Ángeles Amor: “Se se fan esforzos nun fisio, debería haber partidas nos clubs de fútbol para o psicólogo”
O pasado venres a familia do Corme CF recibía unha sesión especial. A psicóloga herculina Ángeles Amor (do Centro de Psicoloxía Ángeles Amor, podedes contactar con ela no 687 774 730), ofrecía unha minisesión de dúas de achegamento do mundo da psicoloxía no mundo do fútbol.
Amor, mestra na Facultade da UNED de Psicoloxía, ten unha carreira profesional de máis de 20 anos. “Eu traballo en psicoloxía aplicada ao fútbol, con algúns futbolistas en concreto que requiren os meus servizos para a mellora do rendemento”: Dedícase así ao traballo con xogadores de maneira individual, con xogadores e xogadoras dende 2ª División ata as categorías rexionais, e mesmo con xente de base. Se ben recoñece que “a nivel do fútbol modesto non é tan habitual” que a chamen, si que considera que os profesionais do coidado da mente poden aportar moito, tamén nestas categorías.
“Temos moito por dicir”
Penso que @s psicólog@s temos moito por dicir no mundo do fútbol. É certo que é unha figura que no mundo do fútbol crea moita controversia. De feito, onte facíase pública a contratación do Depor dun psicologo nos medios, e a resposta foi moi variada, mesmo con xente que di abertamente que non fai falta e que pode mesmo ser unha falta de respecto ao adestrador. Cando neste caso, precisamente, Idiákez, igual que Rubén Souto ou Adrián Lema” (en relación aos adestradores dos Corme sénior feminino e masculino), “creo que si acepta esa figura”.
"Non vou dicir esencial, pero a presencia dun psicólogo determina moitas cousas, suma”, sinala puntualizando unha cousa interesante: “Se cadra, as veces a barreira a pon o adestrador porque un psicólogo coñece moitas cousas que pasan no vestiario…”
Non lle sorprendeu a reacción que atopou na Confraría de Corme, tendo en conta que tanto a este nivel da segunda peor liga do país, a 2ª Galicia, como a nivel profesional “atopas máis ou menos o mesmo: xente que cre moito nestas cousas, xentes que a usa, porque leu sobre isto; pero tamén xente que todo o contrario, que xa ves antes de empezar que non te vai nin a escoitar”.
Unha sesión
É certo que a barreira económica é bastante alta para que a este nivel para contratar unha psicóloga, pero si que “ás veces me chaman para facer un primeiro achegamento ao mundo, aínda que en 2 horas, pouco podemos facer, somos persoas non máquinas”.
En calquera caso, entende que é difícil que un club destas categorías asuma a contratación dunha psicóloga, pero si defende os “servizos dun psicólogo para casos específicos. Creo que aí si se debería facer esforzos. Se se fan esforzos nun fisio, debería haber partidas para o psicólogo”.
”Fala moi ben da nova directiva do Corme da presenza, polo menos do achegamento da psicoloxía no mundo do fútbol”, sinala a agradecendo a contratación, pero tamén é consciente do curta que é unha sesión de 2 horas, “explico cal é o papel do psicólogo na intervención no futbol, que é o que facemos, como axudamos a mellorar a activación, mellorar as conexións, como traballar temas como a suplencia máis tempo do que máis queres, que facer para saír motivado cando saes no m.80, intervención nas lesións… Achegar a psicoloxía do fútbol aos futbolistas, basicamente”.
Fai diferencia ademais entre traballar a modo individual e a modo club. “Non debe ser o mesmo profesional o que traballe a motivación grupal, do equipo, que a individual. Un xogador pode ter problemas específicos de confltos no vestiario, falta de protagonismo… e nese caso é moi difícil compaxinar o tratamento entre o xogador que xoga sempre e que ao que lle quita o posto. Na medida do posible sería bo separalos. E tamén é certo que non todos os xogadores precisan tratamento psicolóxico”.
FUTFEM
Explica que “cando se traballa no fufem, hai que traballar cousas distintas. Por exemplo, no fútbol feminino a motivación é máis resistente, pero os conflitos de vestiarios son maiores, porque na vida os conflitos entre mulleres adoitan ser máis complicados. Cando traballamos con futfem, sempre soe haber un problema de vestiario”.
FUTBOL BASE
”Teño ata algún un rapaz en didade infantil, que hai xogadores que aos 12 anos xa ten representante… Iso existe…”, sinala algo sorprendida. “Pero é certo que si que hai cousas que se poden tratar no fútbol base, por exemplo, hai nenos que desputan moito nos adestramentos pero nos partidos, pola presión que reciben, non renden tanto”.
Amor si ten unha teima co fútbol base, concretamente co que se vive na cidade da Coruña. O Fútbol base da Coruña é terrible. Estamos volvéndonos tolos, moitos pais están fóra de si. Se queres ver o declive da raza humana vai a un partido de prebenxamíns, e vas ver como eses nenos que no colexio están xuntos e son amigos, nun campo da Coruña non se falan se xogan en equipos diferentes porque ven aos seus pais berrándose entre ees coma tolos…Messi é igual que Moisés, houbo un e xa está. Practicar deporte é disfrutar, sobre todo no fútbol base, e se non é así temos un problema”.