín e Roi.
  • Goles: Iago Lema (2), César (3), Lu (2), e Mario para o Corcubión; Samuel e Dani Picallo para o Castrelo.

Empezou o partido cun ritmo moi baixo de xogo. Os locais sabían que tiñan que golear e esperar para poñerse líderes do campeonato e así fixeron. Iago Lema fixo os dous primeiros e César outros dous antes do descanso, un deles nunha gran xogada colectiva. Na reanudación, o Castrelo subiría liñas e conseguiría reducir distancias con dous goles nada máis empezar a segunda metade, pero os lcais dominaron a posesión e de novo César metería o quinto da tarde e o seu terceiro particular cun disparo por riba do porteiro, que o o colocan no máis alto da táboa de goleadores, con 3 precisamente por diante de Juni, do Seaia, a falta dunha soa xornada. Luisete en dúas ocasións, un deles cun gran disparo lateral; e Mario pecharían a conta goleadora.

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios