Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A tiro de Pedreiras

A tiro de Pedreiras
Un triunfo no vindeiro encontro como local convertirá ao San Lorenzo en novo equipo de Primeira; na Copa o Baíñas compretou a machada de eliminar ao campión da Liga da Costa Os xogadores do Dumbría celebran o pase a semifinais Unha fase tan curta como a liguiña de ascenso a Primeira deixa pouca marxe de erro, e en dous encontros ata o de agora intensos e con emocións en tódolos sentidos ten cimentado medio éxito o San Lorenzo de Verdillo. Os carballeses superaron na casa ao Belvís santiagués, e de repetir éxito a vindeira semana ante o Praíña de Teo, tamén nas Pedreiras, serán novo conxunto de Primeira. Quedou patente a superioridade cualitativa da Segunda costeira, tanto no encontro inaugural como esta vez, na que iso si tocou remontada no segundo acto. Tampouco deixou indiferente a ninguén unha Copa da Costa na que se confirmou a sorpresa do Baíñas, quen nun maratoniano encontro foi quen de deixar fóra ao campión da Liga da Costa, o Baio. Os vimianceses, que se medirán ao Fisterra en semifinais, evidenciaron que en torneos curtos teñen calidade para competir con quen sexa. Tamén os baieses deixaron claro que a tempada era xa o suficientemente longa para un conxunto con non demasiado fondo de armario. Tentouno o Camariñas no Hermanas Patiño ante un Fisterra que levaba un 3-1 de vantaxe de Ara Solis. Os azuis viron incluso como lle eran anulados un par de tantos, e a pesares dos problemas de recursos humanos competiron en todo momento. Algo menos de guerra deulle o Cerqueda a un Ponteceso que goleou e que vai a máis no torneo (1-5). E polos pelos o gran favorito mantívose con vida ante un Malpica que pode que reaccionase demasiado tarde no Cunco. Iso, unido a unha arbitraxe déspota e autoritaria en exceso como na acción da expulsión de Brais, deron nun resultado final que mantén os pronósticos de pentacampionato para os dumbrieses.

Copa da Costa, Volta de cuartos

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 3

Fase de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

Copa da Costa Infantil

Copa da Costa de Veteranos

 

Máisinformación

     

Comentarios