Venres. 19.04.2024
El tiempo

Abellariza abre as portas do seu campus no Pinguel

CAMPUS futbol abellariza 2023
Abellariza abre as portas do seu campus no Pinguel

Do 3 ao 7 de xullo, a familia de Agrupación Deportiva Abellariza prepara un campus de fútbol no Pinguel, en Ponteceso, para rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos.

As inscricións xa están abertas desde o 29 de maio ata o 20 de xuño. 

Ao longo da semana, ademais dos adestramentos, organizarán divertidos xogos e competicións adaptadas á cada idade. Tamén haberá unha liguilla diaria na que poderás mostrar as túas habilidades e gozar de partidos emocionantes.

Como en anos anteriores, temos descontos para os irmáns que veñan xuntos e tamén para os integrantes do Ponteceso S.D. e do Corme C.F.

Comentarios