Venres. 19.04.2024
El tiempo

5.000 persoas seguen cada domingo o carrusel tecnolóxico de www.futboldacosta.com

Seguindoo carrusel de futboldacosta.com nos campos do Futbol da Costa
5000 persoas seguen o carrusel de futboldacosta.com nos campos do Fútbol da Costa cada domingo
5.000 persoas seguen cada domingo o carrusel tecnolóxico de www.futboldacosta.com

Cada domingo, nada menos que 5.000 persoas están pendentes do carrusel que QPC ten activo nas plataformas www.futboldacosta.com e www.copadacosta.com.

O primeiro e único carrusel tecnoloxico do fútbol modesto galego, fai patente ese mito de que o Fútbol da Costa ten algo especial. Así, podemos ver en cada campo de fútbol ducias de persoas nas bancadas, e nos banquiños, actualizando e actualizando a plataforma a través do seu teléfono móbil para ver como vai o rival directo polo título ou a salvación.

QPC fai o meirande seguemento do fútbol costeiro. Ademais do carrusel, e da actualización de 23 competicións ligueiras e 15 copeiras, fai crónicas das catro categorías sénior nas que compiten os equipos costeiros, do Fútbol Feminino, dos Xuvenís e dos Veteranos. Ademais fai cada semana unha Previa e unha Entrevista.

Atención aparte merecen os proxectos como o do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa, no que este ano fixemos protagonistas a máis de 900 xogadores, xogadoras e árbitros da nosa comarca.

Ou a Gala de Premios, que este ano volverá entregar 25 Balóns de Olería de Buño aos mellores do curso, gracias aos votos de máis de 100 persoas vinculadas co noso deporte.

O Fútbol da Costa, sempre en QPC.

Comentarios