Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Xallas e Buño quedan sós no alto da táboa

Zas-Laxe-Foto-Noe Tourinan
Zas-Laxe-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Xallas e Buño quedan sós no alto da táboa

Terceira xornadas e só dous equipos suman encontros por vitorias. Son o Xallas (ollo aos seus números, 13 goles a davor e 0 en contra) e o Buño, que sufría para superar ao Pereiriña.

Zas - Laxe (2-4)

11 do Zas ante o Laxe-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Marcos (Juan), Manu, Adrián, Peke, Brais (José, m.80), Andrés, Roni (Darío, m.46), Álvaro (Jimy Porteiro, m.9) e Lucas (Iván, m.80).
11 do Laxe en Zas-Foto-Noe Tourinan
11 do Laxe en Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Laxe: Jacobo, Aarón, Guzmán, Eloy, Pedro, Bieito, Adrián Lema, Saleta, Samuel, Santi Casás e Martín Carrabete. Tamén: Manu Domínguez, Adri, Íker, Fran, e Jose.
  • Goles: 0-1, m.1: Carrabete; 0-1, m.15: Carrabete; 0-3, m.29: Carrabete; 1-3, m.37: Manu; 2-3, m.86: Peke; 2-4, m.92: Fran.

Partido estrano en San Andrés. Arrincaba o partido coa expulsión do meta local Pereiras por unha falta ao borde da área, polo que o partido víase condicionado. De aí, e 20 minutos, Carrabete facía “majas” e marcaba un triplete, aproveitando que o Zas baixara os brazos. O tanto de Manu antes do descanso permitiu que os de Ordóñez saíse con enerxía na segunda, e a pesar de ir cun home menos, pelexou durante toda a segunda parte, chegando a meterse no partido co tanto de Peke. Pero Manu tamén er expulsado e o Laxe sentenciaba no desconto

Zas-Laxe 2-Foto-Noe Tourinan
Foto-Noe Touriñán

Corcubión - Malpica (4-2)

  • Corcubión: Marcos, Martín, Goche, Mario, Isaac, Díaz, Nando, Antu, Gorka, Lema e César. Tamén: Asier, Javi e Íker.
  • Malpica: Lamas, Pablo, Paco, Villar, Jorge Parga;, Aitor, Aday, Fran, Cristian, Ibra e Alberto Hombre. Tamén: Nando Cabeza, Rafa, Eloy Vilas, Carlos e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.21: Iago Lema; 1-1, m.53: Alberto Hombre; 2-1, m.76: Iago Lema; 3-1, m.82: César Lojo; 4-1, m.87: Gorka; 4-1, m.90: Aday

Apareceron os Iago, César e Gorka para logar a primeira vitoria do Corcubión, nunha desafortunada tarde para o Malpica. E non só pola derrota, senón polas lesións dos irmáns Alberto e Rafa Hombre, que pode deixar, sobre todo a Alberto lonxe dos terreos por unha longa temporada. O Malpica agradece a colaboración de Carlos Lema, presi corcubionés e médico de profesión.

Comenzou mandón o Corcubión sabendo que necesitaba empezar a sumar de 3 en 3 e lograrían adiantarse cun man a man de Iago Lema. Tralo paso por vestiarios, o Malpica quixo subir liñas, e nun balón dividido entre o dianteiro visitante e o porteiro local chegaría o gol, e a lesión, de Alberto.
O partido converteuse nun ida e volta e nun balón en profundidade os locais quedarían con 10 por expulsión de Mario. Lonxe de virse abaixo, o Corcubión foi a polo partido e Iago Lema de disparo cruzado poñería por diante de novo os locales. César fixo o da tranquilidade a pase da morte e Gorka de disparo lonxano facía o 4-1. Xa co tempo cumplido, Aday recurtaba distancias para o Malpica.

Seaia - Soneira (1-2)

  • Seaia: Senén, Mario, Alex Mato, Luisma, Sergio Bastón, Diego, Camilo, Pablo García, Anxo Pose, Charro e Juni. Tamén: Anxo, Añón, Pablo e Suárez.
  • Soneira: Martín, Adrián, Ángel Senra, Alberto Mouzo, Javi Lavandeira, Pichi, Iago, De la Sierra, Richi, Basti, Brais Pereira. Tamén: Sebas, Alberto Álvarez, Álvaro Quintáns, Lemus, Adrián Pereira.
  • Goles: 1-0, m.53: Charro; 1-1, m.54: Alberto Vía; 1-2, m.75: Basti.

Prantou cara o Seaia e todo un Soneira, malia quedar con 10 aos 20 minutos pola expulsión de Pablo García cando cortar con falta unha internada de Richi. Aínda así o Soneira non foi quen de facerse co mando do partido que estaba moi axitado e vería como no min.20 perdía a Pichi por unha lesión no xeonllo dereito. Apretaba o cadro de Moscoso, chegando moi ben á meta soneirá e facendo que Martín tivese que facer varias intervencións, mesmo unha pena máxima.
Intentaba o Soneira facerse co dominio do partido pero o Seaia nun lanzamiento directo do porteiro sobre Charro, fixo este o 1-0 no min. 28 e de aí ata o descanso o Soneira intentouno sen moito éxito.

Chegabase así o tempo de lecer e na segunda parte un Soneira máis decidido saíu en busca do partido sendo moito máis vertical. Froito deste dominio do partido no min 54 tras unha gran xogada colectiva un centro de Brais era enviado ao fondo da rede tras un gran cabezazo de Vía. Seguiu intentando o Soneira moi serio e ordenado defensivamente a búsqueda do gol da vitoria que viría nas botas do seu goleador Basti. Os últimos 15 minutos, o Soneira, cun home máis, solventou.

Xallas - Oza (4-0)

  • Xallas: Iván Couto, Iván García, Rubén Blanco, Manu Cuns, Sergio Rod., Nando, Jose, Adrián, Doro, Steven e Asier. Tamén: Adrián Forján, Sande, Joel, Adrián Couto.
  • Oza: Brais, Alberto, Moreno (Diego), Casais, Iago Rodríguez (Abib), Lavandeira, Alex Vázquez, Hugo Fraga, Nacho (Pace), Nico e Iván (Vilariño).
  • Goles: 1-0, m.8: Nando remacha moi ben tras unha combinación con Rubén e Doro; 2-0, m.32: Manu Cuns tras unha parede con Doro; 3-0, m.35: Rubén Blanco; 4-0, m.73: Adrián Forján remata un centro raso tras unha internada de Nando.

Fermoso partido o vivido en Fontenla, que enfrontaba aos dous primeiros da táboas tralas dúas primeiras xornadas. Os de Doriño e Churián comezaron co equipo presionando arriba, con gran intensidade e aproveitando a profundidade polas bandas. Os xalleiros aproveitaron as súas ocasións moi ben, con 3 tantos en media hora, mentres que na área xalleira os carballeses mandaban varios balóns á madeira. Doro facía e desfacía no medio campo con fútbol e con máis gañas que ninguén sobre o campo.

Baixou o ritmo e a intensidade o Xallas, que baixou o bloque deixando tocar algo máis aos carballeses, que o intentaron pero non tiñan o día cara gol.

Cerqueda - Lira (1-0)

ud cerqueda 23-24

  • Cerqueda: Mario, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel, Gus, Eloy Suárez, Suso, Íker, Andrés, Christian Velo e Palermo. Tamén: Alex Pazos, Dani Varela, Julián e Becerra e Jose.
  • Lira: Raúl, Isaac, César, Roberto Amoedo, Manuel Cartamil, Gael, Juan Formoso, Miguel, Isma Senande, Ángel Golpes e Pablo. Tamén: Alexis, Rubén, David, Arón, Ángel e Alexis.
  • Gol: 1-0, m.10: Palermo tras un bo pase de Íker.

Arrincaba o partido igualado, pero aos 10 minutos un erro da zaga liracha, comandanda por dous veteranos como Amoedo (player-manager) e Cartamil, permitía aos locais adiantarse no marcador por medio de Palermo. Tomou o mando aí o Lira, que tivo varias ocasións, e sobre todo na segunda metade puido empatar, e mesmo darlle a volta ao marcador, con varios balóns longos nos que Mario defendeu os puntos como puido.

Dende o Cerqueda volven denunciar que o dianteo Jose volveu recibir comentarios racistas, algo inaceptable nun campo de fútbol.

Sofán B - Ameixenda (7-0)

  • Sofán B: Mario, Raúl, Eloy Cabeza, Iván Fdez., Manu Cancela, Ceide, Nacho Eirís, Brais Calvo, Alex Iglesias, Villajos e Borja. Tamén: Marcial, Dani Calvete, Ramón, Lucas e Adrián Vázquez.
  • Ameixenda: Pikita, Maldonado, Panadeiro (Dani, m.83), Barreiro, Louzán (Canosa, m.46), Rois (Xesús, m.46), Elhadji, Óscar (Álex, m.70), Torices, Brais e David.
  • Goles: 1-0, m.1: Álex Iglesias; 2-0, m.26: Álex Iglesias; 3-0, m.40: Villajos; 4-0, m.56: Adrián Vázquez; 5-0, m.62: Borja; 6-0, m.72: Adrián Vázquez, 7-0, m.80: Adrián Vázquez.
11 do Ameixenda no Carral
11 do Ameixenda no Carral

Partido xogado con moita calor, sobre todo no primeiro tempo, e bastante público no Carral. O Sofán saiu a por todas dende o saque inicial e xusto aos 30 segundos xa facía o primeiro gol despois dunha boa xogada pola dereita e remate dentro da área pequena. Desta vez o Ameixenda non se ven abaixo e aos poucos foi axustando a defensa aínda que o filial dispuxo de algunha ocasión malograda pola mala puntería ou as boas intervencións de Pikita, que nada pudo facer nos goles segundo e terceiro, practicamente idénticos ao primeiro.

No segundo tempo, e xa co partido resolto viñeron os cambios e o dominio do Sofán foi traducíndose en goles ata o definitivo 7-0. E é de xustiza destacar o gran partido de Pikita, evitando 5 ou 6 goles. Incluso no 7-0 fixo tres paradas consecutivas pero xa non pudo evitar o cuarto remate.

Pereiriña - Buño (1-0)

  • Pereiriña: Isma Antelo, Eloy, Fabián Agulleiro, Pablo Trillo, Adrián Ozón, Tebo, Maelo, Miguel, Martín, Antón Lestón e Charly. Tamén: Xacobe, Jicho, Saulo e Juan Ézara.
  • Buño: Paco, Elías López, Alan, Fran, José, Javi, Andrés, Kevin, Breo, Elías Suárez, Brais Fraga. Tamén: Miguel Dourado, Miguel Mallo, Sergio, Isaac.
  • Goles: 0-1, m.75: Brais Fraga.

Tenso e igualado partido en Cee, cun cadro local que intentou manter lonxa da súa área aos oleiros, tendo varias ocasións claras para romper a igualada.

Pero foi o Buño, nunha acción a balón parado, o que se adiantou anotando Brais Fraga o único tanto do choque cun gran remate de cabeza. A segunda foi moi bronca, e interrumpida.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios