4 equipos pegan forte na ida dos Oitavos da #CopadaCosta
22:20 17/05/17
O cadro da Copa da Costa sempre en www.copadacosta.com
Mañá traeremos unhas completas crónicas desta ida dos Oitavos da #CopadaCosta, pero xa vos deixamos con este cadro que sempre tendes actualizado en www.copadacosta.com.
Polo de pronto, parece que Malpica, Dumbría, Baíñas e Baio teñen un pé nos Cuartos, e cómpre destacar a vitoria do Camariñas en Verdillo. Ademais, o choque de Ara Solis demostrou ser un dos máis igualados da eliminatoria.