Domingo. 16.02.2020
El tiempo

Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias

Carlos Dido, da SD Camelle e Adrián Parga do Sporting Seaia
Carlos Dido, da SD Camelle e Adrián Parga do Sporting Seaia
Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias

Esta xornada, desputase un partido que pode ser crucial na 3ª Galicia, para decidir os postos de promoción. Camelle - Seaia, dúas parroquias que pelexarán para volver a Liga da Costa, onde xa teñen experiencia.

Falamos con dous deses xogadores míticos que levan unha vida nos seus clubs da casa, pero que poucas veces tiveron protagonismo nos medios, Carlos Dido e Adrián Parga.

Carlos Dido, SD Camelle

  • QPC: Este ano costouvos saír a competir?

Pois foi un verán moi longo, porque parecía tristemente se ía acabar algo tan bonito como o fútbol en Camelle. Non tiñamos directiva e faltaba savia nova no equipo porque, aínda que parezca mentira, a base do equipo faise maior. E conseguimos reunir varios xogadores de Quintáns e alrrededores e así empezou todo.

  • QPC: Estades contentos co que vai de tempada?

Pois moi contentos, porque somos unha familia, os novos encaixaron perfectamente tanto no deportivo como no persoal que é o máis importante.

  • QPC: No Rodeiro sodes fortes, pero curiosamente as dúas derrotas foron contra os veciños. A que se debiu?

Si, é certo. Ademais das dúas derrotas, temos dous empates cos que non contabamos. O partido contra o Camariñas só se pode describir dunha maneira, derbi total, goles, tensión, penalti fallado, barro loita, tiros ao pau, e no momento que o Camariñas era o todopoderoso.
O día do Porteño foi distinto, por as baixas de eles e que viñan de ultimos, confiámonos e gañaron xustamente.

  • QPC: E falando do Rodeiro, como está despois do destrozo do temporal?

Por sorte o temporal só afectou a grada e logo un muro exterior. Despois dun final de ano moi pasado por auga, podese dicir que o Rodeiro está a tope para disfrutar dun bo partido.

  • QPC: Partido importante esta xornada contra o Seaia para entrar en playoffs, como chegades o encontro?

Partido estrella, como diría meu gran amigo marcha verde. Este partido significa ser ou non ser. E chegamos cun par de baixas importantes que non esperábamos.

  • QPC: Tócavos un calendario difícil, na búsqueda da promoción. Xogaredes contra Camariñas e Outes que buscan gañar a liga?

O calendario a verdade si que asusta, aínda que visto o pasado nas últimas xornadas todo o mundo pode fallar, un mal día, sancións, lesións.
Creo que todos chegamos un pouco xustos a este mes tan importante.

  • QPC: Quedar fora da promoción sería un fracaso?

Fracaso é unha palabra moi triste, eu diría decepción, pero decepción non por gañar ou perder, se non por esas persoas que fan que todo este regalo sea posible.
Con moito esforzo e sacrificio, Luís e Luís Jr dos Aluminios, Gon, Pitingo, Molinero, Sitihno, José Marina, Pupus, Ordóñez e sobre todo por esa xente…
Eses afeccionados que aínda que cada vez son menos, suben ao Rodeiro cada sábado…
E se desprazan cada domingo ata o infinito e máis aló para animarnos e agradecernos o noso esforzo.

 

Adrian Parga, Sporting Seaia

  • QPC: Tivéchedes un comezo de liga bastante irregular?

O comezo de liga non foi o que todos esperabamos, pero creo que apenas poder contar coa xente do equipo na pretemporada afectounos moito e costounos atoparnos ben dentro do campo, por iso creo que tardaron tanto os primeiros puntos.

  • QPC: Que obxetivos tiñades marcados a inicio de liga?

O obxectivo a principio de temporada sempre é o mesmo, competir todos os partidos, e intentar entrar na fase, logo a partir de aí, o que teña que ser.

  • QPC: Na creación do Seaia, reclutárades a unha gran xeración de xuvenís do Malpica. Agora tedes equipo propio. Iso é pensar no futuro?

Está claro que a creación de xuvenís é un paso moi importante para un club tan pequeno como é este. De feito moitos deses rapaces estiveron vindo con nos todo o ano e aportando moito en todos os partidos, así que dá a pensar en positivo para o futuro.

  • QPC: O empate na última xoranada, sabendo como foi, afectouvos?

A verdade é que non contabamos con que nos empataran o partido, logo de ir ganando 4-1, pero o fútbol é asi, e só toca pensar en gañar domingo en Camelle.

  • QPC: Como esperades o choque contra o Camelle?

Será un choque igualado, ou polo menos e o que me parece a min, xa foi igualado na ida, e agora costará sacar algo positivo ali, no seu campo, pero é o momento para dalo todo.

  • QPC: Campo de herba natural, cambiades a forma de xogar?

Nós sempre intentamos xogar da mesma maneira, non variar se cambia o campo ou non.

  • QPC: No partido de ida empate a cero, terá moito valor o golaveraxe?

O golaveraxe pode ter moito valor, xa que nos separa só un punto.

  • QPC: Sodes 4 equipos para dúas plazas de promoción, pero sodes os únicos que vos toca descansar. Iso é un inconveniente?

Somos os únicos que non descansamos, pero aínda así, os partidos hai que xogalos, e non creo que ningun equipo os gane todos, así que veremos o final como queda todo.

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

 

comentarios