Carnota, Malpica e Muxía prepáranse para os primeiros torneos do verán

07:50 06/06/18
Co gran Campionato de Barrios de Esteiro xa en marcha, chegan novas propostas para estas vindeiras semanas.
F8 en Carnota


O IV Torneo de Fútbol 8 de Carnota vaise celebrar no campo de fútbol de Lombáns este sábado 9 de xuño de 2018, no que participarán dende a categoría biberón ata a categoría infantil. Estarán equipos como o Bertamiráns, o Camariñas, a Esteirana, o Boqueixón, As Baleas, o Laxe, o Rois, o Fátima, o Coristanco, o Xallas, e as propias escolas locais.
Maratón en Muxía
Desta volta son os maiores os que se están xa apuntando ao Maratón de FS de Muxía que se vai celebrar os días 9 e 10 de xuño, con máis de 1000 “puntos” en xogo. Poden apuntar ao seu equipoi no 606 816 086.
II Malpica Vidú Cup
O próximo sábado 16 de xuño, os campos de fútbol do Concello de Malpica de Bergantiños farán que este se convirta na capital galego-portuguesa do fútbol Sub-15 coa celebración da segunda edición da Malpica Vidú Cup. O propio consistorio malpicán e a Asociación Deportiva Vidú poñen en marcha a II Malpica Vidú Cup, un torneo de categoría Sub-15, que empeza a consolidarse no panorama futbolístico de verán e no que volverán a participar varios dos equipos máis importantes de Galicia como son o Real Club Deportivo de A Coruña, o Club Deportivo Lugo, o Pontevedra Club de Fútbol ou o Bergantiños CF, ademáis de dúas seleccións comarcais como son a Selección Coruñesa e a Selección da Costa da Morte, esta última exercerá de equipo anfitrión, e dous clubes portugueses de renome como o Vitória Sport Clube de Guimarães e o Grupo Desportivo Chaves.