Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Baio acolle este sábado unha nova xornada para seguir fomentando a ampliación do colectivo arbitral

Baio acolle este sábado unha nova xornada para seguir fomentando a ampliación do colectivo arbitral
Xornada formativa de arbitros Imaxe dunha Xornada formativa de árbitros O aumento do número de árbitros na Costa da Morte nos últimos anos está sendo meteórico. En apenas un lustro pasamos dos 7-8 que tiña o Fútbol da Costa, aos case 30 que formaron para o Álbum de Cromos da Costa desta temporada. A creación da Subdelegación da RFGF de Baio e da Subdelegación do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol na Costa da Morte están sendo fundamentais para este auxe. E claves son tamén estas xornadas do “Programa de Desenvolvemento e Formación de Árbitros Xoves de Galicia”. A segunda festas citas chega este sábado a Baio. A xornada arrincará ás 09:50 da mañá no campo de fútbol “Platas Reinoso”, en Baio, onde os colexiados realizarán as mesmas probas físicas que se levan a cabo en 3ª División e Preferente Galicia; mentres que ás 11:30 horas realizarán un adestramento dirixido polo árbitro de 2ª División “A” Javier Iglesias Villanueva. Un día de formación para os árbitros seleccionados que traerá á Costa da Morte a unha selección dos árbitros menores de 21 anos con maior proxección de Galicia. Pola tarde, na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Baio, o presidente do CTGAF Bernardino González Vázquez dará a benvida aos presentes, para comezar acto seguido as charlas técnicas que impartirán o director técnico do CTGAS, Julio Amoedo Chas, e o colexiado de Segunda División “B” Óscar Martínez Santos. A xornada concluirá ás 18:30 horas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mais-dun-cento-de-partidos-de-costa-a-costa/ https://quepasanacosta.gal/os-arbitros-da-costa-demostran-a-sua-union-vencendo-ao-silbato/ https://quepasanacosta.gal/xogadoras-e-arbitros-protagonistas-da-gala-de-estrea-do-album-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/lendoiro-os-de-panini-deberian-copiar-o-album-da-costa-e-lembrarse-dos-indispensables-arbitros/

Comentarios