Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Zas e Cerqueda avisan a Xallas e Soneira

Doro e Peke no Zas-Xallas-Foto-Noe Tourinan
Doro e Peke, dous históricos do Fútbol da Costa, no Zas-Xallas da 3ª Galicia-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Zas e Cerqueda avisan a Xallas e Soneira

Vaille custar a Xallas e Soneira ascender directos. O Xallas sufriu e sumou unha polémica vitoria en San Andrés ante un bo Zas, mentres que o Soneira caía ante un serio Cerqueda.

Sorprende ademais, despois da campaña pasada, a formidable marcha do Malpica, con Aday e Alberto Hombre aos mandos, e un Ibra espectacular, un dos protagonistas do comezo de Liga. 
Completan o cuarteto de cabeza con 6 puntos, ademais de Xallas e Malpica, o Oza e o Buño de David Castro.

Ameixenda - Oza (1-5)

11 do Ameixenda 2023-24
11 do Ameixenda 2023-24
  • Ameixenda: Costa, Maldonado, Evaristo, Juan, Barreiro (Álex, m.54), Torices (Xesús, m.78), Cris Canosa, Louzán (Santi, m.58), Óscar, David e Dani (m.78).
  • Oza: Miguel, Alberto, Alex Moreno (Vilariño), Casais, Iago Rod., Lavandeira, Alex Freire, Nacho (Iván Mato), Hugo Fraga, Nico (Pace) e Abib (Edu).
  • 0-1, m.57: Lavandeira de gol olímpio; 0-2, m.63: Nico; 0-3, m.82: Hugo Fraga; 0-4, m.85: Pace; 0-5, m.88: Alex Freire.

Partido dominado polo Oza, aínda que no primeiro tempo o Ameixenda aguantou ben e mesmo tivo algunha boa ocasión de marcar. A máis clara un disparo de David despois de dar no longueiro parece que chegou a entrar. Complicado para ver para o colexiado que non o deu por válido, quen sabe como tería cambiado o partido.

Pero na segunda, o Oza foi claro dominador, e coa axuda de dous goles en propia e aproveitando algún erro na defensa ceense, aínda en proces de formación, acabou sentenciand.

Dende Oza mandan sorte ao Ameixenda e queren agradecer e loubar a labor incansable e impagable de Fernando.

Zas - Xallas (0-1)

11 do Zas 23-24-Foto-Noe Touri
11 do Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Jimy, Darío, Peke, Andrés, Marcos (Eloy, m.74), Manu (Álvaro, m.74), Brais, Adrián, Juan, Javi Suárez e Lucas.
11 do Xallas na 23-24 na 3 en Zas-Foto-Noe Tourinan
Plantel do Xallas en Zas-Foto-Noe Noe Touriñán
  • Xallas: Iván Couto, Asier, García, Michu, Peke; Stiven, Doro, Rodri, Manu Cuns, Adrián Forján; Adrián Couto. Tamén: Chaski, Nando, Rubén Blanco..
  • Gol: 0-1, m.73: Nando.
Zas-Xallas-Foto-Noe Tourinan
Foto-Noe Touriñán

Un dos partidos da xornada disputábase en San Andrés, onde o Zas medía as forzas do poderoso Xallas. O cadro de Ordóñez formulou o partido moi igualado, cun Xallas presionando moi arriba, intentando roubar e chegar por bandas. O Zas aguantaba ben e non permitía grandes ocasións, e tiña algunha chegada, como o golazo de falta de Lucas que o colexiado anulou sorprendentemente.

A segunda estivo algo máis bronca, e o gol da vitoria xalleira chegaría no ecuador por medio de Nando, que deu ese plus de velocidade, mandou unha ao pau e despois marcar.

O Zas non se deu por vencido e apretou ata o final, e envorcouse pero as mellores ocasións foron á contra para o cadro de Churián e Doriño, sendo as de Chaski e Doro as máis claras.

Zas-Xallas-Foto-Noe Tourinan 2
Foto-Noe Touriñán

Laxe - Pereiriña (1-0)

  • Laxe: Jacobo, Aarón, Jacinto, Eloy, Adrián Lema, Pedro, Bieito, Saleta, Samuel, Santi Casás e Martín Carrabete. Tamén: Manu Domínguez, Adri, Íker, Roi, e Sergio.
  • Pereiriña: Isma Antelo, Eloy, Fabián Agulleiro, Diego Oca, Adrián Ozón, Tebo, Brais Lagoa, Pablo Trillo, Maelo, Martín e Charly. Tamén: Xacobe, Jicho, Saulo e Miguel.
  • Gol: 1-0, m.86: Íker.

Partido de ida e volta, cunha metade para cada un. Arrincou ben o Pereiriña ante un Laxe algo durmido, xerando ocasións como un balón ao longueiro. Pouco a pouco o Laxe ía meténdose no partido, buscando balóns ás costas da defensa ceense.

Máis do mesmo na segunda metade, co equipo laxense dirixido por Toni algo máis encima, tendo varias ocasións claras, pero que non foi quen de romper o empate ata o m.86, cando Íker, tras un gran control, lanza á base do pau. Case sen tempo, o cadro de Joaquín Quintáns subía liñas e conseguiía inquedar a meta de Jacobo pero sen sorte.

Buño - Corcubión (2-1)

  • Buño Paco, Elías López, Alán, José, Juan (Javi, min.25), Fran, Miguel Dourado (Andrés, min.25), Kevin (Miguel Mallo, min.70), Breo, Elías Suárez (Sergio, min.79), Brais Fraga (Isaac, min.70).
  • Corcubión: Bruno, Martín, Nando, Díaz, Antu, Gorka, Lema, Samu, Rama, César e Asier. Tamén Iker, Chila e Javi.
  • Goles: 0-1, min.25: Asier; 1-1, min.30: Elías Suárez de penalti; 2-1, min.65: Brais.

Chegou o Corcubión a Xaviña coas ideas moi claras con respecto ao que tiña que facer para sacar algo positivo de terras oleiras e iso fixo que os locais estivesen dubitativos tanto a nivel ofensivo coma defensivos e que non se sentisen cómodos en ningún momento.
Os locais levaron o peso do balón ante un Corcubión agardaban e intentaban saír á contra, como unha de César que sirve para Asier para poñer en ventaxa o Corcubión. Pouco duraría, pois o Buño, que tiña que facer dous cambios polas lesións de Juan e Miguel Dourado, conseguía empataría de penalti moi xustiño pouco despois.

Nada cambiou no segundo tempo, con moito medio campo e poucas chegadas, ata que mediada esta segunda parte, Brais resolvería un man a man ante Bruno que supoñería o 2-1 que á postre acabaría sendo definitivo. O Corcubión lanzaríase a polo empate, pero non encontraría o premio a pesares de contar con 3-4 achegamentos de perigo nos que o balón se pasearía por diante da portería ou que repelería a defensa local in extremis. O Buño tamén tivo a súa para matar o encontro pero o remate de Isaac sairía lamendo o pau.
Cumprido xa o minuto 90, Iago Lema tería a ocasión máis clara dos seus nun man a man ante Paco, pero o gardameta faría un auténtico paradón para darlle a vitoria aos seus, nun partido no que o máis xusto tería sido un empate.

Malpica - Nantón (4-1)

11 malpica 23-24

  • Malpica: Lamas, Pablo, Paco, Villar, Jorge Parga; Rafa, Gabi, Aday, Cristian, Ibra e Alberto Hombre. Tamén: Nando Cabeza, Fran, Arcay, Alex Costa e Raúl.

11 nanton 23-24

  • Nantón: Guille, Fran, Adrián Abelenda, Miguel, David Fariña, Roi Fachal, Iván Moreira, Márquez, Tato, Iván Redondo e Santi Moreira. Tamén: Jose, Javi, Alberto Fuentes, Xoel e Nando.
  • Goles: 1-0, m.22: Ibra; 2-0,, m.30: Ibra; 2-1, m.44: Santi Moreira; 3-1, m.80: Raúl; 4-1, m.90: Ibra.

Cambiou o Malpica da pasada campaña a esta, como comprobou Jorge Calvete, adestrador do conxunto malpicán o curso pasado que chegaba no banco do Nantón.

O choque comezaba cun minuto de silencio polo pasamento de o exxogador do Malpica, Manuel Nil Chouciño Ruiz.

O cadro malpicán comezaba avisando cun par de tiros, un á madeira e outro cunha boa parada de Guille, pero os cabaneses tamén respondían cun tiro de Tato lambendo o pau. Pronto aproveitaba Ibra, un dos protagonistas deste comezo de campaña con 5 goles en 2 partidos, aproveitando un roubo ao lateral cabanés e remachando un centro e marcando. Pouco despois demostraba a súa versatilidade cun gol de falta raso polo lado do porteiro.
E cando todo parecía doado para o equipo de Miguel Ángel, un córner sacado por Moreira introduciría o balón logrando un fermoso gol olímpico.

Arrincaba a segunda cun Malpica algo nervioso e o Nantón buscando a igualada. Tivo Redondo o empate, nun rexeite de Lamas, pero o pau repeliu o remate. O Malpica soubo baixar o balón, xa co Nantón cun home menos por lesión, e Hombre e Aday tocaban con solvencia, e nunha xogada combinada, Ibra cedeu a Raúl para sentenciar a falta de 10 minutos.
Así e todo, o mellor estaba por chegar, cando un balón centrado desde a banda e a unha altura considerable foi rematada desde o borde do área grande por Ibra cunha espectacular chilena que se coaría por lo ángulo oposto onde se encontraba o porteiro rival que nada poido facer ante o obús.

Soneira - Cerqueda (0-2)

  • Soneira: Martín, Adrián, Ángel Senra, Álvaro Quintáns, Javi Lavandeira, Pichi, De la Sierra, Lemus, Riki, Basti, Brais Pereira. Tamén: Sebas, Alberto Mouzo, Iago, Adrián Pereira e David.
  • Cerqueda: Mario, Marcos Pensad, Dani Reixía, Adrián Verdes, Samuel, Gus, Eloy Suárez, Suso, Íker, Andrés e Pedro. Tamén: Alex Pazos, Cristian Velo, Dani Varela, Julián e Becerra.
  • Goles: 0-1, m.30: Suso tras un córner botado por Eloy; 0-2, m.44: Eloy róuballe a carteira ao porteiro e marca a pracer.

Partido moi trabado con dúas partes diferenciadas que se decantou para o cadro cerquedán. Comezaba o Soneira moi ben cunha oportunidade que deixaba a Basti pero que o colexiado anulaba por fóra de xogo. O cadro de Emilio Uzal íase situando e aproveitaba un córner para meterse por diante á media hora nunha xogada mal defendida polo cadro soneirán. Antes do descanso, o porteiro local embarúllase co balón, Eloy rouba e marca a pracer. Novo erro que paga caro o equipo de Josiño Abelenda.

Na segunda, o Soneira saía máis decidido, primeiro cun xogo máis combinativo e logo máis directo, intentando a volta ao partido. Pero o pau, o bo facer do porteiro e defensa rival evitaron a remontada.

Lira - Sofán B (0-3)

  • Lira: Raúl, Isaac, César, Roberto Amoedo, Rui, Gael, Juan Formoso, Miguel, Rubén, Isma Senande, Ángel Golpes. Tamén: César, David, Arón e Saúl e Oli.
  • Sofán B: Pablo Pose, Raúl, Eloy Cabeza, Iván Fdez., Manu Cancela, Ceide, Lucas, Roi Canedo, Alex Iglesias, Villajos e Adrián Vázquez. Tamén: Marcial, Dani Calvete, Mateo, Brais Calvo e David.
  • Goles: 0-1, m.40: Villajos; 0-2, m.50: Alex Iglesias; 0-3, m.73: Adrián.

Partido máis igualado do que di o resultado, que comezaba cun Lira moi ben prantado, chegando mesmo cun man a man que salvaba o meta carballés. Adiantouse o filial nunha das primeiras ocasións que tivo, nunga xogada a balón parado.

Nada máis comezar a segunda unha boa chegada por banda dereita permitía o segundo tanto. Aí estirouse o Lira, con máis veteranía e poderío físico, pero o filial puideron aguantar as embestidas, e lanzar algunha contra para sentenciar.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios