O Bergantiños completa unha tempada de ensoño cos ascensos das chicas á 1ª División Galega e os dos dous equipos xuvenís

Tremenda da temporada que completou esta fin de semana a familia do Bergantiños. Xa o pasado venres o club calificaba a tempada de histórica, trala consecución do primeiro equipo do ascenso á 2ª RFEF, e o colocarse nas finais polo ascenso do cadro feminino e dos dous equipos xuvenís. Pero a finde soñada cumpliuse, sen un pero no guión, aderezado polo ascenso ascendo do Sofán (filial do Bergan) á 3º División.
Doble ascenso xuvenil
Ascenso do Xuvenil A á Liga Nacional
O sábado eran os cadros xuvenís os que completaban o ascenso. Os de Óscar Mingui conseguían o ascenso á Liga Nacional, vencendo ao Galicia Caranza por 2-1, nun partido disputado en Narón. Os carballeses metíanse por diante cun tanto de Noe, pero o cadro carballés empataban ao comezo da segunda metade. incrible o gol de Iván Pardo a 3 do final para darlle o título e o ascenso ao Bergan.
Tamén ascendía o Xuvenil B á Liga Galega. Os de Borja Facal tiveron que acodir aos penaltis en Miño ante o AT. Os Castros, tralo 1-1 (gol de Bryan) acadado na prórroga, e o empate conseguido polo cadro coruñés no m.119. Os penaltis de Alberto, Luís, Tomás, Bryan e Pablo deron a vitoria aos carballeses.
Parabéns a toda a familia do @BerganFC por ese ascenso do cadro xuvenil, dirixido por Oscar Mingui, á Liga Nacional!!
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) June 27, 2021
Esta tarde as bravas o Futfem seguen facendo historia! pic.twitter.com/XS4xBcSRj3
As chicas
Xa o domingo foron as mozas do primeiro equipo as que protagonizaron outro fito histórico. Enfrontábanse na finalísima ao Bueu en Caldas, e o partido non podía comezar mellor para as de Gueli e René co tanto, no primeiro minuto de Laura Caamaño. Así trasncorreron 86 minutos, ata que a 3 para o final, empataba as pontevedresas. Houbo que chegar á quenda de penaltis, tamén, que volveron darlle sorte ás vermellas. Os tantos de Bárbara, Yaiza, Gabrilesa e Cruz trouxeron a copa e o ascenso para a capital bergantiñán.
Menuda finde Fútboleira en Carballo!!
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) June 27, 2021
Onte ascendía o @BerganFC á Liga Nacional Xuvenil, e esta tarde facíano as chicas sénior do cadro vermello á 1a División Galega (no vídeo) , e tamén o @sofansd á 3° División!!!! pic.twitter.com/x6swRtOMSI
Novas do curso do Bergan
- O que xa é un histórico ano para a familia do Bergantiños CF.
- Entrevista a Chano Calvo: “Ser presidente dun club é unha medicina para levar unha empresa”.
- As Escolas Luís Calvo, 20 anos formando canteira.
- FutFem: O Bergan métese na final polo Ascenso; o Cee caeu.
- Ligas Galegas: Os Xuvenís do Bergan, firmes cara o ascenso á Liga Nacional.