Domingo. 21.04.2024
El tiempo

Ana Rodríguez, unha porteira de Corcubión no Valencia

Ana Rodríguez, unha porteira de Corcubión no Valencia
A nosa historia escríbese na diáspora. Dende tempos que xa non recordamos os nosos familiares, amigos e veciños teñen que desplazarse lonxe do terruño para buscar traballo e unha vida mellor que a que temos aquí. Ahí nace o conto desta rapaza, Ana Rodríguez Coronilla, que tivo que mudarse da súa Corcubión natal a terras valencianas por temas de traballo do seu pai. O curioso do caso é o relato que está a construir Ana en Valencia. Amante do fútbol dende moi pequena, tentou probar na canteira do Valencia, nos seus equipos femeninos de base, e alí está Ana, deixando ben alto o estandarte costeiro. Cando andaba por Corcubión, Ana xogou no Dumbría, que alternaba co Fisober de fútbol sala. "De feito co Fisober segue vinculada, e cando coincide e pode, xoga algún partido", cóntanos Marta, súa nai. " A experiencia tanto no Dumbría como no Fisober foi xenial. En ambos equipos seguimos vinculados emocionalmente e sendo socios. Tanto Ana como seu irmán en vacacións adestran alí, e tamén na escola de porteiros Nordés de Carballo. Para nos Dumbría e Fisober foron os que fixeron posible que os nosos fillos sigan xogando ó fútbol, xa que perderan a ilusión noutros clubes, polo que lles estamos moi agradecidos" Ana cos seus compañeiros do Dumbría Cando se teñen que mudar a Valencia, Ana quere seguir xogando ó fútbol. E todo foi froito da casualidade. Buscando piso viron adestrar a un equipo femenino, que resultou ser o Valencia. Falando co coordinador díxolles que antes de ir a outro equipo que a quería ver el. Debeu gustar no club che, que alí se quedou. Ana co Fisober Agora mesmo xoga no equipo Cadete Infantil Feminino C. Neste enlace podedes ver a plantilla completa desta tempada. http://www.valenciacf.com/escuelas/plantillas/75876/futbol-11.html?categoria=75885 Esta é a segunda tempada de Ana, e vai a seguir unha mais, pero como nos di Marta "iso non asegura nada. A final de tempada están pendente de se contan contigo para o ano seguinte, depende do club, hai moitos descartes todos os anos. Hai que mentalizalas para que sigan adiante pase o que pase, o camiño non é sempre en liña recta, é moi duro" A experiencia da nena está a ser moi enriquecedora, e seguro que non a olvidará facilmente porque ademais estase a formar como persoa dentro dun gran club. "O que máis me gusta é a implicación dos pais e do club. Ti entras nun equipo, practicas un deporte de grupo e teste que implicar. A intensidade dos entrenos é moi alta, hai máis lesións nos entrenos que nos propios partidos" dinos Marta. O equipo do Valencia no que xoga Ana Rodríguez O máis duro de levar é que continuamente estás baixo a lupa, e podes ser descartada en calquera momento. Pero para Ana é unha gran lección de competitividade e superación que aplicará na vida. A implicación e a constancia no traballo son valores que o Valencia ten moito en conta, e así se esta entregando a nena de Corcubión. Todo ten un lado difícil, e ese é a "morriña que temos como bos galegos. Corcubión é a nosa casa e estamos desexando que cheguen as vacacións para poder volver. Aquí estamos ben, pero como na casa en ningún lado" É a nosa historia de sempre, a historia que está Ana a construir coa súa familia en Valencia. Sorte¡

Comentarios