A Copa da Vaca
22:21 05/06/16
Dous derbis de interior deixarán unhas semifinais da Copa da Costa para as que se clasificaron hoxe Soneira e Xallas: ademais, o Zas cheira e moi ben a Primeira Autonómica
Así se presentou o Zas
. Ese podería ser o eslogan da Federación para unhas semifinais eminentemente de interior, e en forma de derbi, despois de que Soneira e Xallas fixeran os deberes e cumprisen os pronósticos iniciais ante Baio e Fisterra. De novo foi axustado o partido para os vimianceses, mentres que na Fontenla o marcador final camufla a dinámica dunha eliminatoria que estivo durante os dous encontros case sempre aberta.
Na xornada inaugural, Zas e Mazaricos fixeran os deberes e cumpriran o intuido na ida. Os sportinguistas, que miraban hacia o decisivo encontro da promoción de ascenso, fixeron os deberes nunha dignísima despedida de curso da Unión Deportiva Cerqueda. En Buño non houbo emoción final, pero si alternativas nun partido entretido e que serviu ademais como axeitado adeus para o técnico Emilio Uzal. Resultou ser o mellor curso na traxectoria da entidade. Pola súa banda, o Mazaricos non deixou opción a un Corcubión derreado e sen fondo nin físico nin humano, que pechou o ano do retorno.
Eran cousa do domingo os choques 'de maiores' e máis abertos. O cuarto derbi do curso entre Baio e Soneira foi máis sinxelo esta vez para os vimianceses, que admnistraron á perfección a renta da ida e ademais lograron adiantarse moi cedo no marcador. O balance final é de 3-1 para os de Manolito, non sen sufrir.
E na Fontenla rachou contra o final a equilibrada eliminatoria entre Xallas e Fisterra, na que unha vez os combeses se puxeron por diante mataron ao seu rival ao contragolpe. É o punto final á viaxe do barco fisterrán, un cruceiro que poucos esquecerán polo calado social da aventura.
Houbo ambiente de partido grande na Fontenla - Foto: María
O sorriso grande do día é para o Sporting Zas, que está xa case a menos dun triunfo de Primeira Autonómica. Deu un golpe de autoridade en Belvís, onde non saiu tan achicado como na cita anterior co Bastavales.
Na base, Xallas xuvenil e Dumbría infantil empataron na ida e terán que pelexar o que serían as semis para acadar o ascenso ás Ligas Autonómicas.
Ademais, as Copas cadete e infantís van chegando á final. Nos cadetes, Fisterra e Esteirana meteron un pé na final, pero en infantís a cousa aínda está moi igualada para a volta das semis.
Atentos estaremos esta semana aos Cuartos da Copa dos Veteranos, que está tremenda.
CopadaCosta, Ida dos Cuartos
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 3
Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil
Copa da Costa Cadete, Ida das Semifinais
CopadaCosta Infantil, Ida das Semifinais
CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Cuartos
A Gala do Fútbol da Costa
O Congreso de Adestradores
Novas relacionadas
- Crónica do ascenso á Preferente do Sofán: 1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente.
- Crónica da Permanencia do Xallas: Preferente: Querido Santa Claus….
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected])