xoves. 13.02.2025
El tiempo

6 xogadoras costeiras na Selección Galega sub12

5 da costa na sub-12 galega copia
As 5 costeiras no adestramento da Selección Galega sub12
6 xogadoras costeiras na Selección Galega sub12

A revolución do FUTFEM na Costa da Morte simbolízase na posición de vangarda que temos no país a día de hoxe na canteira. En apenas 4 anos pasamos de 3 a máis de 25 equipos pertencentes a 20 clubs, o que dá conta do auxe da presenza feminina nos nosos campos.

Se o ano pasado a Selección Comarcal Sub11 quedaba campiona de Galicia, este ano esa situación de prevalencia nótase xa nas convocatorias para os adestramentos da Selección Galega sub-12 zona Norte.

Esta semana, ata 5 xogadoras da Costa da Morte participaron no adestramento:

  • Noa, natural de Muxía que xoga no Bergantiños.
  • Martina das Miúdas.
  • Laura do Zas.
  • Claudia do Corme.
  • E a porteira Jimena Gordillo, das Escolas Deportivas Concello de Carnota.
  • Falta na foto outra costeira: Noa Puga, natural de Coristanco que xoga no Luís Calvo.

Máis novas

Comentarios