Luns. 18.11.2019
El tiempo

En marcha o novo Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa

Ésta tempada, o álbum de Cromos do Fútbol da Costa será do fútbol base
Ésta tempada, o álbum de Cromos do Fútbol da Costa será do fútbol base
En marcha o novo Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa

Cromos do Futbol da Costa de base F8Despois de ter convertido en estrellas aos xogadores das categorías sénior do Fútbol da Costa, era hora de facelo coa nosa canteira. O terceiro álbum da historia do Fútbol costeiro está en marcha, e desta volta os protagonistas serán os [email protected] das categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.

Serán máis de 900 cativos entre 5 e 12 anos (de 83 equipos que teñen 22 clubs da comarca nestas categorías), os que poidan disfrutar de coleccionar o seu cromo e o de todos compañeiros da comarca, facendo así un exercicio de vertebración comarcal a través dos sanos valores do deporte.

Da man da empresa viguesa Sportcrom, en breve comezamos a realización das fotos para a confección do álbum, esperando telo na rúa antes de que remate este 2019.

De novo boa parte dos clubs serán intermediarios para levar os cromos aos campos, para que a rapazada, e tamén as súas familias, poidan coleccionar as estrellas da Costa. Ademais, haberá varios puntos de venta abertos en diferentes vilas da comarca.

 

Todas as novidades do Álbum da Costa

Comentarios