Venres. 19.04.2024
El tiempo

#ÁlbumdaCosta: “Douche 3 sobres polo meu fillo”

A Papeleria Vidu un bo punto de venta do Album do Futbol da Costa
Lorena Collazo e Martín Varela, da Papelería Vidú, un dos puntos de venta do Álbum do Futbol da Costa, con María, unha das nais máis involucradas
#ÁlbumdaCosta: “Douche 3 sobres polo meu fillo”

Xa están en marcha o novo Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa 2019/2020. Xa andan os fotógrafos percorrendo os campos da volta, para sacar as fotos dos 900 protagonistas das categorías Infantil, Alevín, Benxamín, Prebenxamín e Biberón.

Hoxe queremos falar un dos puntos de venta máis eficaces na venta dos cromos da edicións pasadas. A Lorena Collazo, da Papelería Vidú de Corme, vaille ademais na casa, pois as súas criaturas terán o seu cromo esta campaña. “Chocheamos, a verdade. E as abuelas xa non che digo nada…” comenta entre risas.

Lembra que o ano pasado o álbum foi un regalo de reis tremendamente cotizado na vila cormelá. “O ano pasado envolvín cantidade de álbumes que as nais ou avoas quixeron regalar aos seus cativos por Papa Noel ou Reis”, explica, esperando que este ano os cromos cheguen antes desas datas, como todos esperamos.

  • QPC: Por que a Papelería vende tantos e tantos cromos?

A Papelería Vidú ten algo ao favor, que é o Corme, e toda a familia do Corme, para sempre está unida para todo, e tamén para os cromos. Ademais, o ano pasado subíamos os sobres á Cantina do Cairo os días do partido, e tamén aí as nais e os rapaces compraron un montón de cromos. Pero é que comproban cromos na cantina mesmo nenos, e tamén xogadores e as nais e avoas que traían os seus propios albumes, dos equipos visitantes, e había sesións de intercambio de cromos espectaculares.

  • QPC: Que historias singulares lembras destes anos pasados?

En Corme, temos Javis Peón por un tubo. Non sei que pasou aí pero chegaron un montón de cromos deste xogador. Eu teño ata pegados polas patas das mesas, porque o meu pequeno se dedica a decorar a casa cos cromos… Ata me di, “Mamá, hai moitos ncromos deste neno de Corme”, jajajja. Había xente con ata 12 Peóns e ata falabamos de facerlle un cadro con 40 Peóns.

Ademais ver ás nais tan involucradas era moi bonito. “Douche 3 sobres polo meu fillo”, ía pedindo María, a nai de Lucas.

  • QPC: Que che parece a iniciativa de facer o álbum das criaturas?

Non che digo nada cando veñas os dos peques… Si, eu creo que vai saír ben.

Bueno, os nenos o día que veu David Castro, e como Suso da Torriña xa lles dixera ao mediodía que había que subir ao Cairo, estaban como locos. E aquí xa me preguntou non sei canta xente se xa estaban…

 

Todas as novidades do Álbum da Costa

Comentarios