venres. 08.11.2024
El tiempo

Aprendendo e disfrutando do fútbol branquiazul no DeporCampus de Zas

Aprendendo e disfrutando do fútbol branquiazul no DeporCampus de Zas
107 nenos no DeporCampus en Zas 107 nenos no DeporCampus en Zas Chegou e rematou. Unha semana que se fixo moi curta para os case 110 rapaces de toda a bisbarra que quixeron estrear a chegada do DeporCampus á Costa da Morte. Foi o Concello de Zas o que acolleu esta fermosa iniciativa branquiazul, que ten visos de ter contuidade dada a gran acollida. ”Os rapaces quedaron encantados, e mesmo nos piden máis días e máis horas”, coméntanos Álex Canosa, camariñán responsable dende o Deportivo deste Campus, acompañado na organización por Manolo Corredoira. “A idea do club é seguir, e espérase volver para o ano que vén e subir o número de asistentes. Chega a 170 sería ideal para organizar ben os grupos e non saturar demasiado. Só nos faltan uns 50 máis, creo que se pode chegar”, aspira un Canosa que recoñece que “esta zona quedou sempre algo esquecida e queremos facer un pouco de deportivismo”. Algo que xa o nota a nosa canteira despois de ver que o Depor volve fixarse nas nosas perlas. Houbo rapaces de Zas, por suposto, pero tamén de Muros, Santa Comba (por onde viña unha das liñas de bus), Fisterra, Cee, Vimianzo, Baio (a outra liña de bus), pero tamén de Camariñas, a Ponte do Porto, a Serra de Outes, ou de Cabana. O campus contou no aspecto técnico cos monitores costeiros Manu Fuentes (Zas) e Nando (Cee), así como con David Lagar, David Páez e Gabriel Pita como membros da familia branquiazul. Monitores do DeporCampus co alcalde de Zas no medio Durante a semana fixeron de 10:00 a 12:00 un traballo por estacións, de 10-15 minutos con traballo técnico intenso por postas, nas que se tocan 7 traballos específicos: rondos varios, xogos posicionais e de relación con balón, un contra un e dous contra un. Despois da merenda, de 12:30h a 13:30h toca levar a práctica o parendido cos minipartidos. Esperemos que o ano que vén Zas volva ser sé dun destes DeporCampus, como son Ordes, Santiago, Viveiro, Rianxo, Monforte, Caranza, Abegondo e Ginebra. DeporCampus en Zas Imaxe do DeporCampus en San Andrés

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios