Luns. 07.10.2024
El tiempo

A crónica dominical: Derbi matinal, un líder e un intenso carrusel

Menudo domingo de carrusel en www.futboldacosta.com que nos deixa moitas cousas que analizar.

Ponteceso-Corme no Platas-Foto-SD
Imaxe do derbi matinal entre Ponteceso-Corme no Platas Reinoso-Foto-SD
A crónica dominical: Derbi matinal, un líder e un intenso carrusel

Un carrusel que xa comezaba pola mañá cun derbi pontecesán por todo o alto como nos contaban Pablo Mallón e Lelo na previa. Un derbi no que o Corme se colocaba 1-3, pero que o Ponteceso, cun home menos, lle daba a volta e conseguía empatar mantendo ao cadro cormelán por debaixo da clasificación na Liga da Costa.
Unha Liga da Costa que segue comandada polo San Lorenzo, que goleaba ao Cee no San Paio de Refoxos. Ademais, Esteirana e Muros métense de cheo no vagón de cabeza, onde sorprende ver xa ao Coristanco de Juni, protagonista da sorpresa da xornada, ao vencer en Arliña a un Muxía que a semana pasada rompía a imbatibilidade do líder.

Volvendo á Preferente, o Sofán remontaba e vencía un partido importante na casa, mentres que o Fisterra sumaba un punto de ouro en Noia, ante un equipo feito para ascender. O Xallas segue con graves problemas e volvía caer na casa.

En 1ª, foi regular a xornada para os nosos. O Soneira álzase como novo líder tras vencer pola mínima a todo un Negreira. Pola mínima venceu tamén o Dumbría, cada vez mellor colocado. Un empate sumou o Mazaricos en Escravitude para saír dos postos de descenso, e unha derrota colleitou o Baio en Piloño e o Volantes ante o Praíña.

Xa na 3ª, o Camariñas segue embalado e desfíxose doutro dos que estaba arriba, todo un Outes. Abre fenda e agora o segundo é o Camelle tras golear a un Ameixenda con moitísimos problemas de efectivos, pero a 4 puntos xa. Porteño e Montelouro empataron, e o Laxe vendeu pola mínima ao pechacancelas Seaia.

No fútbol feminino, gran xornada para as nosas, con triple vitoria de Bergantiños, As Miúdas e Cee.

Base

Non houbo fútbol de Veteranos, pero si unha completa xornada de base, marcada polo comezo das Ligas de Alevíns e Benxamíns.

 

TODAS AS TÁBOAS DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios