Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xornada: sorpresa en Baio, e o Corme xuvenil a un partido do ascenso

A Xornada: sorpresa en Baio, e o Corme xuvenil a un partido do ascenso
Tarde copeira a do sábado, con sorpresas, emoción e algunha que outra goleada. Os equipos de Preferente e 1ª Galicia tiveron que adiantar os seus partidos por mor da xornada que teñen que disputar mañán, para algún deles decisiva. O resultado máis chamativo da tarde de hoxe foi a eliminación do Baio a mans do Malpica, que remontou o 0-3 da ida vencendo no Platas Reinoso por 0-4. En dez minutos, os que van do 64 ó 75 os malpicáns remontaron a eliminatoria ante a incredulidade do público asistente. No resto das eliminatoria impúxose a lóxica e os equipos de superior categoría leváronse o gato á auga. Aínda así, varios sufriron. Sufriu o Xallas en Cee, onde os locais apretaron ó equipo de Néstor, chegaron a poñerse 2-1 a falta de 5 minutos, pero nos intres finais o Xallas levouse o partido e a eliminatoria. O Corcubión apretóu ó San Lorenzo a primeira media hora pero despois o equipo de Verdillo foi superior. En Carballo a Sd Sofán superou ó Baíñas cunha boa primeira media hora, e no segundo tempo as expulsións de Pablo Muíño e Tantán fixeron o resto. E nos partidos polo ascenso só o Corme xuvenil foi quen de pasar fase, e queda a un só partido de ascender a Liga Galega. Nun encontro que empezou cunha boa media hora dos de Lelo, que anotaron dous tantos, pero que despois viron como o Once Caballeros recurtaba diferencias, e incluso se lle anulaba un tanto ós coruñeses. O gol de Samu Costa dou tranquilidade, pero un novo tanto do rival fixo que houbese que sufrir nos últimos intres. Tanto o Outes cadete como o Cee infantil caeron ante o Orillamar e terán que intentalo polo outro camiño, o longo, onde xa entran os demais equipos clasificados e que esixe pasar varias eliminatorias para ascender. O Outes adiantouse no marcador pero no segundo tempo non foi quen de aguantar a vantaxe e caeu por 3-1. O Cee caeu por 2-1 nun partido igualado pero no que as individualidades visitantes decidiron o resultado. O Corme ten a boa nova tamén de que posiblemente ese encontro polo ascenso se dispute en terras costeiras, co cal a súa numerosa afección estará cerca para apoiar ós seus rapaces.

COPA DA COSTA:

S.D. SOFÁN 2 - C.D. BAÍÑAS 0 1-0 19´Quintela   2-0 31´Juan de Dora de pti S.D. FISTERRA 5 - C.F. PORTEÑO 0 1-0 3´Bruno   2-0 35´Gabri   3-0 38´Ezequiel   4-0 54´Breixo   5-0 85´Bruno SONEIRA S.D. 9 - S.D. AMEIXENDA 2 1-0 4´Castreje en pp   2-0 19´Basti   3-0 20´Chapela   4-0 24´Darío   5-0 44´Pichi   5-1 52´Adan   5-2 60´Piquero   6-2 64´Aarón   7-2 66´Cristian   8-2 73´Cristian   9-2 74´Chapela U.D. CORCUBIÓN 3 - S.D. SAN LORENZO 4 1-0 5´Samu   1-1 38´Brais Cancela   1-2 51´Brais Cancela   1-3 53´Alex Taibo   1-4 75´Diego Varela   2-4 77´Tito   3-4 79´Asier C.D. BAIO 0 - S.C.D. MALPICA 4 0-1 64´Dani Casal de pti  0-2 67´Dani Casal   0-3 70´Santi   0-4 75´Eiroa U.C.CEE 2 - XALLAS F.C. 3 1-0 5´Leo de pti   1-1 7´Alex Blanco   2-1 84´Bermúdez   2-2 85´Camilo   2-3 89´Julián López

FASES DE ASCENSO FÚTBOL BASE:

ONCE CABALLEROS C.F. 2 - CORME C.F. 3 0-1 14´Manu Bermúdez   0-2 20´Manu Tasende   1-2 40´Mario   1-3 50´Samu Costa   2-3 54´Sergio ORILLAMAR S.D. 3 - OUTES C.F. 1 0-1 10´Ryam   1-1 51´Isaac   2-1 54´Christian   3-1 70´Yordi U.C. CEE 1 - ORILLAMAR S.D. 2 0-1 45´Xavi   0-2 48´Alvaro Gandoy   1-2 60´Alfredo de pti

Comentarios